Sin Categoria
Convenio entre la Diputación y el Concello de Pontecesures para obras.
El alcalde Vidal Seage en primer plano en la firma de los convenios de varios concellos.
En Pontecesures también se beneficiarán de este proyecto Deporemse. De hecho se ejecutará la mejora de la movilidad y la seguridad viaria en las calles del Castro y de Infesta. El presupuesto global es de 268.317 euros de los cuales el gobierno provincial acercará 241.485.
Diario de Arousa
Sin Categoria
Rifirrafe entre o alcalde de Pontecesures e os socialistas polas obras financiadas pola Deputación.
Hoxe tivemos pleno extraordinario e urxente para aprobar o expediente de contratación dunhas obras que van a supoñer un cambio importante na zona portuaria e arredores da praza de abastos.
Un proxecto que se denomina»Recuperación do espazo público de Pontecesures cara á Ría» con un orzamento de 450.000 ? e no que leva traballando desde o mes de maio o equipo de goberno, os técnicos do Concello,un gabinete xurídico especializado en contratos do sector público e un estudio de arquitectura que elaborou o proxecto dedicándolle moito tempo para conseguir sacalo adiante a tempo.
Sen entrar en cuestións de arquitectura, unha das melloras que máis se vai agradecer é a construción de dous parques infantís na zona do muelle que tanto demandan as nais e os pais do pobo, un deles para nenos ata 4 anos e outro para nenos entre 4 e 14 anos.
Levarán un total de 10 xogos adaptados ás diversas idades, desde balancíns individuais ata conxuntos de torres e tobogáns.
Pois este inxente traballo por parte de un montón de xente para buscar e acadar financiamento para este tipo de proxectos, deseñar, elaborar os pregos de condicións, tramitar toda esta documentación por persoal administrativo do concello etc, foi tildada no Pleno de esta mañá polo portavoz do Psoe, o Sr. Araujo como «incompetencia a todos os niveis dos que interviñeron neste proxecto».
Confeso certa incomodidade polo adxectivo… facía tempo que non me tildaban de incompetente, tendo como teño moito fallos, considero que todos os que dun xeito ou doutro aportamos horas para conseguir este e outros proxectos que iran xurdindo este ano non nos merecemos tales cualificativos.
Estou seguro que @s veciñ@s de Pontecesures non lle terán en conta este exabrupto do Sr Concelleiro Araujo, supoño que se deberá mais á unha falta de información que a outra cousa…aínda que tivo desde o venres pasado para consultar o proxecto e agora que o recordo nin el nin ningún membro da oposición se acercou a velo para ter un criterio formado á hora de votar nun Pleno…..
Juan Manuel vidal Seage
Resulta doado tratar de confundir á veciñanza? Sempre estaremos A FAVOR de facer obras que melloren a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas; sempre estaremos A FAVOR de afrontar inversións na nosa vila? o que criticamos é que asuntos tan importantes como éstes (ainda recoñecendo a dificultade da súa tramitación), sexan levados sempre a plenos urxentes e extraordinarios, apurando prazos, limitando o tempo para que os concelleiros e concelleiras da oposición poidan revisar os proxectos, poñendo en perigo acadar as subvencións e engadindo un gasto extra ao Concello pola convocatoria a ditos plenos.
Polo tanto, non falamos do obxecto da obras, senón da lentitude e inoperancia do equipo de goberno. Este proxecto foi presentado á Deputación de Pontevedra o pasado 18 de setembro (fai nove meses!), tempo dabondo para presentar o proxecto á aprobación do pleno? Sempre pode haber quen pense mal, e estes retrasos sexan só unha estratexia para acometer os traballos en vésperas dunha convocatoria electoral, pero en fin, son opinións.
Por certo, este proxecto, ao igual, que o aprobado fai dez días (tamén en pleno extraordinario e urxente, para a mellora da mobilidade e a seguranza viaria nas rúas do Castro e Infesta), son financiadas pola Deputación de Pontevedra? sí, ese organismo que o agora alcalde Pontecesures (xunto con outros correlixionarios), ??okupou? en novembro de 2016 para protestar polo reparto de fondos de dito organismo aos concellos.
Socialistas de Pontecesures
O Sr Araujo semella que non oímos o que se dí dende a outra punta da mesa?. O feito de que ningunha concelleira do BNG se sentase onte no pleno facilita moito as cousas á hora de que non haxa obstáculos físicos entre vostede e eu cando intervimos no Pleno?.
i) Non resulta fácil confundir á viciñanza? eso é o que pensa vostede?. A viciñanza é mais intelixente do que vostede cree..
ii) O proxecto foi presentado fai 9 meses?. Pero concedido en Maio?..¡¡¡
iii) Falou vostede de incompetencia a todos os niveis?. Pregunteille no Pleno dúas veces que aclarase a quén se refería co de incompetente?.e non soubo desenvolverse da tremenda falta de respeto que acababa de cometer..
iv) Xa que vamos de salva patrias e un xa vai sabendo a que xogan vostedes voulle a proponer un reto?
Probe a preguntar a algún dos que se sentaban daquela con vostede cando gobernaban a ver se andou pola, para vostede tan querida Deputación,facendo todo o posible para que este proxecto non fose adxudicado a Pontecesures??
E mo conta no próximo Pleno Extraordinario e Urxente?..
Juan Manuel Vidal Seage
Sin Categoria
Morreu «MARUJA A GAGA»
Aos 97 anos de idade morreu a veciña de Infesta, María Mosquera Barreiro. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flaviz de Padrón. Hoxe 23 de maio, ás 19 horas, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa de Pontecesures. Logo os restos maortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descnase en paz.