Morreu Marcelina «A Cotela».

Aos 93 anos de idade morreu Marcelina Camino Carbia, viuva de Manuel Elías Vázquez Otero, que viveu en Infesta.
Hoxe sábado ás 16:30 horas terá lugar o funeral de corpo presente na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepulturs no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Premios de belenes y escaparates navideños en Pontecesures.

1º premio GEDA ?? PRAZA DOS VALEIROS
2º premio: JOS? MANUEL MOREIRAS EITOR (VECI?OS DE CARREIRAS) ?? PARQUE DE CARREIRAS
3º premio: ASOCIACI?N CULTURAL SANTA LUCÍA DE INFESTA ?? R?A ULLÁN.
Establecementos comerciais
1º premio: VICENTE IGLESIAS LLA?EZA ?? ESTANCO.
2º premio: MARIAN RANZ FROIS ?? ELECTRODOM?STICOS FROIS.
3º premio: RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N ?? Belbellita Regalos Complementos

Críticas sobre as actuacións levadas a cabo en Infesta para a festa de Santa Lucía.

Denunciou por escrito no concello hai días a voceira do BNG de Pontecesures, Cecilia Tarela, una serie actuacións no lugar e dixo no pleno ordinario do luns pasado que a contestación do alcalde fora vergoñenta e que como é posible que un sábado pola noite a escuras uns particulares, instalando focos pola súa conta, realizasen movementos de terras na zona, ocupasen un terreo municipal e trasladasen tres postes de Unión Fenosa sen que o alcalde sobera nada. Siguiu dicindo que non houbo nos traballos nin persoal da compañía eléctrica nin do concello. Criticou estas actuacións irregulares sen permiso algún e preguntouse que ía pasar co terreo municipal ocupado.

Roubo nunha vivenda da rúa Ullán.

A semana pasada na rúa Ullán nº 52 (xa na parte alta de Infesta), sobre o mediodía, unha muller con acento extranxeiro entrou, a través do cuberto, nunha vivenda e levouse xoias e cartos a pesar da presenza de persoas moi maiores no inmoble. Tentou despois a mesma persoa entrar na vivenda colindante pero cando estaba no patio a titular preguntoulle que facía alí, respostando a muller que estaba a pedir para manter tres fillos. Deste xeito marchouse e ao parecer entrou nun vehículo no que alguén a estaba esperando. Foi presentada a denuncia diante da Garda Civil de Valga que instrúe dilixencias.

Hai que ter moitas precaucións para evitar este tipo de accións que parece que están a repetirse noutras zonas do municipio.

Morreu María del Carmen Portas Cascallar.

Aos 80 anos de idade morreu esta veciña de Infesta, viúva de José Carril Santiago. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá 3 de xaneiro, ás 12 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

PREMIOS DO I CONCURSO DE DECORACI?N NADAL EN PONTECESURES.

O pasado venres día 15 de decembro o xurado do ??I Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES? visitou os distintos establecementos e asociacións participantes nesta primeira edición.

O xurado estivo composto por tres membros con coñecementos en distintas áreas como deseño gráfico, decoración, escaparatismo, etc. os cales desenvolven a súa actividade nos concellos de Ames, Santiago e Teo.

O xurado estivo composto por:

  • Xan Carlos Portos.- Empresario da industria do deseño gráfico e impresión no municipio de Teo.
  • Beatriz Barbeito.- Responsable de organización de eventos no municipio de Ames.
  • Patricia Maquieira.- Formadora en Visual Merchandiser, escaparatismo e paquetería creativano municipio de Santiago de Compostela.

Os gañadores do ??I Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES? proclamados por este xurado son os seguintes:

Asociacións e particulares

1º premio: GEDA ?? PRAZA DOS VALEIROS

2º premio: JOS? MANUEL MOREIRAS EITOR (VECI?OS DE CARREIRAS) ?? PARQUE DE CARREIRAS

3º premio: ASOCIACI?N CULTURAL SANTA LUCÍA DE INFESTA ?? R?A ULLÁN.

Establecementos comerciais

1º premio: VICENTE IGLESIAS LLA?EZA ?? ESTANCO

2º premio: MARIAN RANZ FROIS ?? ELECTRODOM?STICOS FROIS

3º premio: RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N ?? BELBELLITA

O xurado valorou positivamente a calidade dos traballos presentados e louvou o ambiente de cooperación entre os veciños, propio do tempo de Nadal.

GALERÍA FOTOGRÁFICA