ACTA DO TRIBUNAL
En Pontecesures, a 3 de setembro de 2008, sendo as 10 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de auxiliar administrativo/a, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada un/unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 19 de decembro de 2007 que regula os Programas de Cooperación no 2008 da Consellería de Traballo. Compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoal valorando os coñecementos e experiencia profesional para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo. A continuación establecéronse as probas informáticas cas que os/as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos informáticos que posuen. Ditas probas informáticas foron valoradas polos membros do tribunal coma excluintes, esto é, que para seren superadas tiñan que ter polo menos 2 dos 4 puntos cos que se valoraba este apartado. E así se lle fixo saber ó inicio da proba ás candidatas.
Iniciado o acto chamase ós/ás vintedous aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Ana Mª Agrasar Allo, Mª Dolores Barreiro Gomez, Stella Maris Comparada Mosquera, Leticia Domínguez Otero, Cándido Duro Domínguez, Concepción Enrique Cordo, Belinda García Castro, Mª del Carmen Iglesias González, Mª Teresa Magariños Iglesias, Nayra Martín Cabrera, Mª Isabel Pérez Castaño, Patricia Refojo Márquez, Mª Virtudes Rey Lago, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Susana Rivas Castro, Mª Luz Rodríguez Potel, Silvia Romero Fabeiro, Ramona Vázquez González e Marta Vázquez López.
Non se presentaron: Mª Pilar García Díos, Mª del Carmen Gómez Eiras, e Mª del Carmen Martínez Pardal.
Renunciaron a participar no proceso de selección: Ana Mª Agrasar Allo, Belinda García Castro, Mª del Carmen Iglesias González, Nayra Martín Cabrera, Mª Virtudes Rey Lago e Ramona Vázquez González.
Primeiramente os/as trece candidatos/as cubren a ficha de datos persoais.
Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 45 preguntas relacionadas con cuestións informáticas; e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, que consistía na elaboración dun escrito dirixido ó concello.
Valorado este apartado entre as aspirantes, superaron esta proba cunha nota maior a 2 puntos: Leticia Domínguez Otero, Cándido Duro Domínguez, Concepción Enrique Cordo, Patricia Refojo Márquez, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Susana Rivas Castro, Mª Luz Rodríguez Potel, Silvia Romero Fabeiro, e Marta Vázquez López, polo que as outras 4 candidatas quedaron descartadas. As 9 candidatas quedan citadas para o xoves día 4 para a entrevista e valoración de méritos.
Retomada a a selección ó día de hoxe, preséntanse á entrevista e valoración de méritos os 9 candidatos, que acadan cada un deles a seguinte puntuación total aplicado o baremo e realizada a entrevista, máis a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático:
Silvia Romero Fabeiro………… 7.23
Cándido Duro Domínguez……. 7.07
Concepción Enrique Cordo….. 6.44
Marta Vázquez López…………. 6.31
Patricia Refojo Márquez.. ……. 6.18
Susana Rivas Castro……………. 6.01
Rosa Mª Rey Castiñeiras……… 5.64
Leticia Domínguez Otero…….. 5.13
Mª Luz Rodríguez Potel………. 4.04
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección para seres contratada: Dna. Silvia Romero Fabeiro.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal, en Pontecesures a catro de setembro de dousmil oito.