«Manteño a forma de atender aos veciños sen previo aviso nin citas».

Leva dende 1991 ao fronte da alcaldía e pensa que ter o despacho aberto de par en par resulta fundamental

José María Bello Maneiro chegou a alcaldía de Valga en 1991 representando aos independentes do seu municipio. Despois deu o salto ao PP. Cuns e con outros, non houbo, dende entón, quen lograse superalo nas urnas. Só o alcalde de Catoira, o socialista Alberto García, pode presumir na comarca de levar máis tempo que el ao fronte dun concello.

-Entramos na recta final do mandato, ¿repetirá como candidato nas próximas eleccións?

-Teño ganas e ilusión, as mesmas que o primeiro día, para poder presentarme ás próximas eleccións municipais. A intención é repetir, pero é unha decisión que dependerá dos compañeiros e da xente do partido.

-Leva dende o 1991 ao fronte da alcaldía, ¿despois de tanto tempo queda algunha cuestión pendente?

-Creo que un noventa por cento das previsións que se fixeron ao principio do mandato si que se cumpriron. Hai algunha que aínda non se cumpriu, pero que esperamos completar o máis pronto posible. O principal obxectivo para o que queda de mandato é ampliar a todos os veciños do Concello a totalidade dos servizos. Dende saneamento e abastecemento ata as comunicacións. O abastecemento xa o temos no 95 % da poboación. Antes das próximas eleccións estará ao 100 %

-¿Mudou a forma de gobernar despois de tantos anos?

-Entendo que non levei a cabo ningunha modificación á hora de xestionar o Concello, manteño a mesma forma de atender os veciños sen previo aviso e sen cita de ningún tipo. Algo que me parece esencial e fago dende o primeiro día.

-¿O trato directo cos veciños é clave para manterse eleccións tras eleccións?

-Tivemos un lema nas primeiras eleccións que era Concello para todos. Era algo que entendíamos que non se levaba a cabo e decidimos apostar por esta forma de traballar. En 1991 houbo un cambio importante na forma de funcionar. Basta con recordar que para conseguir un certificado de empadroamento, por exemplo, se podería tardar ata un par de días, e agora é algo inmediato. O que hoxe é normal daquela non o era. Houbo que achegar o Concello aos cidadáns. Foron uns anos difíciles, á hora de facer ver aos funcionarios que había que traballar doutra maneira más próxima.

-Fala de anos difíciles, ¿cal foi a decisión que máis lle custou tomar?

-Para dirixir o Concello, intentei dende o primeiro día que funcionase como unha empresa. Iso leva consigo unha atención directa e, aínda que iso teñen que dicilo os veciños e non o alcalde, creo que se conseguiu. Tamén houbo que pelexar por ter un instituto, un centro de saúde e unha escola de música.

-E o auditorio.

-Cando a escola de música empezou, fíxoo nas aulas do colexio de Baño, cos problemas conseguintes de que se movesen as cadeiras… A partir de aí conseguiuse un edificio que custou catro millóns de euros e do que, de verdade, estamos moi orgullosos. Non se trata só de lograr ao que un aspira, senón que hai que enchelo tamén de vida. Concellos da comarca con máis habitantes non lograron conseguir un edificio así, e facelo sen endebedar o Concello e mantendo os impostos mínimos paréceme un motivo de satisfacción. Dá gusto ver que está en permanente movemento, dende a sala de exposicións ata os cursos que alí se imparten.

-A outra cara son os proxectos que quedaron polo camiño, como a creación da mancomunidade Ulla-Umia. ¿? unha espiña ?

-Si. ? un proxecto polo que apostamos e no que estiven oito anos de presidente. Creo que durante ese tempo fíxose un importantísimo labor. Tivemos distintos proxectos europeos e despois fallou. Penso que se politizou. ? unha pena porque tanto nos anos que estivo na presidencia o alcalde de Catoira, Alberto García, sendo eu vicepresidente, como cando asumín eu a presidencia e me apoiaron os do PSOE, conseguimos pactar e poñernos de acordo para funcionar o organismo. Por iso lamento que a partir de aí non se lograse manter a mesma comunicación e deixase de funcionar.

-¿Cómo é a día de hoxe a relación cos alcaldes da comarca?

-Teño boa relación cos alcaldes, ou, polo menos, eu non son consciente de ter mala relación con algún. O que pasa é que non hai a relación esa permanente na que nos reuníamos con moita frecuencia; ao desaparecer a mancomunidade cada un seguiu o camiño polo seu lado. Iso si, compartimos o servizo de drogodependencia con Padrón, Dodro e Rois. E o obradoiro de emprego con Moraña. Un ano solicitase dende alí e outro dende Valga.

-Con quen non hai boa sintonía é coa xente do PSOE de Valga.

-Xa antes de comezar a lexislatura había un rexeitamento dos socialistas a todo o que fixese o goberno. En case tres anos de mandato imaxino que algunha cousa faríamos ben, pero nunca vin un recoñecemento. Penso que non é unha decisión intelixente pola súa parte, pero non vou entrar a valorar as liñas de actuación da oposición. Só quero dicir que xogan ao permanente desprestixio, sendo as continuas faltas de respecto e de educación o que máis lamento. A iso hai que sumar a denuncia permanente nos xulgados. Ás veces nos equivocaremos e tomaremos decisións erróneas, pero nunca faltando ao respecto a alguén.

«As comisións de coordinación que agora denuncia o PSOE creáronse co seu apoio»

«Non son consciente de ter mala relación con ningún dos alcaldes da comarca»

«O abastecemento

a todos os veciños estará concluído antes das próximas eleccións»«O que buscan PSOE e En Marea é o derribo que non logran nas urnas»

-O Contencioso Administrativo acaba de darlle a razón á Deputación sobre o financiamento do CODI. ¿Recorrerán ou demandarán á Xunta?

-Os técnicos están estudando a posibilidade de presentar recurso contra a sentencia. Pero, se a decisión é non facelo, claro que reclamaremos á Xunta. Entendemos tamén que independentemente de que a Deputación pensase que no lle correspondía esta función, debe apoiar aos concellos cando teñen algunha necesidade. En todo caso, quero deixar claro que haxa subvención ou non, o financiamento do CODI está incluído nos orzamentos do Concello.

-Está falando de vontade por parte da Deputación e non de obrigación.

-As dúas cousas. Falo de vontade cero, pero o Concello tamén tiña un informe do director xeral da Xunta de Galicia no que se di que é competencia da Deputación.

-O xulgado de Caldas está investigando as comisións de coordinación.

-Nós facemos as cousas dentro da legalidade e contando cos informes favorables de secretaría e intervención, algo que xa sabe o PSOE local, pero hai que molestar e xerar dúbidas entre os veciños. Foi no primeiro mandato, no ano 1991, cando se acordou a creación destas comisións. O PSOE votou a favor e tamén participou. Nós presentámonos como independentes e houbo un recurso do PP, e quen era nesa data o responsable dos populares é un familiar directo da que hoxe é a portavoz do PSOE. Ese recurso foi rexeitado por un informe do que obvian a súa existencia. E, máis recentemente, outro integrante do PSOE, Javier Carballo, volveu votar a favor, e agora é un dos denunciantes.

-Cita os informes favorables de secretaría e intervención. Precisamente os dos postos que En Marea vincula a unha trama de corrupción capitaneada por vostede. ¿Coincidencia?

-Estamos a un ano das eleccións e o que se pretende é o derribo que non se consegue a través dos votos. Foi o PSOE o que lle pasou información a En Marea e supoño que terán un acordo para desprestixiarnos.

-Tamén se pronunciou o colexio de secretarios e interventores de Pontevedra (Cosital).

-A maioría dos de Cosital terían que pasar primeiro pola empresa privada. Paréceme xusto que loiten polos seus intereses, pero Valga no ten porque pagar máis do que di a lei. O de En Marea, en cambio, son falacias. A trama da que falan non ten pés nin cabeza.

La Voz de Galicia

Bello Maneiro defiende la legalidad de su gestión y el PSOE lo acusa de contratar a afines sin concurso.

Valga acogió el viernes un Pleno extraordinario en el que se abordaron distintos aspectos relacionados con la supuesta trama corrupta que denunció En Marea. La sesión, que solicitaron desde el grupo municipal del PSOE, fue bronca y con alusiones del regidor a algunos asistentes y a los miembros de la oposición.
Un día después, José María Bello Maneiro considera que la sesión sirvió para defender ??a legalidade da xestión do equipo de goberno e a responsabilidade dos traballadores municipais no exercicio das súas funcións?.
El regidor conservador lamentó, eso sí, que los ediles de la oposición ??se erixan en xuíces e agora tamén en inspectores de traballo?. Sobre la denuncia en sí, Bello Maneiro incidió en que ??o Concello contratou a unha persoa e non a unha empresa para realizar traballos de reforzo administrativo?. La administración municipal se encuentra satisfecha con la realización del trabajo. ??Está a cumplir á perfección?, incide Bello Maneiro, que también habló sobre las dietas que reciben el secretario y el interventor.
??Todo o que se pagou está dentro da legalidade?, dice el regidor del PP, que incidió en que ??quen convoca as prazas é o Ministerio de Administracións Públicas e, en caso de non cubrirse, quen nomea secretario e interventor é a Xunta de Galicia e non esta Alcaldía?. Sobre el jubilado Luis Nieto, Bello Maneiro aseguró que ??nin traballa nin cobra do Concello? y acusó a la oposición de ??embarrar, falsear e ir ao xulgado? en lugar de ??defender os intereses dos veciños de Valga?. Sobre la construcción del Centro de Interpretación da Caña, el alcalde aseguró que los terrenos fueron adquiridos por el Concello a un particular. Además, destacó que la queja presentada ante la Valedora fue archivada.
??Evasivas?
Bello Maneiro asegura que respondió a todas las cuestiones planteadas por el PSOE, a excepción de los cursos ADF. Los socialistas, sin embargo, no lo ven así. ??A non resposta a ningunha das preguntas formuladas en relación ao contrato de María Luisa Álvarez, as dietas pagadas irregularmente ao secretario e interventor, ou sobre a presencia no Concello do xubilado Luis Nieto e sobre a sociedade mercantil que ámbolos dous teñen co interventor, deron a entender que Bello maneiro é incapaz de defender a súa inocencia e a súa xestión neste asunto. As únicas respostas foron evasivas?, asegura María Ferreirós. La portavoz socialista también denuncia que desde hace años ??estanse facendo contratos sen ningún proceso de selección e sempre resultan adxudicatarios familiares directos de concelleiros populares?, algunos de los cuales, una vez contratados, ??non asisten aos seus postos de traballo?, denuncia la portavoz del grupo de la oposición.

Diario de Arousa

Maneiro reitera ante o pleno a legalidade da xestión municipal.

– Reproba que os concelleiros da oposición ??se erixan en xuíces e tamén en inspectores de traballo».

– Defendeu a profesionalidade dos traballadores municipais ante os intentos de ??embarrar e falsear?.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, defendeu no pleno extraordinario de onte, convocado a petición do PSOE, a legalidade da xestión do equipo de goberno e a responsabilidade dos traballadores municipais no exercicio das súas funcións, lamentando que os concelleiros da oposición se erixan ??en xuíces e agora tamén en inspectores de traballo?.

O rexedor incidiu en que ??o Concello contratou a unha persoa e non a unha empresa para realizar traballos de reforzo administrativo?. Engadiu que para o equipo de goberno ??esa é a persoa idónea para realizar esa tarefa e está a cumplir á perfección co seu traballo?. Bello Maneiro fixo extensiva esta afirmación a todos os funcionarios e traballadores do Concello. Sobre a situación laboral de dous deles, pola que que preguntou expresamente o Partido Socialista, o alcalde reiterou que ??están facendo o traballo que lle corresponde ou máis aínda, polo que estamos moi contentos e satisfeitos con eles?.

No tocante ás dietas que perciben o secretario e o interventor acumulados, Bello Maneiro recalcou que ??todo o que se pagou está dentro da legalidade?. Lembrou, asimesmo, que os orzamentos recollen as prazas de secretario e interventor: ??Quen convoca as prazas é o Ministerio de Administracións Públicas e, en caso de non cubrirse, quen nomea secretario e interventor é a Xunta de Galicia e non esta Alcaldía?. Neste sentido, o rexedor afirmou que ??a oposición de Valga, en lugar de defender os intereses dos veciños, o único que pretende é embarrar, falsear e ir ao xulgado?. Puxo como exemplo a figura de Luis Nieto, sobre o que volveu a explicar que ??nin traballa nin cobra do Concello?.

Por último, sobre a construción do Centro de Interpretación da Caña, Bello Maneiro explicou que os terreos foron adquiridos polo Concello a un particular. ??Esa parcela é propiedade do Concello de Valga e, de feito, a queixa presentada ante a Valedora do Pobo foi arquivada?.

O alcalde, en representación do grupo de goberno, respondeu deste xeito, a todos os asuntos plantexados polo Partido Socialista con excepción do último sobre os cursos ADF. Cando Bello Maneiro estaba a contestar, e logo de varias interrupcións por parte da voceira socialista con temas que nada tiñan que ver coa orde do día, o rexedor deu por rematada a sesión.

Páxina do Concello de Valga

El PSOE fuerza un Pleno para que Bello Maneiro explique la ??trama? denunciada por En Marea.

El alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, tendrá que hablar hoy de nuevo sobre las cuestiones que, a juicio de En Marea, son parte de una ??trama de corrupción? en el seno del Concello que preside. El Partido Socialista de la localidad ha forzado la celebración de un Pleno extraordinario que se ha fijado para hoy a las ocho y cuarto de la tarde y que, entre otras cuestiones, tiene como puntos del orden del día los principales puntos sobre los que se sustenta la denuncia de la formación de Luis Villares. Así pues en el orden del día figura como tema a tratar la contratación de María Luisa Álvarez (socia del interventor) y la presencia de Luis Nieto (también socio del interventor) en dependencias municipales pese a estar jubilado.
A mayores, como así pide el Partido Socialista, figura también la cuestión de los pagos en gastos de locomoción, peaje y dietas tanto al secretario como al interventor.
La portavoz del PSOE de Valga, María Ferreirós, señala que la petición de este Pleno extraordinario viene dada al entender los socialistas que la gestión de la institución municipal ??nos últimos anos só pode calificarse de caótica, oscura e con numerosas sospeitas de irregularidades?. Para el PSOE ??o goberno de Bello Maneiro debe aclarar todas estas situacións, que son, cando menos, vergoñentas?.
Dicen los socialistas que será tras el Pleno, y después de escuchar las explicaciones del alcalde, cuando decidirán ??as accións a levar a cabo ante todas estas presuntas corruptelas?. En la sesión extraordinaria también fuerzan al primer edil a hablar sobre las denuncias y reclamaciones presentadas por la rehabilitación del edificio del Centro de Interpretación da Caña.

Diario de Arousa

El PSOE fuerza un pleno extraordinario sobre la gestión de Bello Maneiro.

La corporación de Valga se reúne mañana viernes a las 20.15 horas.

El PSOE de Valga ha forzado la celebración de un pleno extraordinario en esta localidad, en el que se abordará las supuestas irregularidades cometidas por el gobierno municipal en los últimos meses, y a las que ya aludió en su día el portavoz de En Marea en el Parlamento gallego, Luis Villares. La sesión es mañana viernes, a las 20.15 horas.

La formación que dirige María Ferreirós alude a una serie de presuntas irregularidades, que el alcalde, José María Bello Maneiro, ya negó en una pasada conferencia de prensa. De hecho, el regidor atribuyó las denuncias de En Marea a una campaña urdida en colaboración con el PSOE de Valga, que es el único partido en la oposición municipal.

Los socialistas plantean que en la sesión extraordinaria, Bello Maneiro tendrá que responder sobre varios aspectos de su gestión, «que en los últimos años solo puede calificarse de caótica, oscura y con numerosas sospechas de irregularidades», según apuntan en un comunicado remitido ayer.

Así, la formación que dirige María Ferreirós preguntará en la sesión por la contratación de los servicios de una persona externa para labores administrativos; o por la presencia en el Ayuntamiento de un exsecretario municipal, ahora jubilado, que supuestamente incluso atendió al público en el mostrador y realizó labores de administración y secretaría, siempre según la versión del PSOE.

Otros aspectos por los que van a preguntar los socialistas son las dietas de manutención que disfrutan el secretario y el interventor por cada día de trabajo -acuden de media dos días a la semana, pues prestan sus servicios en varias localidades-; por la relación del Concello con una sociedad mercantil vinculada precisamente al interventor; por la construcción del centro de interpretación de la caña; y por las contrataciones de las empresas adjudicatarias de los cursos AFD. Preguntarán igualmente por la contratación de una profesora de Educación Básica «para labores de refuerzo en secretaría municipal».

Según la portavoz del PSOE, María Ferreirós, «son muchas las sospechas de que en el Ayuntamiento de Valga existen diferentes y perjudiciales corruptelas que hacen insostenible la gestión municipal». «Lo que tenemos muy claro es que nuestro proyecto es radicalmente distinto al de Bello Maneiro. Nuestro proyecto es hacer un Concello limpio, transparente y abierto».

Faro de Vigo

El desempleo descendió un 27% en Valga en los últimos 28 meses.

O orientador laboral do Concello, Juan Ramón Angueira, participou este mediodía na Mesa de Emprego organizada polo IES de Valga dentro das actividades da Semana de Orientación e Emprego que onte inauguraron o director do centro, Roberto Barral, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez. A Mesa de Emprego, á que asistiu como público alumnado de 4º da ESO, FP Básica e ciclos, contou tamén coa participación de Andrés Quintá, presidente de Extrugasa e da asociación de empresarios dos vales Ulla e Umia.

Juan Ramón Angueira explicou as funcións e cometidos do servizo municipal de Orientación, Información e Emprego e fixo unha análise dos datos do paro por idades e sectores tanto en Valga como na súa contorna. O desemprego baixou un 27% no municipio nos últimos dous anos e medio, pasando de 603 desempregados en xuño de 2015 a 442 no pasado mes de xaneiro.

A industria é o sector con maior grao de empregabilidade en Valga, posto que é o que capta un maior número de parados, explicoulles o orientador laboral que, ademais, analizou a situación do mercado laboral en Galicia salientando algunha das súas fortalezas e tamén debilidades. Entre as primeiras, a repercusión que a recuperación económica está a ter no mercado laboral. E, entre as segundas, os índices de paro xuvenil.

Por último, Juan Ramón Angueira falou ao alumnado dos novos nichos de emprego, como os vencellados á identidade dixital, robótica ou cazatendencias e, en xeral, os relacionados coas novas tecnoloxías.

O empresario Andrés Quintá, pola súa parte, explicou os perfís profesionais que máis demandan as empresas de Valga e da comarca e fixo fincapé na importancia dunha boa formación para que as empresas poidan contar con man de obra cualificada.

As xornadas de Orientación e Emprego do IES continúan mañá mércores, cando o alumnado de 2º curso de FP Básica e de 4º da ESO participará nunha saída a Compostela que incluirá visitas ao Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago e á Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Por último, o xoves, estudantes de 1º e 2º de Bacharelato ahegaranse á Universidade de Santiago dentro do programa ??A Ponte?.

Páxina do Concello de Valga