BELLO MANEIRO, REELIXIDO ALCALDE DE VALGA POR NOVENA VEZ, AGARDA UNHA LEXISLATURA NA QUE “O INTERESE XERAL SE IMPOÑA A DISPUTAS ESTÉRILES”.

– Os trece concelleiros elixidos nos comicios do 28 de maio tomaron posesión nun Pleno extraordinario celebrado este mediodía

– Catro edís estréanse como membros da Corporación municipal: Álvaro Fernández (PP), Javier Carballo de Jesús (PSOE), Francisco Devesa e Miguel Lois (BNG)

Investidura23 1

Valga, 17 de xuño de 2023.

José María Bello Maneiro foi reelixido este mediodía como alcalde de Valga por novena lexislatura consecutiva, no transcurso do Pleno extraordinario no que se constituíu a nova Corporación municipal para o período 2023-2027.

Ao comezo da sesión constituíuse unha mesa de idade da que formaron parte os edís electos de maior e menor idade, José María Bello Maneiro e Javier Carballo de Jesús, aos que acompañou o secretario municipal. Esta mesa presidiu a toma de posesión dos trece concelleiros que resultaron elixidos nos comicios locais do pasado 28 de maio. A nova Corporación queda integrada por:

–  José María Bello Maneiro (PP)

–  Román Castro Castromán (PP)

–  Carmen Gómez Pardal (PP)

–  María Magdalena Isorna Sumay (PP)

–  Pedro Calvo Blanco (PP)

–  Agustina Begoña Piñeiro Busto (PP)

–  José Ángel Souto Jamardo (PP)

–  Álvaro Fernández Abalo (PP)

–  Manuel Ferreiro Maneiro (PP)

–  María Ferreirós Magariños (PSOE)

–  Javier Carballo de Jesús (PSOE)

–   Francisco Ramón Devesa Senín (BNG)

–  Miguel Lois Barreiro (BNG)

A continuación procedeuse á votación, a man alzada, do alcalde, resultando elixido con nove votos José María Bello Maneiro, que recibiu o bastón de mando e pronunciou o primeiro discurso do seu novo mandato:

“En primeiro lugar quero dar os parabéns a todos os que fostes elixidos concelleiros nas eleccións do pasado 28 de maio, en especial aos que vos incorporades por primeira vez á Corporación Municipal, pola honra que supón representar a Valga e aos seus veciños e traballar polo seu benestar.

Fai máis de 32 anos que nos presentamos por primeira vez ante este Pleno para solicitar á Corporación a súa confianza e que me investira alcalde, unha das maiores responsabilidades que se pode ter como valgués, pero tamén unha das maiores satisfaccións. Máis de tres décadas despois, Valga é un pobo completamente diferente, con servizos e infraestruturas que son envexados por outros e que son un exemplo do que se pode facer pola comunidade.

Estes avances son tamén respaldados polos veciños, que cada catro anos veñen confiando aplastantemente neste equipo de goberno, no seu traballo e na súa xestión. A todos eles dámoslles as grazas polo seu respaldo e polo seu apoio que nos serve de estímulo para seguir traballando e mellorando as súas condicións de vida.

Pero non nos conformamos co conseguido ata o de agora. Seguiremos traballando con responsabilidade, dedicación e seriedade para que nesta nova etapa que hoxe iniciamos se fagan realidade os feitos de futuro, novos proxectos e investimentos que permitan que o noso pobo siga avanzando. Ese é o compromiso que adquirimos cos veciños e o obxectivo que, como equipo, nos marcamos para esta lexislatura.

Cando en 1991 iniciamos a nosa andaina á fronte deste Concello, fixémolo baixo o lema “Garantía de futuro”, que naquel momento significou asfaltar as pistas que eran de terra ou instalación do alumeado público, que eran as prioridades para os veciños. En cada lexislatura, paso a paso, fomos acadando avances en todos os ámbitos, novas dotacións e melloras nos eidos cultura, educativo, sanitario, deportivo… Chegouse a practicamente o 100% da poboación cos servizos de abastecemento e saneamento.

Os máis mozos non o lembran, pero hai anos tiñamos que ir a Padrón a estudar Bacharelato. Actualmente, os nosos nenos e mozos poden formarse en Valga dende os 0 anos ata a Universidade, algo impensable hai unhas décadas.

O mesmo sucedía co médico, que tiñamos que ir a Pontecesures. Hoxe tempos un Centro de Saúde e un PAC 24 horas con todos os servizos, aínda que sempre se poden mellorar.

Os veciños valoran o traballo feito e todo o conseguido, e así o demostran cada catro anos nas urnas, como o fixeron o pasado 28 de maio.

Agora afrontamos un novo reto coa experiencia que nos dan os últimos 32 anos de goberno, sendo ambiciosos, tratando de aproveitar todas as oportunidades que se abran para Valga ante outras administracións e organismos públicos e, ante todo, defendendo os intereses dos valgueses alá onde faga falta e por enriba de calquera outra cousa.

Esperamos contar neste cometido coa colaboración dos grupos da oposición e, entre todos, conseguir que esta sexa unha lexislatura na que se impoñan o respecto persoal e a defensa do interese xeral. As portas da Alcaldía estarán abertas, como sempre o estiveron, para tratar asuntos positivos para os nosos veciños e para traballar xuntos en prol do seu benestar. Todas as iniciativas que representen melloras na calidade de vida dos nosos veciños, serán escoitadas. Pero para as propostas políticas, non contedes con nós.

Agardo que saibamos estar á altura do que os valgueses demandan de nós e que todos aproveitemos esta oportunidade que nos deron os votantes para mellorar o noso pobo, e non para a confrontación e as disputas estériles.

Pola miña parte e a do meu equipo, gañas, esforzo e traballo non van faltar.

Grazas a todos.

Viva Valga!”.

Investidura23 2
Investidura23 3
Investidura23 4
Investidura23 5

El BNG gana peso en la comarca Ulla/Umia al arrebatar dos alcaldías al PP y al PSOE.

Los nacionalistas tienen asegurados los gobiernos de Catoira y Pontecesures, mientras los populares se quedan con Moraña, Portas y Valga y los socialistas con Caldas y Cuntis.

La comarca de Caldas afronta los últimos días de negociaciones para otorgar el bastón de mando a los próximos alcaldes. Al menos en los municipios donde no se produjeron mayorías suficientes para asegurar el resultado de la votación. No obstante, no habrá sorpresas en cuanto a las alianzas que habitualmente se producen en la izquierda con socialistas y nacionalistas. Aunque no se alcance un acuerdo de gobierno, queda claro que ninguno de ellos facilitará la llegada de un regidos del PP.

Varios aspirantes descansan tranquilos desde la noche del 28 de mayo. Es el caso de Bello Maneiro en Valga, acostumbrado a ganar desde 1991 cuando asumió la alcaldía con una candidatura independiente gracias al apoyo del PSOE. En 1995 repitió victoria en las urnas y tras su «fichaje» por el PP, en 1999, continuó sumando mandatos.

En las últimas elecciones del 28 de mayo mantuvo los 9 concejales que tenía, mientras los socialistas perdían uno para quedarse en 2 representantes y Valga Viva se salía del terreno de juego. Esas dos plazas las gana el BNG.

En Pontecesures, donde también ganó el PP (con 5 ediles), la situación de la izquierda es favorable. El Bloque se hizo con 4 representantes y el PSOE con 2 actas. El cambio está garantizado y los nacionalistas recuperarán el ayuntamiento con Maite Tocino Barreiro, que sustituirá al popular Juan Manuel Vidal Seage, con el socialista Roque Araújo en espera de conocer su papel durante el mandato.

Diario de Pontevedra

Bello Maneiro: «A oposición ten o pago á súa política destrutiva».

O BNG ponse a disposición dos veciños de Valga tras regresar logo de 8 anos á corporación 

Moi duro se amosou José María Bello Maneiro coa que foi a súa oposición no mandato que vén de rematar na valoración dos resultados electorais que o afianzan novamente na alcaldía de Valga tras máis de 30 anos no cargo. Logo de sinalar a obtención de 9 dos 13 concelleiros en xogo, da súa vitoria en todas as mesas electorais e de que quedou a 26 votos do décimo edil, o alcalde do PP sentenza: «Os valgueses confían en nós para rexer o futuro de Valga, non lles interesan as denuncias reiteradas por parte dos dous grupos da oposición. Aí teñen o seu pago. Estas son as consecuencias da política destrutiva e de acoso e derribo que fixeron contra este goberno», sinalando a desaparición da marea local e a caída de 3 a 2 dos edís do PSOE. Maneiro felicitouse tamén pola recuperación da Deputación de Pontevedra por polo PP, criticando a súa presidenta saínte, a socialista Carmela Silva, por sumarse a esas «políticas destrutivas» contra Valga.

Satisfacción no BNG

Pola súa banda, Fran Devesa, cabeza de cartel do BNG, di que na súa formación «estamos moi contentos de poder volver representar os valgueses» tras 8 anos fóra da corporación, poñéndose á disposición «de todos os veciños».

La Voz de Galicia

Bello Maneiro mantiene la mayoría absoluta y el BNG irrumpe en el Pleno a costa de Valga Viva.

Bello Maneiro ejerció su derecho a voto esta mañana en el Auditorio municipal.

Las elecciones locales no arrojaron sorpresa en Valga. El veterano José María Bello Maneiro revalida la Alcaldía y da continuidad a sus 32 años de gobierno. Con respecto a los comicios de 2019, la mayor sorpresa en la irrupción del BNG al Pleno con fuerza y dos corporaciones a costa de Valga Viva, que desaparece de la Corporación. El PSOE, por su parte, pese a sumar votos pierde un edil y se consolida como segunda fuerza.

Diario de Arousa

Bello Maneiro opta a su novena reelección en Valga y promete la creación de un nuevo polígono industrial.

Bello Maneiro estuvo acompañado por otros cabezas de lista de la comarca y por el conselleiro Francisco Conde

El proyecto de recuperación de la antigua mina de Porto Piñeiro (valorado en más de 14 millones de euros), crear un nuevo polígono industrial o poner en marcha la Base de Unidades Operativa para la prevención de incendios forestales son tres de las propuestas que José María Bello Maneiro dio a conocer en el acto de presentación de su candidatura. Maneiro –que encabeza la lista del PP de Valga– opta a su novena reelección tras 32 años como regidor y lo hace con el lema “feitos de futuro”. El conservador hizo un repaso por las cuestiones que se realizaron en este último mandato (que reconoció como el más complejo que le tocó vivir como alcalde tanto por los crímenes machistas como por la pandemia) y también puso sobre la mesa lo que él definió como Plan Estratégico 2023-2027. En él se incluyen la concentración parcelaria de Martores, Vilares, Laceiras y Raxoi y la creación de un polígono agroforestal de plantación de viñedo, así como continuar las sendas peatonales.

Diario de Arousa

En Valga, «o que funciona non se cambia».

José María Bello Maneiro lleva 32 años cosechando mayorías absolutas en Valga. Primero como independiente, y a continuación para las siglas del PP. El sábado presentó su candidatura en el auditorio municipal, acompañado por el vicepresidente de la Xunta, Francisco Conde. El principio que anima a su equipo es el de «seguir trabajando, porque o que funciona non se cambia».

La Voz de Galicia