ANDAINA SOLIDARIA (Sábado 30/xuño/2012)
Organiza: Concello de Pontecesures.
Colaboran:
- Fundación Amigos de Galicia.
- Plan Galicia Saudable.
- FINSA.
- Clínica Podolóxica Andaina. Que ofrecerá os seus servizos aos participantes se se dese algunha incidencia (lesión,…).
- A gardería municipal e a ludoteca de verán do concello permanecerán abertas durante a andaina e ofrecerán os seus servizos gratuítos aos participantes na proba.
Sábado 30 de xuño ás 9.30 na Plazuela de Pontecesures. Concentración ás 9.00 e saída ás 9.30.
Non é necesaria inscrición. Para participar o único requisito é a entrega á organización dalgún alimento non perecedeiro. Todos os alimentos reunidos serán entregados á Fundación Amigos de Galicia. No momento da entrega dos alimentos os participantes recibirán unha camiseta co logotipo da andaina. Tamén se poden entregar estos alimentos durante a semana do 25-29 de xuño na Casa do Concello.
A Fundación Amigos de Galicia faráse cargo dos avituallamentos durante a andaina.
O percorrido é duns 8 km. e será tanto polo centro de Pontecesures como polos arredores, seguindo o seguinte itinerario:
Saída dende a Plazuela (9.30 horas):
CENTRO: Rúas San Lois, Sagasta eVíctor García.
PEIRAO: Eugenio Escuredo.
PORTO: A Calera, Rúa do Campo, Subida ao Campo, Caldeirón de Abaixo, Praza dos Valeiros e, Deputación.
CENTRO 2: Portarraxoi, San Lois, Miguéns Parrado.
INFESTA: Rúa Borobó.
SAN XULIÁN: O Castro, Rúa das Mimosas (cruce coa Rúa Ullán).
A TOXA / CARREIRAS: Pista da Barosa (paralela á autoestrada AP-9).
CONDIDE / COUTO: Baixada do Mirador da Galiñeira polo Barrio de Condide ata a Pista do Regadío, Paxareira.
CENTRO 3: Praza de Pontevedra, Portarraxoi, San Lois e Plazuela (CHEGADA).