
Contaremos con música e sesión vermú, e falarán: Maite Tocino, Fran Devesa e Marta Gómez.
NON FALTES!
BNG Pontecesures
BNG Pontecesures
A Asociación Cultural Os Penoucos colabora na presentación do libro de Diana Kurich «Feitas ao sisel», que terá lugar este sábado 14 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Cordeiro (Valga).Un poemario que acaba de levar o primeiro premio de poesía erótica das Illas Sisargas en Malpica. Vai ser un espectáculo excepcional con moito arte e diversión! Non é unha presentación calquera, senón todo o contrario… A POESÍA, A MÚSICA E O BAILE únense para formar parte deste espectáculo que non te vai deixar indiferente. Non poderás de deixar de mirar ao escenario.
Diana Kurich naceu na Aldea dos Rebeldes en Campaña,Valga, aínda que actualmente vive na Cidade de Pedra máis coñecida como Santiago de Compostela. Pertence á xeración onde para ser escrava é preciso estudar e así o fixo. Coleccionou títulos no ensino regrado ata atopar o que máis a definía e converteuse en mestra de música.Para financiar tan cara ousadía traballou de taberneira onde coñeceu a maioría da súa rede de afectos actual e da que tanto aprende. As súas publicacións até do de agora reducíronse ao que ela denomina «rexistros efímeros de rúa», só recollidos en formato emocional. Milita activamente en organizacións que comparten a interseccionalidade das loitas e sempre o fan a través da música e na rúa.En segredo colecciona palabras nun tarro de cristal, sementa afectos debaixo dos lastros, baila na punta do pé, toca algún que outro instrumento e sabe (porque así llo ensinaron) dar puntadas sen fío.
21 NOTICIAS
Desfile Valeiro nas festas do Carme de Pontecesures.
O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar desde este venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo. A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil … pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas”.
O programa dará comezo este venres coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Poderá gozarse a partir das 21.00 horas na Plazuela. O sábado 1 de xullo, haberá unha actuación na Plazuela ás 12.00 horas, e xa pola noite, a partir das 22.00 horas, chegará o gran concerto a cargo de A banda da loba.
El Correo Gallego
O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar do venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo.
A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil, sobre todo porque non había nada programado con anterioridade pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas de Pontecesures”.
Acordo para o traslado da Festa do Churro
Neste sentido, a alcaldesa sinala que “por cuestións de tempo non se podía organizar a Festa do Churro, xa que non había nada previsto por parte do Goberno anterior. Por iso, onte mantiven unha reunión co colectivo, expliqueilles a situación e acordamos seguir adiante coa Festa do Churro pero cambiándoa de data: ao 7 de xaneiro”. Desta forma, a Festa do Churro terá lugar o Día do Patrón, “unha proposta que xa tiñamos en mente, porque pensamos que o inverno é unha mellor época para este produto e que entra mellor uns churros en inverno que roldando os trinta grados como imos estar o vindeiro luns 3 de xullo”, explica María Teresa Tocino.
De feito, a alcaldesa amosa a súa satisfacción xa que “o colectivo non so entendeu a imposibilidade de celebrar a Festa do Churro en xullo, senón que ademais pareceulles unha idea moi boa a da trasladala a xaneiro canda o Día do Patrón”, polo que agradeceu o apoio e colaboración do sector do churro cesureño.
Programación para todos os gustos e idades
A programación das Festas na Honra á Virxe do Carmen de Pontecesures inclúe actividades para todos os gustos e idades. O programa dará comezo o venres 30 de xuño coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Unha fusión de xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop ou a danza urbana co patrimonio musical galego que poderá desfrutarse a partir das 21:00 horas na Plazuela.
A Asociación Cultural Xarandeira será a encargada de abrir a xornada do sábado 1 de xullo, cun pasarrúas matutino e unha actuación na Prazuela ás 12:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, gran concerto a cargo de A banda da loba, un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, A banda da loba foi quen de crear un estilo musical heteroxéneo, singular e moi prezado polo público.
O domingo 2 de xullo amencerá cun gran disparo de bombas, un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Lantaño e un concerto a cargo da Coral Polifónica Cultural A Barcarola. Ás 18:00 horas terá lugar o tradicional Desfile Valeiro e ás 18:30 horas está programada a misa solemne, tras a cal terá lugar unha procesión co acompañamento da Banda de Música de Lantaño. Pola noite, gran verbena coas orquestras La Ola ADN e América SL.
O Concello de Pontecesures lembra que as persoas que queiran participar na procesión das Festas na honra da Virxe do Carme poden inscribirse nas oficinas municipais ata as 14:00 horas do xoves 29 de xuño. A roupa para a procesión poderá recollerse o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas, na propia casa consistorial.
Finalmente, o luns 3 de xullo estará especialmente dedicado ao público infantil. Pola mañá, a Asociación Cultural Algueirada encargarase do pasarrúas, seguida ás 12:30 dunha misa a San Antón cantada pola Coral Polifónica Cultural de Pontecesures. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, gran Festa Infantil con inchables, espuma, colchonetas… nas rúas San Lois e San Lázaro, así como na Plazuela. O grupo de animación infantil Las Pamisuky encargarase de poñer o punto e final ás festas cun divertido espectáculo lúdico-musical que inclúe unha gran variedade de cancións infantís e actuais nas que é precisa unha activa participación da rapazada a través de xogos e bailes.
El BNG de Valga organiza mañana un encuentro en la playa fluvial de Valga. Un acto que consistirá en una sesión vermú con Pop Voyage DJ a los mandos de la música y con las intervenciones de Fran Devesa (candidato a la alcaldía) y Sandra Seoane, número tres de la candidatura.
La Voz de Galicia
Mañana se celebrará este evento organizado por la empresa de Valga y un bar de Pontecesures que se han aliado además con la Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia. La tarde será para las familias, la noche para los DJ que llenarán de música la explanada de la plaza de abastos de Pontecesures.
La Voz de Galicia