Será na Casa do Concello de Pontecesures, de 11 a 13 horas, e vai dirixido aos adultos e aos nenos/as maiores de 8 anos.
Concello
Festa infantil de «Obradoiros saudables» en Pontecesures.
Será o mércores, día 2 de setembro no Centro Social de Pontecesures, entre ás 16 e as 18 horas.
Concello
Gran éxito en Pontecesures do programa «Concellos Saudables»
Cerca de 100 personas participan cada semana no programa de actividades de Concellos saudables, na localidade de Pontecesures, 15 adultos e 80 nenos de entre 4 a 14 anos
Este plan de actividades pretende fomentar programas de promoción da vida sen tabaco e de actividades saudables, exercicio e alimentación (PASEA), da Consellería de Sanidade, que faciliten o logro de obxectivos do Plan de Saúde de Galicia 2006-2010
PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
-Actividades para adultos: ximnasia de mantemento e sendeirismo.
-Activdades para nenos e nenas: Xogos predeportivos, hockey, badminton, batuka e aerobic, psicomotricidade, actividades acuáticas, rutas en bicicleta, xornadas de xogos populares, …
-Obradoiros de alimentación saudable e consultas individualizadas con unha nutricionista titulada.
O Goberno Local fai un chamamento a nenos e maiores para que se incorporen ás actividades do programa. Aínda se está a tempo de participar nestas actividades tan importantes para a saúde.
Para máis informacón: Departamento de Servizos Socias do concello e a páxina web: www.concellossaudables.com.
Pontecesures, 11 de agosto de 2009.
Educación
Os «Amigos do Mar e da Montaña» participaron na noite meiga de Castrolandín.
Os mozos de Valga, Cuntis, Pontecesures, Poio e Vilanova (35 mozos entre 13 e 16 anos) que participan no campamento de verán «Amigos do mar e da montaña» que o xoves pasado chegaron a Cuntis, acudiron nesa noite á «Noite Meiga» ademais de visitar o balneario Termas de Cuntis e participar nun obradoiro de elaboración de máscaras e disfraces.
Precisamente estas vestimentas creadas por eles foron as que despois luciro durante o espactáculo de Castrolandín en Cuntis. O venres pasado remataron a súa estadía en Cuntis.
Deportes
BALONCESTO ACB: OBRADOIRO EMPEZA A LIGA CONTRA O BARSA EN SANTIAGO
Será a fin de seman do 10/11 de outubro cando arranque a liga ACB (a considerada por todos a 2ª mellor liga do mundo). e este ano imos ter a un club santiagués, o Obradoiro, disputando dita liga.
Pois o sorteo deparou que na 1ª xornada acuda ó pabillón do Sar, o todopoderoso Barcelona (actual campión da liga).
O calendario completo podedelo atopar:
Tamén sinalar que a campaña de socios do Obradoiro vai escomezar o próximo mércores 5 de agosto. Os prezos dos carnets de socio para toda a tempada van dende os 120 ós 360 ? (prezo por adulto normal). hai ate 7 zonas diferentes o pabillón cada unha cos seus prezos, segundo a ubicación. A directiva deste club soña con ter cubertas con aboados as 5.500 localidades que ten coma aforo este recinto deportivo.
Dende logo é unha oportunidade histórica para poder disfrutar do mellor baloncesto europeo preto do noso pobo.
Sociedade
«Queremos un museo galego onde se recollan os vehículos antigos».
O delegado en Santiago do Clube Galego de Automóbiles Antigos, Emilio Fraga (Santiago, 1949), organiza o segundo Paseo Turístico Vigo-Santiago polas rías, Ruta Xacobea da Costa, que se celebrará do 22 ao 26 de xullo e no que poderán verse auténticas reliquias automobilísticas. Emilio chegará a Santiago o día 25 ao volante do seu Fiat Balilla do ano 1935.
-¿Que se fará en Santiago?
-Os coches concentraranse na cidade o sábado 25 e o domingo 26. O sábado haberá en Praterías un concurso de traxes de época e logo quedaremos no Obradoiro. Ademais, os máis antigos estarán na Alameda para conmemorar o centenario da feira rexional de Santiago do 1909. O domingo haberá concentración na estación de Renfe e logo iremos ao Obradoiro para asistir á misa do peregrino.
-¿Cal é o obxectivo do paseo?
-Queremos facer un chamamento ás autoridades para que se faga un museo galego de automoción onde se recollan os vehículos antigos, e así todos poidan gozar deles. Queremos sensibilizar á xente, xa que se non se fai nada, estes coches acabarán desaparecendo ou marchando de Galicia.
-¿Haberá algunha sorpresa?
-Este ano traeremos un coche especial, un Brush do ano 1909, que foi o primeiro vehículo en atravesar Australia de norte a sur. Ademais, suponse que só hai dous no mundo e este estará en Santiago os días 25 e 26. Tamén levaremos o sábado a Alameda bicicletas do século pasado.
LA VOZ DE GALICIA, 14/07/09