Desgraciadamente confirmáronse tódolos temores e no día hoxe o alcalde comunicou á Delegación do Traballo os nomes dos tres representantes do concello no Grupo de Traballo Mixto que seleccionará aos alumnos e ao persoal docente, directivo e de apoio do obradoiro de emprego. Serán o propio alcalde e as concelleiras Margarita C. García Castro e Mª Isabel Castro Barreiro.
En lugar de respectar a súa palabra e aceptar a decisión de 6 dos 11 membros da corporación como se comprometeu ante os veciños e os medios de comunicación no pleno do 27 de outubro no pleno (máximo órgano onde está representada a vontade popular) o alcalde incumple e nos amosa que é un mintireiro e que non ten seriedade algunha. Non se trata dun mitin nin dun compromiso electoral que logo presenta problemas para cumprilo. Se trata dun pleno onde había unha decisión inminente que tomar e que quedou en facer o que decidíramos os concelleiros sen que houbera problema algún (económico, orzamentario, de legalidade, etc..) para non cumprilo.
Unha máis do noso alcalde que nun principio ofreceu un dos postos ao PP para tratar de que discutíramos os da oposición.
Parece claro que a cúpula do BNG fai oídos xordos do que está a suceder coa actitude do alcalde nacionalista, pero tamén o PSOE, cos famosos pactos, está a permitir estas tomaduras de pelo. Parece que tampouco tomán nota os socialistas.
En fin, agora só lle queda ao Sr. Alvarez Angueira ir a TV Salnés para dicir que os da oposición somos o peor do mundo e que se fose por nós non se faría nada.
Luis Angel Sabariz Rolán
ACP de Pontecesures.