Andrea Jamardo: “Imos publicar unha antoloxía de relatos que inclúe un inédito de Mª Victoria Moreno”.

Andrea Jamardo, coordinadora de ‘Mulleres Bravas da nosa historia’.

Urco Editora publicou no seu día a única biografía infantil que se coñece de María Victoria Moreno, a escritora quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2018. Agora a editora galega ten entre mans reeditar obras descatalogadas amais dun inédito da escritora. Falamos con Andrea Jamardo, editora do proxecto.

– Como xorde este proxecto?
-Pois? nace a raíz da publicación dun volume da colección ??Mulleres Bravas da nosa historia??, dedicado a María Victoria Moreno. Pensamos que é unha autora esquecida no panorama literario actual e desde Urco Editora decidimos que non podía ser así polo que non dubidamos en contactar coa familia da escritora.

-Que tal vos recibiu a familia?
-Moi ben. O mellor de todo foi o ben que lles pareceu a idea que desde Urco decidimos levar a cabo. Falamos con Begoña, a súa filla, e Pedro, o seu marido, para saber como estaba o tema de dereitos e para ver se o proxecto que temos entre mans se podería levar a cabo ou non.

-Que se trae Urco Editora entre mans?
-Cando nos reunimos coa familia, falamos da idea de reeditar obras de María Victoria Moreno que están descatalogadas, obras que só se poden atopar nalgunhas bibliotecas, moi poucas, pero que non se poden mercar. Explicamos en que consistía o noso proxecto e que nos parecía inxusto que as crianzas de hoxe non tivesen a oportunidade de acceder a esas obras. E obviamente, ambas partes coincidimos.

-Ten algo que ver que a Real Academia Galega decidise homenaxear a María Victoria Moreno co Día das Letras Galegas 2018?
-Non, para nada! Amais pasou algo moi curioso e inesperado, talvez o destino, non sei. Teño que dicilo, por que a verdade é que me sentín moi agradecida con Begoña e Pedro e moi entusiasmada. A reunión coa familia estaba programada para o mes de abril, mais tivemos que aprazala, e coincidiu en que, o día após da xuntanza, soou o meu teléfono e quen era? Begoña, a filla de María, para contarme que a Academia decidira outorgarlle o Día das Letras Galegas 2018. A miña resposta? Xa era hora de que o seu labor e traxectoria tivese o recoñecemento que merece.

-Entón… por que María Victoria Moreno? Que significado ten para Urco Editora?
-Unha das razóns pola que decidimos reeditar publicacións de María Victoria Moreno é que foi unha pioneira e nos continuamos a considerala así. A súa dedicación e o seu afán por poñer como protagonista as nenas en historias de aventuras, o seu querer rematar co rol estereotipado de que as nenas xoguen con bonecas e os nenos ao fútbol e a súa loita constante pola igualdade e a defensa da muller, fíxonos e fainos sentir orgullo por ela e o seu traballo. Escribiu moito e moi ben, publicáronse obras moi interesantes, non só novela en galego, tamén ensaio e poesía.

-Que nos podes adiantar sobre este novo proxecto?
-Podo dicir que desde hoxe e até o mes de decembro imos reeditar dous dos contos infantís que máis repercusión tiveron de María Victoria Moreno, e que estaban descatalogados. O primeiro de eles ha ser ??O cataventos??, que estará ilustrado por Lara Torres; e ??A brétema??, ilustrado por María Montes ha ser o segundo conto que imos reeditar. Amais, imos publicar unha antoloxía de relatos, editada polo meu compañeiro David Cortizo, porque nunha das reunións que tivemos coa familia da escritora déronnos a boa nova de que existen dous escritos inéditos que non se chegaron a publicar. Un deles leva por nome ??O amor e as palabras?? e pareceunos moi acaído que a antoloxía de relatos xuvenís levase ese título; persoalmente, penso que ela mesma o tivese escollido.

-Iso até decembro. E para despois? A longo prazo tedes algo pensado?
-A verdade é que temos moito material, grazas á boa relación que temos coa familia e a súa colaboración. Podo adiantarche que imos reeditar tamén o poemario infantil Xa non teño medo. Mais, agora mesmo e até decembro imos centrar o traballo nos dous contos infantís e na antoloxía de relatos xuvenís que contén un dos inéditos.

-Que obra destacarías de todo o seu traballo literario? E por que?
-? difícil quedar cunha, porque escribiu e publicou case todo tipo de xénero literario, e todo o que escribiu foi interesante e novidoso para min. Mais, se tivese que destacar ou quedar con algunha das súas obras, sen dúbida decántome por Mar adiante (1973). Após da publicación de Memorias dun neno labrego (1961) de Neira Vilas, María Victoria Moreno escribiu e publicou a súa primeira novela en galego coa que tentou romper os estereotipos de xénero. Decidiu pór como protagonista dun libro de aventuras unha nena, mentres por aquel entón en todas as obras eran elas as que esperaban seren resgatadas por un príncipe; ela quixo rematar con iso, como dixen antes, era unha muller brava.

Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) e finada en Pontevedra o 21 de novembro de 2005. María Victoria Moreno viaxou cara á Galiza e cara ao galego, habitouno e convidou á súa viaxe a incontábeis mozas e mozos. Alumna de galego e mestra, mesmo cando o ensino da lingua propia do país aínda estaba fóra da lei, declarou en 93 que o seu co galego era ??simplemente, unha historia de amor?.

O seu traballo literario foi preciso para entrar en contacto co idioma para varias xeracións de estudantes do país. Anagnórise (1988) é a referencia masiva cunha vintena de edicións, xunto a ela Leonardo e os fontaneiros (1985) ou Guedellas de seda e liño (1999). A autora contactou coas crianzas desde a ficción, pero tamén desde os libros de texto. Foi coautora dalgúns dos primeiros manuais de literatura galega para BUO e COU, amais de formar profesorado nesa mesma materia. Alén da literatura infantil e xuvenil, é peza imprescindíbel para entender a autora o seu derradeiro traballo: Diario da luz e da sombra (2005), un sereno ensaio ao fío do cancro de mama que inxustamente decidiu por fin á súa apaixonante vida. O seu traballo estendeuse, asemade, á tradución, á poesía e mesmo á edición como codirectora da colección infantil Árbore.

Por decisión da Real Academia Galega, María Victoria Moreno será a escritora á que se renda tributo no Día das Letras Galegas 2018, o que a converte na cuarta escritora en merecer tal distinción desde que se instituíu en 1963.

Sermos Galiza

El pleno de Valga aprueba las medidas urbanísticas para ampliar Extrugasa.

El pleno de Valga aprobó la modificación puntual del Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) y el plan parcial que posibilitarán la ampliación de las instalaciones de Extrugasa, la mayor industria que hay en el municipio tanto en superficie ocupada como en número de empleados. La modificación del PXOM permitirá eliminar un sistema vial que impide el crecimiento de la fábrica y el plan parcial supondrá la cesión al Concello de 18.448 metros cuadrados de suelo urbanizable libre de cargas.

Según indicó el alcalde, José María Bello Maneiro, estos acuerdos permitirán potenciar la actividad económica en el municipio además de generar puestos de trabajo. «? unha noticia moi importante para Valga», señaló el regidor.

El pleno también aprobó el convenio suscrito en julio del 2016 entre el Concello y Extrugasa, precisamente, para desarrollar urbanísticamente los terrenos objeto de la modificación, situados en las inmediaciones de la fábrica de Campaña, calificada como suelo urbanizable delimitado de uso industrial en el PXOM del 2010.

Ambos acuerdos se adoptaron en el pleno celebrado el jueves con los únicos votos del grupo de gobierno (PP).

En la misma sesión se aprobó solicitar a la Diputación de Pontevedra una subvención de 849.022 euros para poder concluir las obras del edificio administrativo, donde está previsto ubicar el juzgado de paz, la sede de la policía local, el archivo municipal, una biblioteca, Radio Valga y otras oficinas municipales. Otras actuaciones como la mejora del parque Irmáns Dios Mosquera y el entorno de la playa fluvial de Vilarello se pretenden financiar con cargo a la Caixa de Anticipos de la Diputación.

Otros acuerdos adoptados el jueves se refieren a la contratación por procedimiento abierto del servicio de Radio Valga y a la creación de una línea de ayudas para el transporte destinada a estudiantes.

La Voz de Galicia

La Xunta activa un plan de 900.000 euros contra las inundaciones en Valga.

El próximo lunes arrancarán las obras para prevenir desbordamientos en el río Soutiño a su paso por el núcleo de A Devesa (Valga). Si bien los trabajos se remontan al mes de agosto, cuando se acometió la limpieza del cauce, será la próxima semana cuando se ejecuten las obras recogidas en un proyecto que supondrá una inversión de 900.000 euros y que afectarán, también, al río Valga. Con estas actuaciones, «preténdese poñer fin aos asolagamentos que periodicamente padecen os veciños, sobre todo os residentes na Devesa e Campaña».

Al menos, eso espera el alcalde de Valga, el popular José María Bello Maneiro, quien recalca que se van a acometer obras para encauzar el río Soutiño entre la PO-548 y la confluencia del río Valga, con actuaciones en tres tramos distintos. El proyecto incluye también mejoras en el río Valga, con la prolongación de la defensa del margen izquierdo en una zona, además de otras medidas que se abordarán en todo su recorrido por esta localidad del Baixo Ulla.

La Voz de Galicia

Reordenación dos accesos ó colexio CPI DE PONTECESURES

No día de hoxe comezaron as ??Obras de mellora da seguridade viaria en diversos viais municipais?. O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación integral de mellora da seguridade viaria en un número importante de camiños e rúas municipais (Regadío, Ensanche, Barosa, San Lois, Rial, Carreiras, Carlos Maside e Calera),  así como a reordenación do tráfico no entorno do colexio (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo), coa finalidade de mellorar tanto a seguridade como a fluidez do tráfico en horario de entrada e saída do colexio.

Estas obras foron adxudicadas á empresa N.O.S.A. cun presuposto de 48.805,03? financiado polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

A actuación integral trátase dunha actuación sinxela, na que únicamente se prevé executar uns redutores de velocidade realizados con aglomerado asfáltico (previo fresado parcial da zona de actuación), coñecidos como lombos de asno, de 1,80 metros de largo, sinalizados con pintura viaria e sinalización vertical ao inicio das rúas ou camiños.

A reordenación na zona do colexio que se realizará nunhas rúas urbanas (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo) que actualmente contan con dobre sentido e pouco aparcamento, consistirá en  reordenar o tráfico deixando o tramo no que se actúa (desde a biblioteca ata a rúa Ullán) dun único sentido, aumentando as prazas de aparcamento que darán servizo tanto ao colexio como ao centro de saúde, a biblioteca e o club xuvenil, reservando zonas para parcamente de persoas con mobilidade reducida, ambulancias e buses, todo isto mediante sinalización horizontal e vertical, e mediante a instalación de bolardos flexibles para protexer a circulación de peóns nas zonas de plataforma única. Tamén se reformará un paso de peóns existente fronte ao colexio, para elevalo e facelo accesible, ao tempo que funcione como redutor de velocidade, e se substituirá un tramo de 43 x 2,60 metros de pavimento en mal estado na zona de aparcamento diante da escola infantil.

Ante a realización destas obras e as conseguintes dificultades iniciais dos conductores para a adaptación ós novos sentidos das rúas, o equipo de goberno solicita a máxima comprensión polas molestias xeradas.

PLANO DESTA REORDENACI?N EN ARQUIVO PDF

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN CARREIRAS E NO COUTO PARA O XOVES 7 DE SETEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Mañán XOVES 7 DE SETEMBRO procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a obras de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • CARREIRAS (So a área do lavadoiro).
  • O COUTO.

O tempo aproximado do corte no suministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN TODO O CONCELLO NA XORNADA DO XOVES 31 DE AGOSTO.

 

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do xoves 31 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable de TODO O POBO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento.  Polo tanto, veránse afectadas todas as rúas de Pontecesures.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 8.00 ás 14.00 horas. Recomendase aos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.