Este pasado fin de semá o Náutico acudiu a terceira das regatas nacionais de pista, esta vez sobre a distancia dos 200 metros no lago da Casa de Campo en Madrid. Acudiron un total de seis palistas das diferentes categorías:
Estos foron os resultados acadados polos palistas:
? Ruiz Rodríguez: K1 senior: eliminado nas previas
? Adrián Vicente: C1 cadete: eliminado nas semifinais
? Lorenzo Riveiro: C1 cadete: 10º posto
? André Oliveira: C1 cadete: 3º posto
? Marcos Pesado: C1 xuvenil: eliminado nas semifinais
? André Oliveira/Adrián Vicente: C2 cadete: 2º posto
? Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 12º posto
? Clasificación por clubs: 18º posto de 50 clubs
En liñas xerais foron uns bos resultados, conseguindo o Náutico duas medaias, a de André Oliveira, nesta vez en partida doble, na sua participación en embarcación individual e formando parella con Adrián Vicente. A nivel de clubs despois desta competición o Náutico segue consolidandose nas regatas de pista entre os 25 primeiros clubs de toda España.
A próxima competición do Náutico será este vindeiro fin de semá ca disputa do Campionato Galego de Pista en Castrelo de Miño, nas distancias de 500 e 1000 metros, para as categorías cadete e xuvenil, tanto en embarcación individual, doble e de catro palistas.
Sen máis, un saúdo, Javier Bouzas, adestrador do Náutico Pontecesures