André Oliveira Campión de España 2006

Este fin de semána pasado non foi un fin de semá calquera para a historia do Nautico Pontecesures, posto que se acadou o *primer Campionato de España en embarcación individual*. Antigamente outros xo intentaron na era do antigo universitario caso de Juan Jesús Piñeiro no ano 1998 e Iván Figueira no 1997 ambos medallistas en Campionatos de España pero ningún deles conseguiu subir o máis alto do caixón.

podiumEsta pegada para historia do club consegiuna André Oliveira no embalse de Castrelo de Miño que despois de completar unha estupenda regata logrou cruzar a meta en primeiro lugar. Non era unha tarea fácil, diante del habia rivales de grande calidade, pero a fortaleza e a coraxe demostrada por este deportista levarono a conseguir o subcampionato galego e como escalafón final a temapada invernal o Campionato de España na categoría cadete.

A competición iniciouse o sábado a maña cunha proba contrarreloxo na distancia de 2.000 metros para realizar unha selección de palistas que finalmente poden acceder a disputar o Campeonato de España. Desgraciadamente neste corte quedaronse fora da final Lorenzo Riveiro e Cristian Barreiro pasando a final André Oliveira, Adrián Vicente e Marcos Pesado. A final de 5000m  para os cadetes disputouse o sábado pola tarde e para a categoría xuvenil o domingo pola maña.

Os resultados obtidos por estos deportistas foron os seguintes:
* Marcos Pesado:26º posto C1 xuvenil
* Adrián Vicente: 10º posto C1 cadete
* *André Oliveira: 1º posto C1 cadete*

Con esta competición cerrase a tempada invernal dando paso as competicións de velocidade e as competición de ríos e travesías.

POR: JAVIER BOUZAS, ADESTRADOR NAUTICO PONTECESURES

Regata Vila de Rianxo

O pasado sábado 11 pola tarde o Concello de Rianxo en colaboración co Club Piragüismo Rianxo organizou unha regata de carácter amistoso coincidindo co aniversario da fundación do club.

Os cadetes e junior foron ca intención de preparar a posta a punto cara o campeonato de España e os máis cativos de ver a evolución de todo o adestramento realizado no inverno posto que era a primeira regata para eles.

Os resultados máis destados son os seguintes:

* Jorge Riveiro: 1º posto K1 alevin
* Samuel Vázquez: 3º posto K1 infantil
* Álvaro Loureiro: 1º posto C1 infantil
* Javier Bernal: 2º posto C1 infantil
* André Oliveira: 3º posto C1 cadete
* Samuel Vázquez/Ismael Llerena: 2º posto K2 infantil
* Javier Bernal/Álvaro Loureiro: 1º posto C2 infantil

Recordovos a todos os cesureños que este fin de semá vaise a celebrar o Campeonato de España no embalse de Castuelo de Miño (Ribadavia) que será retransmitido pola TVG en directo, donde o máximo expoñente do Nautico Pontecesures a conseguir algunha das medallas en xogo será André Oliveira logo de proclamarse subcampion galego.

Por: Javier Bouzas – Adestrador do Náutico Pontecesures

Campionato Galego de Inverno. André Oliveira Subcampeón galego

André
O pasado domingo 5 de marzo disputouse o Campionato Galego de Inverno na localidade de Ribadavia, donde o club Náutico Pontecesures partía ca intención de igualar ou mellorar os resultados conseguidos o fin de semá pasada no Control Galego de Inverno. Desta vez non puido ser é o único resultado positivo acadado foi o subcampionato obtido por André Oliveira, que completou unha estupenda regata.

(más…)

Control galego de Inverno 2006. Castrelo de Miño

Este domingo 26 de febreiro comezaron oficialmente as competicións para o Náutico Pontecesures ca disputa do Control Galego de Inverno. Esta primeira competición do ano celebrouse na localidade de Ribadavia para as categorías cadete, júnior e sénior. Asistiron a competición cinco palistas, tres dos cales pertencen a categoría cadete e dous a júnior, todos eles na modalidade de canoa. Os resultados máis destacables foron o 2º posto acadado por André Oliveira e o 6º posto acadado por Adrián Vicente en C-1 cadete na distancia de 5.000 metros. Esta medalla significa a primeira medalla na nova era do Náutico dentro das competicións denominadas de pista. Asemesmo os outros participantes tamén fixeron unha boa actuación.

* André Oliveira: 2º posto cadete
* Adrián Vicente: 6º posto cadete
* Cristián Barreiro: 19º posto cadete
* Marcos Pesado: 14º posto junior
* Carlos Castro: 18º posto junior
* Clasificación por clubes: 14º posto

Este vindeiro domingo 5 de marzo no mesmo lugar celebrarase o Campionato Galego de Inverno donde participarán ademais dos citados palistas Lorenzo Riveiro que causou baixa no Control. As maiores esperanzas irán albergadas en André para que poida repetir a actuación pasada e conseguir algún metal no Galego.

*JAVIER BOUZAS. Adestrador do Náutico Pontecesures*