«Creo que antes do verán haberá moción de censura».

O luns, o pleno deixou ben claro o novo escenario político de Cesures: un goberno en minoría e á espera dun desenlace.

Sóbralle carácter, pero nin con todo o seu xenio consigue Cecilia Tarela disimular o enfado por ver abortada a aprobación da nova Relación de postos de traballo do Concello. Ese documento foi a primeira batalla perdida por un goberno que, dende o pasado xoves, está en minoría.

-A RPT non ten nada que ver coa política, son dereitos dos traballadores. Intentaron amañalos no 2003 cun convenio colectivo que tamén foi abaixo. Xa son anos suficientes defendendo os seus dereitos.

-Deu datos no pleno dalgúns salarios moi baixos. Hai quen se pregunta que pasa coa xente que máis cobra…

-A xente que máis cobra… Pois a persoa que máis cobra é a secretaria interventora, que cobra 38.398 euros ao ano. Fixemos comparativas con outros concellos e resulta que é a que menos cobra de toda Galicia. Por non dicir que na maior parte dos Concellos os cargos de interventor e secretario están xa separados, e aquí hai un solo. E que ten responsabilidades penais e civís. Propúñamos que cobrase 54.856 euros, sen que se pase do tope que marca a Ley de Presupuestos. Aquí hai subidas para todos os traballadores porque hai vinte anos que non se tocan os salarios, e a maioría non chega aos 20.000 euros anuais. Pero poño exemplos: a traballadora social, que sempre ten a porta aberta, que vai a xuízos e que nun concello coma este ten moito traballo, cobra 20.260 euros, e os policías locais 14.201 euros ao ano. ¿Que pasen a cobrar 27 e 19 mil respectivamente parécelle moito á oposición? A min non.

-¿E o do reparo da secretaría ao que apelou a oposición?

-O único que podería conlevar este asunto é unha falta administrativa porque a subida supón un aumento da masa salarial. Pero nos últimos anos aprobáronse RPT en moitos concellos, tamén do PP, e todas co mesmo reparo.

-¿A RPT xogou un papel tan determinante como parece na saída de TeGa do tripartito?

-Non. Creo que o problema que hai en TeGa é unha falla de comunicación entre eles. Ángel era sabedor da RPT, estivo na comisión de goberno na que se adxudicou a súa redacción. Se el non llo comunica ao seu grupo… Ángel Souto nunca puxo ningún tipo de interese neste asunto.

-Dixo Ángel Souto que non é o mesmo gobernar con Luís Álvarez Angueira que con Cecilia Tarela…

-Cecilia Tarela está aquí todos os días e mira con lupa todo o que se fai aquí.

-¿E atopou algo mal feito?

-Creo que é suficiente dicir que se mira con lupa todo o que se fai.

-Outra das queixas de TeGa é que se bloquearon algunhas das súas accións de goberno.

-Vou dar datos concretos. Jorge Janeiro cóntanse as veces que veu ao Concello. E Ángel Souto, desde que entramos, estivo de vacacións do un ao 20 de agosto, e de baixa do 9 de outubro ao 17 de decembro.

-Eles queixábanse dos atrancos postos, por exemplo, á ordenanza de participación cidadá.

-Da ordenanza de participación cidadá enterámonos as concelleiras do BNG nun pleno de que xa lle fora presentado un borrador á oposición. Pedímolo e vimos que era unha ordenanza que se metía en asuntos de todas as concellerías, desde a xestión das asociacións culturais, ao regulamento dos locais municipais ou a información aos medios de comunicación. Fixemos unha serie de anotacións sobre o tema, e non nos volveron comentar nada máis do asunto.

-¿E a partir de agora?

-Pois agora imos seguir gobernando en minoría.

-¿En que están traballando?

-O entroido témolo practicamente listo, estamos organizando a Festa da Lamprea e traballando nos orzamentos. Se conseguimos consensualos aprobaranse e, se non, prorrogaranse. Sabemos que non vai ser fácil. Pero haberá que esperar. ? cuestión de tempo que haxa movementos, de feito xa os está habendo.

-Parece que está preparada para unha moción de censura.

-Si. Non é que estea preparada, e que a estou esperando. Creo que vai haber moción de censura e que será pronto. De feito, atreveríame a dicir que vai ser antes do verán.

-¿? posible reconducir a situación co grupo de TeGa?

-Non

-¿Non é moi contundente?

-A reconciliación é imposible desde que o xoves presentan o escrito de renuncia no rexistro do concello sen dar máis explicacións que as que saíron nos medios de comunicación. Pero, en fin, isto pásanos con aliarnos con quen non debemos.

-Pero no mandato anterior a fórmula funcionou.

-Pero dende aquela cambiaron as cousas.

-¿A alianza BNG-PSOE está ben de saúde?

-Eu creo que si.

-¿E na dirección do seu partido que lle din?

-Que teño todo o seu apoio, claro, en Pontevedra e na Nacional.

-Así que antes do verán vese na oposición.

-Tempo ao tempo. Irémonos á oposición, a traballar dende alí o que queda de mandato. Xa estiven e xa sei o que é, non me vai coller de novas. Pero cando chegue ese momento, haberá que mirar se o PP cumpre todo o que dixo en campaña e se veñen todos traballar aquí gratuitamente.

La Voz de Galicia

La ruptura del tripartito tumba la revisión de la plantilla de Pontecesures.

Los plenos municipales no suelen levantar demasiada expectación entre los vecinos de Pontecesures. Así que encontrarse el frío salón noble del ayuntamiento con casi todos los asientos del público ocupados supone toda una novedad. Ocurrió ayer, con motivo del debate de la Relación de Postos de Traballo, el documento que reorganiza al personal municipal y actualiza sus salarios. Su elaboración y su contenido ha desatado una gran tormenta política en la localidad, y ha sido uno de los argumentos esgrimidos por TeGa para justificar la salida de sus dos concejales del gobierno municipal, que se ha quedado en minoría. Este, integrado por BNG y PSOE, estrenó ayer su nueva condición con un trago muy amargo: ver como la RPT caía, debido a los siete votos en contra cosechados de los grupos de la oposición.

El debate, tal y como se esperaba, fue bronco. Nada más leerse la explicación oficial de la RPT y de los cambios que en ella se recogen, el portavoz de TeGa, Ángel Souto, tomó la palabra para lamentar que el asunto no quedase sobre la mesa a la espera de un consenso futuro. «Se nos obriga a votar en contra», sentenció. Desde el PP, Juan Manuel Vidal Seage indicó que su grupo no iba a apoyar un documento «que non é acorde á lei e que non sabemos se é viable economicamente». «Pretenden que nos saltemos a lei a la torera», reprochó a la alcaldesa, Cecilia Tarela (BNG). Por IP, Francisco García Sobrino se alineó con los argumentos de los populares y afeó también al gobierno la falta de tiempo que tuvo la oposición para estudiar el documento y la falta de diálogo que caracterizó, dijo, su redacción.

Cecilia Tarela, que ya había anticipado el golpe que se avecinaba, aseguró que la RPT «non se salta ningunha lei». Ninguna subida de sueldo planteada para ninguno de los trabajadores incumple los límites que marca la Ley General de los Presupuestos del Estado, ni el montante total incumple con dichos preceptos, «nin se come os orzamentos municipais». Tarela considera «moi inxusto que fixerades disto unha guerra política». «Estades castigando os dereitos dos traballadores», espetó al final del pleno. Antes había dado números concretos para explicar su defensa de la RPT. «Esta é unha vella reivindicación dos traballadores do Concello». Unos trabajadores, dijo, que cada vez asumen más tareas «e que sempre botan unha man». «Nin con esta subida salarial van ser ricos os nosos traballadores». Y puso ejemplos concretos: un barrendero, por cuarenta horas de trabajo semanales, cobra 800 euros; los monitores deportivos «que se fan responsables dos vosos fillos», perciben también por 40 horas un montante de 733 euros. «Que alguén me diga que estes son salarios dignos», protestó la regidora, que acusó al PP de que «os dereitos dos traballadores impórtanlles ben pouco».

Pero ni su encendida defensa del texto cambió lo que ya parecía escrito: la oposición votó en bloque contra el documento.

La Voz de Galicia

Cesures llevará a pleno la subida de los salarios de la plantilla municipal.

Aunque el documento ha recibido el visto bueno de los representantes de los trabajadores, parece que en el pleno va a haber mucho de qué hablar.

El gobierno local de Pontecesures llevará al próximo pleno una nueva Relación de Puestos de Trabajo. Un documento que reorganiza la plantilla y actualiza unos salarios que, según explicó la alcaldesa Cecilia Tarela, llevaban años sin tocarse. Aunque el documento ha recibido el visto bueno de los representantes de los trabajadores, parece que en el pleno va a haber mucho de qué hablar. El portavoz del PP, Juan Manuel Vidal Seage, explicaba ayer que el documento tiene un informe contrario de Secretaría e Intervención. «Levántase un reparo, e para eliminalo hai que facelo en pleno. Levar ese asunto así é case tanto como pedirnos aos concelleiros que nos saltemos a Lei de orzamentos do Estado». Algo que el PP no está dispuesto a hacer.

Según explica el portavoz del PP, el documento presentado por el gobierno local recoge un incremento salarial medio de un 30 %. «Pero hai xente que ten un incremento do 87 %, outros do 20, e outros de menos. Para un presuposto de dous millóns de euros parécenos que é absolutamente inviable, que compromete inversións e gastos correntes». Entiende Seage que «é razoable subir o salario dos traballadores e organizar de novo as súas funcións. Pero non nas cantidades que se están barallando. Se ademais hai un informe negativo da Secretaría e da Intervención, está claro que algo se está facendo mal».

La Voz de Galicia

Quejas del PSOE en Caldas por la falta de inversión en la comarca.

«Apagón orzamentario». Con esas dos palabras definió ayer el PSOE los Orzamentos de la Xunta para el 2016 en la comarca Ulla-Umia. El diputado del PSdeG Pablo García se comprometió en un encuentro con el alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, y los portavoces socialistas en Barro, Pontecesures, Moraña y Cuntis a presentar una «ofensiva de emendas» para saldar lo que calificó de «débeda histórica» con estos municipios.

En el caso de Caldas, reclaman la construcción de un nuevo centro de salud y actuaciones de saneamiento en el río Umia. En Barro también piden un ambulatorio y la mejora de la seguridad en la PO-531. En Moraña la principal demanda es la segunda fase de la carretera Porráns-Cuntis, y en Cuntis, la ampliación del polígono industrial de A Ran, algo fundamental para dinanizar la actividad económica y el empleo en la comarca, dijeron.

La Voz de Galicia

As exclusivas dos tres tenentes de alcalde de Pontecesures nestes catros anos tiveron un custo duns 288.000 ?.

Por seis votos a favor (BNG, PSOE e TeGa) e 5 en contra (PP, IP e ACP) aprobouse onte no pleno o orzamento 2015 de Pontecesures que ten un importe de 2.072.735,20 euros en ingresos e 1.987.615,46 euros en gastos. A sesión extraordinaria, á que non asistiu nin un só espectador, foi breve, uns 20 minutos, tendo en conta, tamén, que non había máis asuntos na orde do día.

A ACP non atopou maiores novidades nos orzamentos, destacando en ingresos as importantes cantidades que transfire a Deputación Provincial de Pontevedra para diversos plan de obras e para a promoción do emprego. Os investimentos son todos finalistas (coas achegas doutras administracións públicas) agás que está previsto adquirir un novo vehículo para obras.

O voto en contra da ACP estivo baseado fundamentalmente no seguinte:

1. Nunca estivemos de acordo en que se consignen tres adicacións exclusivas remuneradas para os membros da corporación. Asi neste orzamento van consignados uns 72.000 euros para estas retribucións entre salarios e cotas patronais da seguridade social. Deste xeito, nestes catro anos de mandato o goberno local gastou en retribucións para tres dos seus seis integrantes nada menos que 288.000 euros, aproximadamente. Nun pequeno concello como o noso isto non pode ser. Canto se podería facer adicando estes cartos a outras finalidades.

2. Resulta moi prexudicial nos tempo que vivimos subir o IBI para 2015 como fixo o goberno local. Se o ano pasado a cota incrementouse nun 6% para os inmobles de menor valor catastral, neste increméntase tamén nun 6% para os inmobles de valor catastral superior á media. E ademáis o goberno local tomou a decisión de «tapadillo», sin levala ao pleno nin tampouco dar conta da mesma.
Os veciños non entenden que haxa que pagar a tres concelleiros e aínda por enriba que nos suban os impostos.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures