Angueira leva o orzamento ao pleno sen apoios da oposición

O alcalde recoñece que «ten pouca fe» sobre a súa aprobación. As contas ascenden a 1,6 millóns de euros e preséntase á corporación con medio ano de atraso

O goberno local de Pontecesures non quere acabar o ano sen tentalo. Este sábado somete a votación plenaria o orzamento do 2006 aínda sabendo que só un milagre podería salvar o punto. O bipartito (BNG-IP) está en minoría e precisa a lo menos dun voto máis para aprobar o documento. A alianza natural sería atopar este apoio no PSOE de Gerpe ou na ACP de Sabariz, pero a situación política que se vive en Pontecesures non favorece ningún tipo de acordo neste sentido.
(más…)

El concello destina una ayuda de Vicepresidencia al parque infantil del colegio Infesta.

El bipartito de Pontecesures destinará los 12.000 euros de la subvención concedida por la Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar para adaptar juegos infantiles al que se encuentra en el colegio público de Infesta, al tratarse de uno de los más utilizados. Las mejoras consistirán en el ciere perimetral, dotación de papeleras y equipación de juegos nuevos, todos homologados conforme a la ley.

FARO DE VIGO 26/11/06

Manuel Luis Álvarez: ‘Non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición’

p(centrado). altoparlante.jpg

O nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira afronta a recta final da súa segunda lexislatura á fronte do Concello de Pontecesures; un mandato duro no que a ruptura do goberno tripartito que compartía cos independentes Luis Ángel Sabariz e Maribel Castro – que aínda segue a ser a súa socia – deu un xiro a situación municipal. En minoría, a gobernabilidade complicouse pero Angueira está satisfeito das cousas logradas «a pesar da oposición», á que acusa de «acosarme permanentemente». Segue a ter ilusión por traballar polo municipio e, por iso, avanza que optará de novo á reelección nos comicios de maio de 2007 cun obxectivo claro: acadar a maioría absoluta.

(más…)

Bandeira en Pontecesures

Tiña o compromiso co alcalde de Pontecesures de ler o pregón da festa da lamprea, e alá fun. Tratáronme moi ben e vin no salón de plenos unha curiosa bandeira galega de seda natural. Curiosa porque a franxa azul baixa de dereita a esquerda e no centro ten o escudo municipal bordeado cun letreiro que di: «Los cesureños de La Habana a la Liga de los Amigos del Carmen». Souben logo que a trouxera de Cuba Xosé Llerena, presidente da Sociedade de Pontecesures, en 1912, e que fora solemnemente «despedida» no Parque da Fraternidade da Habana por un numeroso grupo de asociados. Nin ben chegou a destino foi bendicida por un frade carmelita con padrinos e todo. ? longo do século pasado e no que vai do actual esta bandeira vén presidindo as procesións anuais do Carme, escoltada por doce mariñeiros cos remos ó lombo.
(más…)

Inauguración do Restaurante Olivo en Pontecesures

imaxe comida

O sábado día 25 de novembro a partir das 19,00 horas terá lugar o acto de inauguración do Restaurante Olivo que está situado na Avenida de Vigo nº 12 (nun dos marxes da estrada N-550, preto do parque infantil «Vicente Moure»).

O restaurante estará especializada en comida galega, mediterránea e europea.

Foi convidada para asistir ao acto a corporación municipal. Quero agradecer este detalle.