O alcalde de Pontecesures, Luís Álvarez Angueira, xa dixo en máis dunha ocasión que daba por rematado o debate político sobre os gastos de gasóleo do parque móbil municipal, pero, ao seu pesar, terá que seguir dando explicacións ao respecto.
Desde que o pasado mes de xuño se celebrou un pleno monográfico sobre o tema – a petición do Partido Popular – a oposición non deixou escapar ningún pleno sen sacar a relucir o asunto no capítulo de rogos e preguntas e xa anunciou que levaría o asunto ao xulgado.