Más tarde de lo anunciado pero, finalmente, el Partido Popular de Pontecesures ha trasladado sus sospechas sobre el excesivo consumo de gasóleo en el parque móvil del Concello al juzgado. Su portavoz municipal Ángel Souto Cordo acudió ayer al juzgado de Caldas para presentar una denuncia que va directamente dirigida contra el alcalde Luis Álvarez Angueira y el encargado del departamento de obras, Xurxo Gerpe.
(máis…)
Manuel Luis Álvarez Angueira: ‘El polígono industrial es imprescindible’
El proyecto previsto con el parque empresarial supone el despegue definitivo y radical para nuestro municipio” ·· “La oposición que tenemos es de las peores, sólo con insultos y con un nivel político a ras de nuestras aceras”··”Pontecesures puede ser un muy importante referente dentro de la comarca por su situación”··”Ahora mismo nuestra urgencia pasa por lograr un centro de día para atender a los mayores”
(máis…)
Hoxe pleno do gasoil. A ACP aporta datos sobre os consumos en 2006 do Patrol de obras.
NOTA DE PRENSA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Hoxe martes ás 18 horas celébrase un pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular para que o alcalde de explicacións sobre o desorbitado consumo de combustible de vehículos de obras (fundamentalmente do Patrol M-3287-LS). En xuño pasado xa houbo un pleno destas características sobre os consumos de 2005 e agora, ao parecer, as preguntas vanse referir aos consumos de 2003, 2004 e á comparativa dos consumos en 2006 antes e despois da denuncia.
Nestlé Pontecesures ??La lechera?, concede unha canoa de máxima calidade ó palista do Club Náutico Pontecesures Campión de España de Inverno e integrante da Selección Nacional Junior.
A Dirección do Club Náutico Pontecesures, cá satisfación de contar entre os seus palistas con un Campeón de España de Inverno e actual integrante da Selección Nacional Junior, convocado e concentrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia, inicia contactos ca Directora da Fábrica Nestle ??La Lechera? de Pontecesures, que gracias ó seu interese polo traballo e resultados que se estan a conseguir neste Club, xestiona a través da Dirección Xeral de Nestlé España, que se rindan ó esforzo deste palista e recoñezan o traballo realizado polo palista e polo Club para conseguir uns resultados tan importartes. Os resultados desta xestión permiten a Dirección Xeral de Nestlé, mercar unha Canoa da máxima calidade para utilización de este palista nas competicións de máximo nivel que disputará por todo o territorio naciónal e campeonatos internacionais.
Esta embarcación levará inscrita na súa superficie os logotipos de ??Nestlé? e de ??La Lechera?, nova simboloxía da Fábrica de Pontecesures.

Javier Bouzas[1] – María do Carmo Pinto Ferreira[2] –
André Oliveira[3] – Angel Barreiro[4]
Dende a Dirección do Club Nautico Pontecesures, agradecer a Directora de Nestlé Pontecesures Srta. María do Carmo Pinto Ferreira, e ó Xefe de Recursos Humanos, D. José Manuel Carregal Dieguez, o interese por colaborar con este Club, e o seguimento que realizan do traballo e resultados que se están a conseguir dentro do Piragüismo nesta pequena localidade, a cal sin embargo goza dunha gran tradición nos deportes náuticos.

André Olivera
Campeonato de España de Fondo 2006
fn1. Director Técnico
fn2. Directora Fábrica Nestlé ??La Lechera? Pontecesures
fn3. Canoista Selección Nacional Junior.
fn4. Presidente do Club Náutico Pontecesures
Club Náutico Pontecesures – Analise da tempada polo Presidente
Neste remate de tempada 2005-2006, e a piques de comenzar a 2006-2007, coincidindo co exposto polo adestrador Javier Bouzas, quero destacar o traballo experimentado dos palistas André, Adrián e Alvaro, que gracias á súa entrega, esforzo e especial dedicación, acadaron resultados importantes que lles permiten estar selecciónados cos mellores palistas do pais no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia. Miña felicitación tamén para todos os demais palistas, algúns que levan varios anos e outros que escomenzaron este ano ca posta en práctica da Unidade Didáctica que desarrollamos có Colexio de Pontecesures e que permiteu mostrar mais de cerca ós nenos e nenas do pobo, a beleza deste deporte, os cales, lonxe dun simple contacto ca actividade, adquiriron a destreza necesaria para mostrar o seu potencial en cada unha das regatas do calendario de competicións ás que asistiron, logrando entre todos un resultado histórico na clasificación do Club, tanto na Liga Nacional como na Copa Xunta.
Tamén agradecer a labor e o esforzo e dedicación dos pais, cuia labor e fundamental en moitos dos aspectos da actividade do Club, traslado de nenos a regatas, competicións e adestramentos, busqueda de recursos económicos, e todo no que se poida votar unha man. Para eles tamén o meu maior recoñecemento, xa que forman parte dun dos pilares fundamentais que compoñen a extructura deste Club.
Non me quero esquecer tampouco de todos os colaboradores e patrocinadores, os cales gracias a sua aportación, permiten a este Club deportivo, desarrollar esta labor cos cativos tan gratificante, participando asi nas distintas competicións por todo o territorio nacional e autonómico. Para todos eles un forte saudo.

a homenaxe ó campion de España de Inverno
Por ultimo non podo terminar este apunte sen dedicar unhas palabras a unha persoa chamada Francisco Javier Bouzas Castaño. Aproximadamente fai algo mais de dous anos e medio, como Presidende do Club Naútico Pontecesures, ca responsabilidade de querer proxectar ó Club hacía unha dimensión superior na que se viran reflexados aspectos importantes como unha maior implicación dos cativos no piragüismo e unha maior profesionalización no adestramento dos mesmos, iniciouse a busqueda dunha persoa que poidera reunir os requisitos necesarios para lograr ese obxetivo. Asi e como coñecín a “Javi”. Nos sentamos a comer, falamos da situación actual do Club, a progresión que se estaba a conseguir cada ano, e tamén cal era o obxetivo que quería conseguir. A partires de ese momento, compartindo as ideas de traballo que se tiñan que desarrollar neste Club, “Javi” se incorpora como Adestrador do Club Naútico Pontecesures.
Durante estos dous anos, “Javi”, profesional como a copa dun pino, co seu saber facer, ca sua ilusión depositada de maneira incondicional neste Club, ca súa gran calidade humana, co seu trato especial cos nenos, co seu sentido de responsabilidade e disciplina, con ese don que teñen só unhas poucas persoas para ser queridas por todos aqueles que o rodean, día a día foi conquistando o corazón de todos, dos cativos, dos pais o por suposto o do Presi tamén. Moitos son os momentos vividos nesta etapa, momentos de duro traballo e de grandes alegrías. Por todo o que compartimos, dende o traballo na oscuridade que supón ser Presidente dun Club, quero decirche “meu amigo” , MOITAS GRACIAS, moitas gracias por todo o que fixeches e espero que sigas facendo por este Club e por todos nos. Demostraches con creces que eres o mellor e así cho quero decir.
Moita sorte para esta nova etapa que empezas na tua vida, aqui esperanche varias celebracións para os primeiros fins de semán que veñas. Como temos falado, pondrei toda a carne no asador para conseguir que a partires de marzo estes destinado o mais perto da túa casa e te poidas incorporar de novo ós adestramentos neste Club que te leva no corazón. Sin mais, un forte saudo dun amigo e tamen Presidente do Club Náutico.
Adrián Vicente e Álvaro Loureiro para a Selección Galega. André Oliveira para a Selección Española
Os resultados acadados polos deportistas do Náutico Pontecesures non pasan desapercibidos os ollos dos directores técnicos da federación galega asi como da federación española.
Adrián Vicente canoísta cadete repite concentración na selección galega no CGTD de Pontevedra, donde o ano pasado colleitou un resultados aceptables, esta tempada vindeira deberá demostrar todo o seu potencial.
Alvaro Loureiro canoísta infantil proclamouse campion de España esta tempada, e vai por primeira vez concentrado ca selección galega no CGTD donde compartirá adestramentos con Adrián.
André Oliveira canoísta xuvenil, gracias os magnificos resultados acadados está concentrado na selección española xuvenil donde terá novos e interesantes retos a nivel deportivo. Está concentrado no CGTD en Pontevedra.
Esta tempada completouse un papel sobresainte para as aspiracions do Náutico conseguindo o posto 20º na clasificación xeral da Liga Nacional de Piragüismo “Hernado Calleja”, así como o 10º posto na Copa Xunta de Galicia (liga galega).
Dende aquí quero aproveitar a ocasión para felicitar a todos os palistas do club polo gran papel que fixeron. Asemesmo agradecer as persoas que colaboran dia a dia e fixeron a miña estancia no club mais agradable, Paco, Pepe, Pacho, Hermo, Mon, Luis, espero que non me quedase ninguen atrás, e a mención especial para o artifice de todo este proxecto “presi” Angel Barreiro.
Un saudo, Javier Bouzas