Pontecesures, 20 de xuño de 2016.
En relación ás declaracións efectuadas esta pasada fin de semana polo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage nun medio escrito, os representantes sindicais deste concello queremos apuntar o seguinte:
1º.- Solucionar o ??problema? da RPT está o alcance do alcalde: Leve ó pleno e voten a favor a RPT que o concello de Pontecesures elaborou en 2015, e para a que se contrataron os servizos dunha empresa independente, polos que pagou o concello de Pontecesures case 6000 ? para redactar dito documento. Trala elaboración da RPT quedou plasmado algo que os sindicatos e os propios traballadores temos constatado: os salarios en Pontecesures están desfasados para os tempos nos que estamos, ó ser estes moi baixos en relación ó que se cobra noutros concellos de similar categoría. E a aprobación da RPT e a maneira legal para conseguir que os traballadores teñan uns salarios xustos. Polo tanto trátase de ??vontade política? querer aprobar a RPT para acadar unha ??xustiza salarial?. De datos, subidas, porcentaxes, etc teremos tempo de falar.
2º.-Di o sr. Seage de que vai afrontar esta situación dende unha estratexia de ??cocción a lume lento?. Coma ben sabe, moitas veces dilatar os conflitos fan que estes se enquisten, e non so non se avance na súa resolución, senón que as tensións sexan maiores. Tendo en conta que o concello contratou a elaboración da RPT hai 18 meses ??o arroz está mais que pasado?. A non ser que esa estratexia de dilatar esta negociación e posterior mellora salarial busque o de ??divide e vencerás? entre os traballadores.
3.- Xa fixo vde. bastante política cos salarios dos traballadores. Xa se dixeron moitas ??medias verdades?. E os traballadores/as seguen demostrando a súa profesionalidade coma sempre no desempeño doas súas tarefas. E de paso esperando que se afronte dunha vez as súas retribucións en función á categoría que cada quen ten. O demais son ??brindis ó sol?…
Os delegados sindicais.
Raquel López Doce ?? Delegada CIG do persoal laboral do concello de Pontecesures.
Luz Mª Freiría Caldelas ?? Delegada UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.
José Rodriguez Fructuoso – Delegado UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.
Ricardo Campos Saborido ?? Delegado CCOO persoal funcionario do concello de Pontecesures.