O pasado 12 de maio a Xunta de Goberno Local de Pontecesures adxudicou varias obras de asfaltado e seguridade viaria dentros dos plan financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra e onte nos medios anunciase a bombo e platillo, cando quedan poucos días para as eleccións, o comezo inminente dos asfaltados en varias pistas, pero sobre a actuación da elevación dos pasos de peóns nas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta), tamén adxudicada o día 12 de maio, non se di nin pío.
O sexa, o goberno local anuncia o inminente “zafarrancho” de asfaltados para tratar de que teñan efecto nas votacións do vindeiro domingo, pero, con evidente intención de que non lle pase factura nas urnas, dos badéns cala. E cala porque a actuación de elevación dos pasos foi tremendamente contestada nas rúa, con presentación de sinaturas en contra da casi totalidade dos comerciantes das rúas, de case 600 veciños, e motivou a celebración dun pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición.
Pero o goberno local fixo caso omiso, impuxo a súa maioría, e despois das eleccións do domingo ten decidido facer a obra.
Deste xeito, faise un chamamento a todos os veciños que están en contra da colocación dos badenes para que o domingo 24 de maio non apoien nas urnas ás listas dos tres grupos partidarios da elevación dos pasos elevados e sí aos que están en contra dos mesmos. Deste xeito aínda pode ser posible frear a actuación.
Pontecesures, 20/05/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures



