Campamentos de Verán A Lanzada 2012.

Dende o día 1 ata 30 de marzo, queda aberto o prazo para a presentación de solicitudes de praza para os campamentos de verán organizados pola Deputación de Pontevedra nas súas instalacións de A Lanzada.

As estancias realizaranse entre o 24 de xuño e o 8 de setembro, nun total de once quendas, cunha duración de unha semana, e cun prezo de 68 ?. Dado que esta contía pode resultar  de difícil acceso para moitas familias do concello con escasos recursos económicos, igual que en anos anteriores, establécense bolsas económicas para financiar o copagamento con dous importes, do 80% do custe para familias cunha renda inferior ao SMI (máis un 20% por cada membro adicional) e do 50 % no caso de que a renda supere este límite pero sexa inferior a 1,5 SMI (incrementado igualmente nun 20% por cada membro adicional da unidade familiar).

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures encargarase da recollida e envío das solicitudes presentadas, así como do procedemento de adxudicación das Bolsas. Lembrar que esta convocatoria vai dirixida a nenos e nenas nados entre 1999 e 2004. Os interesados poden recoller os formularios no departamento de Servizos Sociais do Concello, e tras cubrir a solicitude de praza e a ficha de inscrición, deberán presentalas no Rexistro Xeral do Concello, acompañadas do documentación requerida (copia do DNI do pai, nai ou titor e do menor demandante, así como a súa tarxeta sanitaria ou seguro médico e certificado de empadroamento).

A finais do mes de abril, a Deputación de Pontevedra efectuará un sorteo ante notario para adxudicar as prazas entre todas as solicitudes presentadas na provincia. A lista de admitidos así como a de espera publicarase na web do organismo provincial, www.depo.es, a partir do dous de maio, así como no taboleiro de anuncios do Concello.

Máis información, descontos e documentación a presentar no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=301

O alcalde de Pontecesures non vai convocar aos grupos da corporación para tratar a problemática do club de fútbol.

Ante o escrito presentado por este concelleiro, o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, contestou mediante escrito de data 28/02/12, o seguinte:

“En resposta á súa solicitude presentada neste concello o día 22 de febreiro (rexistro de entrada nº 325) no que solicita, en virtude da súa condición de concelleiro, unha xuntanza de todos os grupos desta corporación para infomar sobre as xestións realizadas polo goberno municipal en relación coa problemática sobre aspectos organizativos no Pontecesures; esta alcaldía infórmalle:

1. Que o Pontecesures C.F é unha asociación deportiva legalmente constituída, cos seus socios, a súa xunta directiva e os seus estatutos. Se teñen algún tipo de problemática teráno que resolver eles internamente.
2. Que o Concello de Pontecesures tenlle cedida a utilización do campo de fútbol municipal Ramón Diéguez e o pavillón polideportivo ao Pontecesures C.F, así como un monitor titulado de fútbol contratado polo concello. A esta alcaldía cónstalle o bo funcionamento deste club tanto no apartado de resultados deportivos como no do número de fichas federativas (sendo este último un aspecto ao que lle damos moita importancia).
3. Polo tanto, atendendo ao exposto nos apartados 1 e 2, esta alcaldía non ten intención de convocar ningunha reunión cos grupos da corporación para tratar un asunto que, en todo caso, non é de competencia municipal”

Ademais das respostas obvias en canto ao funcionamento da asociación á marxe da institución municiipal, o alcalde non fai referencia ás xestións realizadas no labor mediador solicitado por un grupo de pais dos nenos nunha xuntanza, aínda que manifesta que o Pontecesures C.F. ten un bo funcionamento a nivel de resultados valorando o número de fichas sen entrar noutros temas.

Pois ben; só queda esperar o discorrer dos acontecementos co desexo deste concelleiro de que todo quede solucionado para ben do deporte local e dos rapaces.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Varios días leva sen arranxar a avaría de auga da rúa Doctor Mosquera en Condide.

Nesta rúa, moi transitada por vehículos e peóns, pertencente ao lugar de Condide, hai unha avaría de auga que leva sen arranxar varíos días. A perda de auga, neste tempo de seca no que hai que economizar no posibel o consumo, é constante como se queixa a veciñanza.

A ACP prega que a deficiencia sexa corrixida de inmediato, instando ao concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, que tome cartas no asunto. Curiosamente á avaría esta moi preto do seu domicilio en Condide, non entendendo que non se adoptasen as medidas oportunas ata o de agora. Ademais de perda de auga, transmítese unha sensación de abandono criticada por todos.

Pontecesures, 27/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

El PP de Pontecesures denuncia el estado de abandono que afecta al parque del Monte de Porto

Estado de algunas zonas del parque del Monte de Porto.

El grupo municipal del PP de Pontecesures hizó públicas sus críticas por el actual estado de ??abandono? en el que se encuentra el parque del Monte de Porto, un espacio ubicado en las inmediaciones del campo de fútbol Ramón Diéguez y que es lugar habitual de encuentro para los niños y participantes en competiciones que se desarrollan en las instalaciones deportivas. Además existe en la zona una parada del autobús escolar. El PP lamenta que ??non se estea a facer o mantemento apropiado? de este parque, que fue acondicionado por iniciativa del anterior gobierno local en el marco de un Obradoiro de Emprego subvencionado por la Consellería de Traballo y el Fondo Social Europeo. Los populares urgen al actual Ejecutivo a que acometa tareas de adecentamiento y puesta en valor de este parque, que ??supón para os veciños de Pontecesures e de Porto un lugar primordial de esparexemento e descanso?, afirma Juan Manuel Vidal Seage.

O mobiliario urbano subvencionado por Industria non se coloca. Nota da ACP de Pontecesures.

O goberno anterior de Pontecesures deixou solicitada unha subvención á Consellería de Economía e Industria para 2011 de 3.527 que é o 75% do subministro de bancos, xardiñeiras e papeleiras para as rúas contrais de Pontecesures (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García) onde se atopa fundamentalmente o comercio da vila.

Con satisfación recibimos, no seu día, a nova de que a subvención fora concedida e así o actual goberno adxudicou o subministro de dez bancos, once papeleiras e nove xardiñeiras por un importe total de 4.651,21 euros cantidade na que se incluía a subvención. Na Xunta de Goberno Local de 14/10/11 xustificouse a recepción do subministro.

Como non atopábamos o mobiliario na rúa o 11 de novembro xa expusimos nos medios que non entendiamos a demora na colocación dos elementos nas rúas antes citadas.

Agora, pasados outros dous meses, xa observamos con preocupación que o material non está colocado nas rúas centrais e por iso nesta data, solícítase na Casa do Concello autorización para consultar o expediente pois queremos coñecer as características do mobiliario subministrado e as causas da non colocación nos espazos públicos previstos.

Pontecesures, 25/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Sara Castro confecciona trajes de novia a medida.

En Pontecesures tiene su taller Sara Castro, un espacio en el que cada día da forma a vestidos y trajes para días especiales en la vida de sus clientes. Como fabricantes a medida confeccionan todo tipo de vestidos para las novias, las madrinas y las niñas de arras, así como para las acompañantes de una sección de arreglos, y confeccionan también todo tipo de prendas para la mujer. Una oferta integral que, gracias a su buen hacer y a la experiencia acumulada ha convertido a Sara Castro en un taller de referencia en el mundo de la confección a medida.
Dirección: Calle Carlos Maside nº 10 Pontecesures.
Teléfono: 986/552447

EL CORREO GALLEGO, 25/02/12