O Concello de Pontecesures alega contra o proxecto do polígono industrial da Xunta tras descubrir a apertura dun segundo prazo para poder facelo.

Parte do terreo que ocuparía o polígono industrial proxectado polo IGVS afectaría a casas do lugar de Tarroeira

Parte do terreo que ocuparía o polígono industrial proxectado polo IGVS afectaría a casas do lugar de Tarroeira.

A alcaldesa, Maite Tocino, pide unha xuntanza co IGVS para buscar acomodar o proxecto ás necesidades da veciñanza e das empresas

Ocambio de criterio do Concello de Pontecesures tras a muda en xuño do goberno local respecto ao proxecto de construción dun polígono industrial de 327.000 metros cadrados no lugar de Tarroeira constará finalmente na súa tramitación. O bipartito BNG-PSOE encabezado pola nacionalista Maite Tocino presentou este mércores as súas alegacións en contra da formulación da iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ente público da Xunta de Galicia. Fíxoo solicitando a «reformulación integral do proxecto» e «que se establezan vías de comunicación entre a promotora (o IGVS) e o Concello para harmonizar as necesidades de chan empresarial de Pontecesures co benestar da veciñanza e o respecto ao medio ambiente».

O goberno local saído das últimas eleccións municipais puido rexistrar as mesmas salvedades ao polígono da Tarroeira que hai un ano sostiñan dende a oposición as dúas formacións que o compoñen fronte ao apoio aos plans do IGVS manifestado entón polo tripartito conservador encabezado por Vidal Seage (PP). Cando o executivo BNG-PSOE daba por feito que non lle quedaba outra máis ca agardar á resolución das alegacións presentadas a finais do 2022, un dos moitos veciños mobilizados en contra do deseño dun recinto industrial con afectación a casas e sobre un humidal descubriu hai quince días que se abrira un segundo prazo de alegacións, facéndollo saber a Maite Tocino e os concelleiros no executivo pontecesureño.

«No primeiro prazo de alegacións alguén fixo constar que no plan a exposición pública faltaba o resumo executivo do proxecto. Desde a Xunta tivérono en conta e volvérona sacar a exposición pública o 22 de setembro durante dous meses», sinala a alcaldesa. Só que non o anunciaron no Diario Oficial de Galicia como PIA de Pontecesures senón no aviso da apertura de alegacións ao Plan Sectorial de Ordenamento de Áreas Empresariais de Galicia», que abrangue o conxunto das da comunidade». E disto, sinala Tocino, «ninguén informou o Concello» de que podía facer constar calquera apreciación que estimase oportuna.

As peticións do Concello de Pontecesures da reforma integral do proxecto e mais da apertura dunha canle oficial de comunicación co IGVS susténtanse sobre os tres argumentos incluídos na alegación presentada o último día do prazo, conta a rexedora.

O primeiro deles, manifesta Maite Tocino, é: «A desproporción que supón a superficie que vai ocupar o parque empresarial respecto á superficie do noso Concello. No 2022 modificouse o proxecto sumándolle 23.000 metros cadrados aos contemplados no plan do 2014, co cal o polígono pasaría a ocupar o 28,5 % da superficie urbana de Pontecesures» e iso, engade, «comprometería a posibilidade de crecemento futuro da vila, cando temos unha grande eiva de vivenda nova e de dotacións públicas». O segundo punto fala da «necesidade de solo para pemes». E o terceiro, a obriga de «ter en conta o impacto na calidade de vida e no benestar dos veciños». Por todo o anterior, consciente da conveniencia de non limitarse a agardar pola resposta administrativa, onte o goberno local solicitou unha reunión co IGVS.

La Voz de Galicia

Morreu Antonio Amo Ortigueira.

Aos 90 anos de idade finou este veciño da rúa Fontaíña de Porto, viúvo de Alejandra Doce González.

O velorio está instalado na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá venres 24 de novembro, ás 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. Ao remate os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Municipal de Condide

Descanse en paz.

El sábado 25 de noviembre, cortes de luz.

O “Grupo Naturgy” remitéuse a este Concello, comunicación escrita na que INFORMA que o vindeiro SÁBADO, 25 DE NOVEMBRO DE 2023, van a realizar traballos de mantemento na rede eléctrica para mellora no suministro nas franxas horarias de 6:00 h. a 7:30 h. e de 7:45 h. a 9:00 h. As rúas ou lugares afectados na franxa horaria de 6:00 h. a 7:30 h. son literalmente:

INFESTA (CARRETERA ESCOLAS Nº 1, 15, 21, 23, 25; INFESTA Nº 14, 16, 20, 24, 28, 33, 63; RAIMUNDO GARCÍA DOMÍNGUEZ BOROBÓ Nº 12, 14, 16; ULLÁN Nº 2, 6, 8, 12). PORTARRAXOI (AVENIDA VIGO Nº 2, 9, 12, 18). SAN LUIS (MIGUÉNS PARRADO Nº 3, 6, 7, 8, 9, 13; SAN LOIS Nº 45). SAN XULIÁN Nº 10).

As rúas ou lugares afectados na franxa horaria de 7:45 h. a 9:00 h. son literalmente: .

Concello de PONTECESURES: SAN LOIS (AVENIDA EUGENIO ESCUREDO Nº 3, 19), SAN XULIÁN -PONTECESURES – (BARRIO FACTORIA Nº 1; CAMIÑO SAN XULIÁN Nº 27, 31, 33, 37; JOSE NOVO Nº1, 3, 7, 9; SAGASTA Nº 2, 4 a 16, 19, 21; SAN XULIÁN Nº 1, 4; TRAVESIA FEIRA DO AUTOMOBIL Nº 1; VÍCTOR GARCIA Nº 1 a 9, 11, 13, 15, 21, 22, 23, 27, 29, 31).

RÓGASE COMPARTIR PARA MAIOR DIFUSIÓN. GRAZAS.

Departamento de Vixilancia e Seguridade do Concello de Pontecesures

O Concello de Pontecesures pide colaboración para a Cabalgata de Reis 2024.

¿Queres participar ou axudar na Cabalgata de Reis?

A partir de hoxe abrimos o prazo para anotarse na montaxe e preparación das carrozas, voluntari@s para desfilar na cabalgata, decoración…
Pequenos, pequenas e maiores!
Para apuntarse:
-Chamando ao 986557125 en horario de atención ao público ou acudindo ao Concello persoalmente.
-Por WhatsApp ao 698125911 (Concellería de Mocidade).

SÚMATE A ESTA NOITE MÁXICA!

El pasado 15 de noviembre falleció Otilia Barreiro Agrasar.

Falleció Otilia a los 80 años, el funeral tuvo lugar en la tarde del día 16 en la Iglesia Parroquial de Pontecesures y sus restos mortales recibieron sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.

Descanse en paz.

Falleció Luis Tarela.

A los 75 años de edad falleció en el día de hoy, Luis Elisardo Tarela Pereiro, vecino de la rúa San Lois que estaba casado con Clotilde Sierra García.

El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón (sala 3). El funeral tendrá lugar mañana sábado 18 de noviembre, a las 16 horas, en la Iglesia Parroquial de Pontecesures. Seguidamente será incinerado en la intimidad familiar.

Descanse en paz.