Ascendido ao grupo 3º, logo do éxito acadado na temapada anterior, o equipo cesureño debuta hoxe sábado, ás 17 horas, recibindo no campo Ramón Diéguez de Pontecesures ao Dena, dentro da primera xornada de liga.
O Náutico de Pontecesures non participa na proba de promoción de Vilanova.
Dobre cita piragüista a de mañá no calendario galego. A máis cercana, a terceira regata autonómica de alevíns e de benxamíns, coas augas de Vilanova de Arousa como escenario e un campo de regatas de 1,5 quilómetros.
Na lista de inscricións figuran todos os equipos da beira sur da ría de Arousa, agás o Náutico Pontecesures. No programa, media ducia de probas. A primeira ás catro da tarde e a última dúas horas despois. Todas, como é lóxico nestas idades, para embarcacións individuais.
Tamén mañá domingo, neste caso en Pontedeume, A Coruña, celebraráse a penúltima proba do calendario da Copa Galega de Ríos, a Baixada do Río Eume. No programa, unha ducia de regatas para barcos individuais cadetes, xuvenís e séniores, e para o K-2 sénior masculino. No caso dos kaiaquistas homes o percorrido será de 12 quilómetros, reducíndose o descenso para o resto a 7.
Noutra orde de cousas, o Piragüismo Cambados finalizou o día 21 en Denia decimoquinto por equipos no Campionato de España de Kayak de Mar.
LA VOZ DE GALICIA, 27/08/11
El proyecto para recuperar los manantiales de Cesures sigue sin financiación.
El gobierno de Pontecesures solicitó a Augas de Galicia apoyo económico para desarrollar un proyecto para el aprovechamiento de las aguas de sus manantiales para suministrar la traída municipal, pero deberá seguir esperando. El alcalde, Luis Álvarez Angueira, y el teniente de alcalde, Ángel Souto, se reunieron el miércoles con el responsable de Augas de Galicia y este les comunicó que no será posible financiar el proyecto este año. Se verá para el próximo. «Augas de Galicia puxo interese por este tema e pediu que a primeiros de ano se lle mandara un anteproxecto xa que nos orzamentos do ano 2011 non tiñan partida para facer ningún tipo de investimento», según explicaban ayer desde el gobierno local.
En el anteproyecto que se presenta bajo el título «Arranxo dos manantiais e das conduccións no monte municipal Salgueiras-Lagoa para o abastecemento de Pontecesures» se aglutinan una serie de actuaciones que tienen por objetivo último rentabilizar al máximo el agua de los manantiales del municipio, con un presupuesto es de casi 40.000 euros.
Alternativa al Ulla
Durante el otoño e invierno, e incluso en primavera cuando las lluvias son abundantes, el Concello utiliza para el suministro de la traída las aguas que manan de las fuentes del monte municipal. Con el paso de los años las tuberías se han deteriorado lo cual provoca pérdidas de líquido por el monte.
Con todo, el uso de los manantiales le permite al Concello ahorrar mucho dinero porque le evita recurrir al agua del Ulla, con el consiguiente gasto que comporta el sistema de bombeo.
En la entrevista del miércoles, la delegación cesureña también pidió apoyo económico para acometer el tapiado de Regadío, la reconducción del regato que pasa al lado del Chanteclair, «xa que está descontrolado e perdido o cauce», y para intervenir en Telleiro donde es necesario «tomar unha solución urxente», según explican desde Pontecesures.
LA VOZ DE GALICIA, 27/08/11
O Pontecesures, subcampión da Copa Galega de Promoción.
O Campionato Galego Infantil da pasada fin de semana completaba as oito probas do calendario da Copa Galega de Promoción. Onte a Federación Galega de Piragüismo ofreceu a clasificación final desta última. E nela o Náutico Pontecesures aparece coma subcampión con 342 puntos. A 8 do campión, o Náutico Firrete (350), e con 6 puntos de vantaxe sobre o Escola de Piragüismo Poio-Conservas Pescamar, terceiro no podio por equipos.
O Náutico Firrete fíxose co triunfo logo de gañar cinco das oito probas valedeiras, mentres que o Náutico Pontecesures se impuxo nunha única regata, a da Illa de Arousa.
Entre os equipos da zona, só o Breogán do Grove conseguíu meterse tamén no top ten, sétimo con 315 puntos. En total, foron 37 os clubs que puntuaron na Copa Galega de Promoción.
LA VOZ DE GALICIA, 26/08/11
Nota íntegra sobre o “Ponlle a pilas ao teu bocata”.
Unha vez máis se critica a nula difusión que fixo o goberno local desta actividade da Consellería do Mar organizada en colaboración co Concello de Pontecesures e que se celebrou hoxe na Plazuela de Pontecesures ás 10:30 horas. Nin un bando, nin un anuncio, nin publicidade algunha. Tan só na mañá de hoxe algúns pais/nais que leron o periódico antes das 10:30 horas, (como este concelleiro), atopamos unha breve nota de prensa, reaccionando con sorpresa ante a inminente celebración do acto. Por suposto o concello xa tiña información do día e hora dende hai tempo.
A pobre asistencia á actividade acto (pouco máis de 15 nenos/as, cando estaba previsto segundo os datos facilitados polo concello que chegaran a ir 50), foi o resultado do desinterese do goberno local por difundir esta nova.
Parece que ser que o acto estaba dirixido só aos nenos/as que participan na ludoteca do verán do Centro Social que ten lugar polas mañás, algo realmente censurable. Todos os nenos/as de Pontecesures (acudan ou non á ludoteca) deben ter a posibilidade de participar neste tipo de actividades e para iso hai que difundilas con todos os medios posibles. Por certo; a actividade estaba dirixida a nenos/as de entre 5 e 16 anos.
En fín; un acto moi interesante de fomento das conservas de mariscos e peixes que pasa practicamente desapercibido, despachándose apenas en tres cuartos de hora, quedando mal ademais o concello coa Consellería do Mar pola nula difusión e a escasa asistencia de nenos/as.
Estiveron eso sí na actividade o concelleiro de Educación, Servizos Sociais e Deportes, Roque Araújo, e a concelleira de Muller, Xuventude e Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela que deron un agradable paseo nunha mañá de bo tempo, tratando de xustificar así a retribución que perciben ámbolos dous pola dedicación exclusiva e que pagamos todos.
Pontecesures, 24/08/11
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
Criticas en Cesures en relación con el “Ponlle as pilas ao teu bocata”.
“Ponlle as pilas ao teu bocata” ha dejado en Pontecesures algo más que el regusto a ls buenas conservas de pescado. El concejal de ACP, Luis Ángel Sabariz, salió ayer a la palestra para lamentar “a nula difusión que fixo o gobernolocal desta actividade”. “Nin un bando, nin un anuncio, nin publicidade algunha”, se queja el concejal. esta escasez de información se ha traducido en una “pobre asistencia á actividade”, a la que acudieron unos 15 niños. “Estiveron, eso sí, o concelleiro de Educación, Roque Araújo, e a concelleira de Muller, Cecilia Tarela, que deron un agradable paseo nunha mañá de bo tempo tratando de xustificar a retribución que perciben pola dedicación exclusiva”.
LA VOZ DE GALICIA, 25/08/11