Horario de verán para os traballadores do Concello de Pontecesures.

Dende o 1 de xullo ata o 15 de setembro, de acordo co convenio colectivo vixente os traballadores do Concello de Pontecesures que prestan servizos a xornada completa teñen a reducción dunha hora diaria, mentres os que teñen unha xornada inferior a reducción de tempo é proporcional.
Así, na Casa do Concello o horario é de 8 a 14 horas de luns a venres, mentres que os sábados o horario continúa a ser de 9 a 13 horas a efectos do Rexistro de Entrada.

O goberno local de Pontecesures non acepta as opinións da ACP sobre a Festa do Churro. Nota íntegra.

En resposta á nota do goberno local cualificando de ??emporcallador? a este concelleiro polas críticas sobre a cuarta edición desta festa celebrada o pasado 4 de xullo, quero puntualizar o seguinte:

1. Como integrante da corporación, e como veciño de Pontecesures, son libre de opinar sobre este ou sobre outro tema municipal. Iso é opinar, non ??emporcallar?. Sigo a dicir que festa foi totalmente devaluada, que foi moi negativo o troco de horario nesta edición, que non houbo ambiente festivo ao eliminarse o grupo musical do evento, e que os veciños degustaron os churros sí, pero sen participar en festa algunha.

2. A faciana de moitas das churreiras ás 22 horas indicaba todo. Desmontaban os postos en silencio e con total indiferencia, cando outros anos eran as verdadeiras protagonistas. A ledicia e o ambiente festivo entre os veciños foi nas tres primeiras edicións moi salientable con baile participativo simpático e entrañable na Plazuela.

3. ? certo que houbo unha verbena en sitio distinto nesa noite, totalmente allea á festa do churrro. Pero verbenas hai moitas na zona nesta época, e a Festa do Churrro é única, e debe ser potenciada ao máximo en Pontecesures.

4. Dende o goberno local todo foron pegas, minusvalorando o labor das churrerías en relación do custo da festa. Pois foi máis cara calquera verbena e parece que queremos criticar sempre o noso en lugar de ??facer pobo? con un acto festivo de exaltación dun doce tradicional en Pontecesures. que debe ser de todos e para todos os cesureños.

5. Como ACP pensamos así e solicitamos que se corrixan estes temas para a edición do ano que ven. Esta é a verdadeira intención desta crítica e a función da oposición municipal xa que recollemos o parecer de bastantes veciños que coinciden coas nosas apreciacións.

6. Tamén o goberno local fai a acusación de que quero poñer á hostalería en contra do concello. Pois ben; ata o de agora as opinións se limitaron á recoller o sucedido coa IV Festa do Churro e non se citou aos hostaleiros para nada. En canto aos outros actos festivos do Carme 2011 xa faremos a valoración oportuna e teremos cousas que dicir. Seguro.

“Que Luis Sabariz deixe de emporcallar”.

El gobierno local de Pontecesures respondió ayer a las crÍticas vertidas por el concejal independiente, Luis Sabariz, acerca de la celebración de la Festa do Churro. Tras destacar que en esta edición se mejoró el programa con una verbena, el equipo de Angueira pide a Sabariz “que deixe de emporcallar que o resultado das festas do Carme foi moi favorable, tentando poñer á hostalería en contra”.

LA VOZ DE GALICIA, 10/07/11

Roque Araújo envía un escrito polas actividades de verán.

Nestes días foille entregado aos nenos/as, que asisten ás actividades de verán, ou ás persoas maiores que os levan, o seguinte escrito do concelleiro Roque Luis Araújo Rey:

“Por primeira vez o Concello organiza actividades de verán para os nenos e nenas de Pontecesures con idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, recibindo o nome de “LUDOTECA DE VERÁN 2011″. Esta iniciativa nace coa necesidade de facilitar a conciliación da vida laboral coa familiar no período estival.
A ludoteca é un espazo donde os nenos/as poden aprender xogando, divertirse e desenvolver a súa imaxinación e cratividade sendo un dos obxectivos educas ós/ás menores no seu tempo libre contando con persoal cualificado que os guiará no xogo favorecendo o desenvolvemento integral, a autonomía, imaxinación e tamén o proceso de socialización co seu grupo de iguais.

Agunha ds actividades porpostas para levar a cabo son:
-Xogos de presentación: o porquiño, pícame…
-Xogos dinámicos: pisaglobos, Polo d’avanti, moléculas…
-Xogos tradicionais: carreiras de sacos, trompos, chapas, corda, canicas…
-Xogos predeportivos e deportivos: ximcana, rabos, brilé…
-Acitividades: malabares, cairocas, sal de cores, pintura de camisetas…
-Obradoiros: globoflexia, contacontos, marcapáxinas, chapas….

A Ludoteca terá un horario de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas durante os meses de xullo e agosto. O seu horario é flexible e estará estructurado do seguinte xeito:

9:30 a 10:00 horas: Recollida de nenos/as
10:30-11:30 horas: Actividades e manualidades creativas.
11:30-12:00 horas: Merenda (Cada neno/a traerá a súa merenda da casa).
12:00-12:30 horas: Xogo libre.
12:30-13:15 horas: Xogos predeportivos, musicais…
13:30 horas: Saída dos nenos.

Se por algunha razón o/a menor deixase de aisitir ás actividades durante algún tempo, tivese que saír antes ou existise calquera circunstancia que consideren as monitoras deben coñecer, prégase que así llo fagan saber.
Agardamos que as actividades sexan do agrado de nenos e nenas e disfruten da experiencia.

Un saúdo
Roque Araújo
Concelleiro de Servizos Sociais, Educación e Deportes”

A Conta Xeral de 2010 de Pontecesures a disposición dos membros da Comisión de Contas.

Nestes días está a disposición o documento dos integrantes da Comisión Informativa Eespecial de Contas, Facenda, Patrimonio e Contratación que forman Manuel Luis Álvarez Angueira, (BNG), Arturo Ferro González (BNG), Maribel Castro Barreiro (IP), Juan Manuel Vidal Seage (PP) e Roque Luis Araújo Rey (Grupo Mixto).
Nos vindeiros días someterase a conta a estudio e informe na comisión informativa e será exposta ao público antes de elevala ao pleno para a súa aprobación, se procede.