O triángulo da metalurxia galega: Padrón, Valga e Pontecesures, onde a metade da poboación vive do aluminio.

Cortizo, Exlabesa e Extrugasa son tres das empresas que máis postos de traballo xeran na zona. En Pontecesures, ademais, atópanse as filiais de Finsa (madeira) e Nestlé (lácteos); mentres que nos concellos veciños de Catoira e Dodro as conservas gañan por goleada con Friscos e Fesba.

A industria forma parte moi importante da economía galega, aportando 63.230 millóns de euros ao Produto Interior Bruto (PIB), o 5,2 % do total nacional, o que a sitúa como a sexta economía de España no que a volume xerado por este sector se refire. Sen embargo, botando unha ollada á distribución das empresas galegas, observamos que o maior movemento de contratacións no sector está concentrado únicamente nunha zona do territorio: a que vai dende Dodro ata Catoira, pasando por Padrón, Valga e Pontecesures. Unha estrela de cinco puntas que da traballo á metade da poboación da zona, e de moitos outros concellos limítrofes.Extrugasa Extrugasa

De feito, botando unha ollada aos ltimos datos do Instituto Galego de Estadística (IGE), en Galicia o maior porcentaxe de afiliacións en alta laboral na industria no mes de xullo de 2023 deuse nestas zonas. Sacando Carballeda de Valdeorras, que levouse o valor máis alto, co 42,2 % de afiliados na industria do total de afiliacións levadas a cabo nese mes, os seguintes municipios serían Valga (cun 34 %), Catoira (cun 32,9 %), Dodro (cun 30,3 %) e Pontecesures (tamén cun 30,3 %)Padrón, pola súa banda, aparecía algo máis abaixo (cun 24,2 %). 

a que se debe semellante concentración? Aínda que entran moitos factores en xogo, especialmente que xullo é un mes onde os traballadores habituais collen as vacacións e faise necesario contratar a outros eventuais para cubrilos, tamén principalmente se debe ao feito de que nestes concellos durante moitos anos se instalaron o que a día de hoxe se consideran as empresas máis grandes do ámbito metalúrxico galego e nacional. A quen non lle sona Aluminios Cortizo, Exlabesa, Extrugasa ou STAC? Grandes potencias que, lonxe de afastarse as unhas das outras, concéntranse nun mismo perímetro, aportando gran riqueza a esta zona e ás súas xentes.

VALGA: EXLABESA, GALIPAN, EXTRUGASA E UROVESA

Así, no caso de Valga, as súas empresas máis grandes e con maior número de traballadores serían Exlabesa, Galipan e Extrugasa. Todos eles xigantes do aluminio en Galicia que facturan millóns de euros ao ano. De feito, Exlabesa, que segundo os datos de eInforma contaba no 2022 con 325 empregados, tivo unhas vendas no 2021 por valor de 194 millóns de euros. Pola súa banda, Extrugasa, con máis de 700 empregados, atópase entre as 25 primeiras empresas no ranking de produtoras de aluminio de España. E, Galipan, con máis de 200 empregados, tamén estaría no mesmo ranking entre as 150 principais empresas españolas adicadas aos metais en España.Exlabesa Exlabesa

Urovesa, que se sae algo fóra destas grandes metalurxias, adicándose ao sector da construción de vehículos militares (para os que tamén se emprega aluminio) conta cun persoal de 144 empregados, tivo unhas vendas no 2021 por valor de 61 millóns de euros, e está entre as 25 empresas máis importantes do territorio nacional en fabricación de vehículos. Case nada para un municipio que ten menos de 6.000 habitantes.

PADRÓN: CORTIZO E STAC

Pasando a Padrón, ademais das instalacións que Exlabesa ten á altura da nacional destino Santiago, o pobo de Rosalía de Castro e Camilo José Cela conta co xigante Aluminios Cortizo, que tamén fundou STAC. Aluminios Cortizo, cuns 1.000 traballadores únicamente nas empresas baixo a súa firma (ten moitas outras), tamén está, como non, entre esas 25 primeiras empresas produtoras de aluminio de España, e no 2021 tivo unhas vendas por valor de 443 millóns de euros. Pola súa banda, a irmá pequena, STAC, centrada na fabricación de produtos para o cerramento en aluminio, conta con 545 empregados e as súas vendas ascenderon nese mesmo ano a 160 millóns de euros. Sen dúbida, un xigante que emprega a centos de persoas nun pobo de pouco máis de 8.000 habitantes.

PONTECESURES: FINSA E NESTLÉ

En Pontecesures, pola súa banda, hai decenas de pequenas empresas fundadas ao redor do aluminio, que se aproveitan precisamente destas xigantes para xerar o seu propio negocio, o que tamén da un pulo enorme a un concello de tan só 3.000 habitantes. Aínda que neste municipio tamén hai dúas grandes fábricas industriais (non de aluminio, neste caso) que dan traballo aos veciños: Finsa e Nestlé. A filial de Finsa neste pobo, adicada á fabricación de taboleiros de madeira, forma parte desa gran empresa que ten en conxunto 2.600 traballadores e que no ano 2021 xerou vendas por valor de 805 millóns de euros, sendo a empresa número un de España en fabricación de taboleiros de madeira. De Nestlé, produtora de derivados lácteos, pouco hai que engadir: máis de 4.000 empregados en toda España, vendas por valor de 2,3 billóns de euros e número un no seu sector a nivel nacional.

CATOIRA E DODRO: FRISCOS E FESBA

Pasando ao caso de Catoira, cabe dicir que aínda que a industria metalúrxica situada nos arredores emprega a centos de persoas neste concello de pouco máis de 3.000 habitantes, non o fai tanto como a pesca. En concreto, o sector das conservas, coa xigante Friscos, da traballo a 130 persoas e tivo un volume de vendas en 2021 por valor de 65 millóns de euros, ocupando a posición décimo primeira no ranking de empresas españolas de fabricación de conservas de peixe, neste caso atún e mexilón. Na mesma liña, en Dodro atópase Fesba, adicada tamén ao comercio ao por maior de peixe, especialmente de polbo.

ROTACIÓN DE PERSOAL

Chegados a este punto, é importante reflexionar sobre a privilexiada situación da poboación galega que vive nesta zona limítrofe entre o sur da provincia da Coruña e o norte da de Pontevedra. En calquera familia ou grupo de amigos da zona hai persoas que traballan nestas empresas, que dan de comer a familias enteiras e xeran riqueza para estes pobos. A rotación de persoal é unha mecánica moi habitual nestas empresas, algo que non é precisamente positivo, pero que si permite que calquera persoa sen traballo que busque un parche durante un tempo para logo buscar outra cousa poida caer nalgunha destas opcións.Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industriaInterior da nova fábrica de Cortizo en Padrón Interior da nova fábrica de Cortizo en Padrón

Galicia Confidencial

Sesións de cine e música en Pontecesures en torno á figura de José Gil, pioneiro do cinema galego.

A misa de semana de mañá martes oficiarase na Capela do Pilar de San Xulián.

A petición da Asociación de Veciños de San Xulián, a misa de mañá martes día 19 de setembro, terá lugar ás 19:00 horas na Capela do Pilar de San Xulián.

O cambio e só para este martes pois hoxe e o mércores, xoves e venres a misa oficiarase, coma sempre, na Igrexa de Pontecesures, ás 20:00 horas.

Comentario de Seijas sobre a traxectoria do finado “Pasarín”.

Morreu o fotógrafo, natural de Cordeiro (Valga), Francisco Buceta Gómez “Pasarín” ós 101 anos….Se a Costa Morte tivo a Ramón Caamaño ou a Terra de Montes a Virgilio Vietez, para deixar para a posterioridade a cotidinianidade e os acontecementos marcantes destas terras, nos no Ullán temos a figura de Pasarín, testemuño de toda segunda metade do século XX..as súas miticas imaxes de coñecidos veciños por dispares causas,que senon fora por el, nin foto terian das cheas do Ulla en Cesures, da romaria Vikinga de Catoira, das festas, do traballo…de todo…as fotos súas fotos eran a autencidade natural total.

Ten milleiros e milleiros de fotos que son parte imprescindible, que non o digo por dicir, da nosa historia. Eu sempre recordo a Pasarin, como se ve nesta imaxe que fixo Martina Miser de “La Voz de Galicia”, facendo as súas longas camiñantas diarias, coa cámara colgada, pasar por Cesures, por Redondo…e sempre preparado para retratar o que fora…

Aínda recordo que a miña primeira gravadora, que me regalara a miña nai, a estrenei (ou foi a segunda vez de uso) para facer unha reportaxe en Radio Valga, no 2000, sobre unha exposición sobre fotos de Pasarin que organizara unha efemera asociación cultural que houbera en Porto (xa non me acordo do nome completo) da que formaba parte o poeta Cándido Duro “Canducho”, ó que entrevistara para que me falara deste persoeiro e das exposicións….Polo tanto a Historia en imaxes de Valga,Padrón,Catoira,Cesures da segunda metade do século XX non se entende sen el,asi coma de Vilagarcia de Arousa..ademais de tódalas cousas que el sabia das xentes da zona.

Tamén botara moitos anos embarcado na mercante e foi acomodador no cine agardemos que se poida conservar o seu legado e que ogallá se busque unha maneira de unha institución ben responsable as teña ou que polo menos poidera conservar copias para ser acceso publico ou para investigadores.O seu corpo foi velado no Tanatorio Arosa e o seu funeral celebrouse en Santa Baia de Arealonga (Vilagarcia) o pasado martes. O noso pésame os seus familiares e amigos. Descanse en Paz.

Daniel Seijas Llerena

Todos lebramos a “Pasarín” en Pontecesures e dende logo, merece un recoñecemento institucional e un nome dunha rúa. Sen dúbida.

Se cumplen 150 años de la primera férrea de de Galicia y que transcurre por Pontecesures.

La vieja estación de Cornes acogió un homenaje que recordó su rol para vertebrar el territorio y acercar Santiago al mar.

Eclipsada y escondida entre tres inmensos y premiados edificios. Así se encuentra la estación de tren de Cornes. Para los profanos de la historia compostelana seguramente pueda pasar desapercibida. Desconocen que desde ella partió, el 15 de septiembre de 1873, la locomotora de vapor que inauguró la primera línea ferroviaria de Galicia, la Cornes-Carril. Que todo ha cambiado 150 años después lo evidencia que el edificio se ha convertido un centro social, y también que Cornes y Carril, por aquel entonces concellos independientes, acabaron absorbidos por los de Santiago de Compostela y Vilagarcía de Arousa.

Aprovechando la efeméride de ese primer trayecto, este viernes se homenajeó esa conexión que unió la capital gallega con el mar. Así lo recordó Carlos Abellán, presidente de la Asociación Compostelana de Amigos del Ferrocarril, que hizo de maestro de una ceremonia en la que también estuvieron la regidora compostelana, Goretti Sanmartín; la teniente de alcalde de Vilagarcía, Tania García; así como el jefe del Servicio de Cardiología del CHUS, José Ramón González Juanatey, hijo de ferroviario.

Entre el público no faltaron los regidores de Valga y Padrón, José María Bello Maneiro y Anxo Rei Arca, acompañados de vecinos de un barrio de Cornes que poco tiene que ver con el de 1873. Familiares de los ferroviarios que crearon ese primer enlace también vivieron con pasión el día, en el que se aplaudió ese ímpetu por unir Galicia.

De destacar la visión estratégica de quienes impulsaron el tramo Cornes-Carril se encargó la regidora local, Goretti Sanmartín, que reivindicó que «150 anos despois, temos o deber institucional e político de continuar ata que realmente se acade e Galiza conte co trazado ferroviario, avances técnicos, frecuencias e tipos de tren que realmente precisa». Fue Tania García la que recordó que esa conexión ferroviaria con la capital acabó por renombrar incluso parte de Vilagarcía, como la «praia de Compostela, que resignificou aínda máis a irmandade que temos entre as dúas vilas».

Tras el descubrimiento de una placa para conmemorar la efeméride, así como una escultura creada con un antiguo pase de vías, Carlos Abellán explicó a todos los presentes en qué consiste la exposición conmemorativa Cornes-Carril que puede visitarse desde hoy en el centro social. La muestra, que cuenta con piezas históricas que rememoran el pasado ferroviario, será itinerante, aunque estará en Cornes hasta el 30 de noviembre.

La transición del vapor al tren eléctrico, el cambio del mapa ferroviario gallego, la llegada del AVE y el deseo de que un tren conecte A Coruña con Oporto, eses fueron otras cuestiones que se escucharon en Cornes, estación de la que hace 150 años partió el primer tren de Galicia.

La Sarita, una pieza histórica que ya puede visitarse en Padrón

Coincidiendo con el 150 aniversario del primer viaje ferroviario de Galicia, la Xunta de Galicia presentó hoy la incorporación de la Sarita al exterior de la Fundación Camilo José Cela. Se trata de una pieza única, ya que se trata de la cabeza tractora de esa primera línea de ferrocarril que unía Cornes con Vilagarcía. En el acto estuvo el conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que destacó que ese hito sirvió para que Galicia «ingresara de cheo na era da industrialización cunha mellora nas comunicacións e un cambio no transporte».

Recogen en un libro las vicisitudes del ferrocarril «de Rosalía» 

Tomás Cavanna Benet reúne en «Historia del primer ferrocarril gallego. El tren de Rosalía» desde los planes iniciales en 1859 para convertir Santiago «en porto de mar» hasta la fiesta inaugural y los primeros años de vida de la línea Cornes-Carril. Para ello recopila 130 imágenes y publicaciones muy desconocidas. El libro, editado por el Consorcio y Alvarellos, fue presentado ayer. En él figuran las dificultades que tuvieron el republicano José Sánchez Villamarín y el geógrafo Domingo Fontán para hacer realidad el proyecto por falta de recursos y errores de cálculo en los costes.

La Voz de Galicia

O xoves 28 de setembro preséntase na biblioteca de Pontecesures o libro sobre Carmiña Sierra.