Manuel Luis Álvarez Angueira preséntase por sexta vez á Álcaldía de Pontecesures, segundo anunciou onte a responsable comarcal do BNG, Anxos Riveiro, quen o cualificou do “mellor candidato”.
Estivo na oposición entre 1991 e 1999 e despois foi alcalde ata que en 2007 perdeu o cargo tras pactar as outras tres forzas políticas. Os motivos que o levaron agora a tomar esta decisión, ademais do apoyo a nivel local e comarcal, foi a “obriga moral”. “Foron catro anos perdidos, de desgoberno absoluto que os veciños non merecen”.
Así, subliñou que hai “necesidades básicas” que o tripartito deixou de lado” como o desenvolvemento do municipio e o polígono industrial, que tentará retomar se gaña. “Despois de que se investiran 200.000 euros nun proxecto de viabilidade, quedou nun caixón”.
Lembrou tamén que o BNG foi a forza polítíca máis votada en 2007, con cinco edís, e que quedou “a moi pouco da maioría absoluta”. “Vémonos na obriga moral de presentarnos, por este respaldo truncado por intereses escuros e estraños. Esperemos que volva o sentido común”. Pretende “non volver ó despotismo e o trato maleducado”.
Angueira avanzou varios nomes da súa candidatura, que son os catro concelleiros actuais, Cecilia Tarela (2), Arturo Ferro (3), Margarita García (4) e Teresa Tocino (6), que substituiu a Xosé Antonio Baliñas trala súa demisión, e Xurxo Gerpe que irá de quinto.
Dáse a circunstancia de que Gerpe está imputado, xunto con Angueira, no proceso xudicial do elevado consumo de combustible de vehículos municipais. O candidato tamén ten unha querela por mandar 1.400 SMS co móbil da Alcaldía o mesmo número en só seis meses.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 14/11/10

