Las elecciones en Pontecesures.

Tras la decisión de TEGA y de IP de no presentarse en Pontecesures el juego electoral queda entre cuatro partidos, con la irrupción a última hora de Vox. Vidal Seage mantiene a parte de su equipo, el BNG muda candidata y también los primeros puestos y el PSOE también apuesta por la continuidad. Vox pone de número dos a María Concepción Márquez Rodríguez y de tres a Ángel Mene Borrazas.

Diario de Arousa

Padrón celebra o mes das letras con itinerarios e espectáculos.

A programación iniciase o sábado con paradas teatralizadas pola Ruta Rosaliana // A Fundación Cela abrirase ao público gratis

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario / concello de padrón

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario.

Unha ruta polos lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro fixará este sábado 29 de abril o comezo das actividades de Padrón Literario, a cita que debuxa o mes de maio na capital do Sar e que este ano 2023 permitirá gozar completamente de balde dunha programación que inclúe concertos, espectáculos, talleres ou visitas guiadas, sempre coas miras postas en divulgar e festexar as letras padronesas.

Seguir As pegadas de Rosalía é a proposta da ruta que se desenvolverá este sábado entre visitas teatralizadas e música de zanfona. As inscricións, que poden facerse na web de turismo de Padrón (www.padronturismo.gal/inscricions), inclúen o circuíto en autobús seguindo o itinerario rosaliano establecido na década dos 90 por Avelino Abuín de Tembra a través dos concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón.

Rosalía de Castro volverá ser protagonista de Padrón Literario o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, e farao por partida dobre. Ao mediodía, co recorrido pola zona vella de Padrón coa visita teatral Camiño branco de Rosalía. As inscricións deben facerse na web www.padronturismo.gal/inscricions. Xa pola tarde, o auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro será o escenario dun concerto de Pablo Castaño, que terá entrada libre ata completar aforo.

Tamén acollerá actividades a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia, que se poderá visitar gratuítamente de luns a venres entre o 11 ao 19 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O xoves 4 de maio ás 20.00 h está prevista a presentación do libro Xardín Botánico Artístico de Padrón, do profesor Carlos Rodríguez Dacal, e o día 13, ás oito da tarde no auditorio, Concerto das Letras Galegas coas corais polifónicas de Padrón, Pontecesures e Zamazáns de Vigo.

Padrón Literario inclúe, por último, dúas propostas da Cultura rula por Padrón: o venres 19 de maio o espectáculo cómico e musical Desconcerto, e o 26 o de narración oral Cacho animalada.

El Correo Gallego

Lista do PSdeG-PSOE de Pontecesures para as eleccións do 28 de maio.

Esta é a imaxe de grupo da candidatura do PSdeG-PSOE nas vindeiras eleccións municipais de Pontecesures.

É un orgullo encabezar este equipo de homes e mulleres que vai cambiar o noso pobo.

Xente que deu un paso á fronte para conseguir que Pontecesures mire con optimismo cara o futuro.

Xente con moitísimas gañas de traballar para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas. Homes e mulleres que queren que o noso pobo sexa o Pontecesures da xente.

Estas son as persoas que farán posible o cambio en Pontecesures:

1 Roque Luis Araújo Rey
2 Concepción Gómez Figueira
3 José María Carlés Muñíz
4 María Isabel Ruibal Gómez
5 Mónica Karina Rey Roldan
———————-
6 Enrique Herranz Grela
7 María Carmen Otero Vidal
8 Jenny Agrasar Crespo
9 José María Zapata Casal
10 Jesús Antonio Martínez Puente
———————-
11 Daniel Chenlo Padín

Suplente 1 José Manuel Rey Fraga
Suplente 2 María Mar Iglesias Criado
Suplente 3 José Solla Jamardo
Suplente 4 María del Mar Bernal Rivas
Suplente 5 María del Carmen Dios Bascuas
Suplente 6 Iván González Nieves
Suplente 7 Ramona Barreiro Domínguez

Socialistas de Pontecesures

Falleció Juan José Campos Loureiro.

A los 44 años de edad, falleció ayer este vecino de Pontecesures que estaba casado con Alba Quintáns González.

El cadáver será velado hoy domingo A PARTIR DE LAS 17 HORAS en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón.

Mañana lunes 24 de abril, a las 11 horas partirá el féretro del tanatorio. El cuerpo será incinerado en la intimidad familiar.

Descanse en paz.