FOTO NON OFICIAL DA PLANTILLA DO EQUIPO SENIOR 2007-08 DE BASKET

Non oficial porque falta1 compañeiro: Pino, por razóns de casamento.

A plantilla está formada, ademais de Pino, por: Fru (adstrador), Juanjo, Santi, Pepi, Turo, Pedrito, e Felipe. Sentados están: Peñaño, Victor, Diego, Pedro e Gulli.

100_7571-web.JPG

Aqui están posando cos polos de quentamentos donados por “Seguros Sanmartín”

100_7572-web.JPG

Co uniforme de xogo, que luce o logotipo do patrocinador principal do club dende o 2000, a empresa Extrugasa.

FOTOS DO ENLACE ENTRE PILI E JONH PINO. NORABOA E FELICIDADES

Onte levouse a cabo o enlace desta coñecida parella, él o último dunha saga de 4 irmáns dos de “Cesures de toda a vida; e ela xa leva algún tempo residindo entre nós, ademais de mirar pola nosa saude na farmacia… 😉

100_7604-web.JPG
Aqui vemos á parella no momento de sair da igrexa de Santabaia, Catoira.
100_7595-web.JPG
Aqui posan os 4 irmán xunto ca noiva.
100_7576-web.JPG
Non é un terrorista, é o único… o primeiro = ZUL?
100_7578-web.JPG
Juapos…
100_7609-web.JPG
100_7700-web.JPG
Un chandal para o mais elegante
100_7683-web.JPG
E uns noivos para os seguintes…
100_7813-web.JPG
E coma non, diversión ata altas horas…

El silencio del ex alcalde obliga a Castro a responder ante el Valedor por la queja de Sabariz

El expediente abierto por el Valedor do Pobo a raíz de una queja formulada por el concejal Luis Ángel Sabariz Rolán contra el ex alcalde, Luis Álvarez Angueira, por impedirle analizar documentación sobre temas municipales se dio por concluido al acatar el Concello las recomentaciones hechas por el Valedor, en las que recordaba que el acceso a la información es un derecho de todos los miembros de la Corporación. Tuvo que ser la actual alcaldesa, Maribel Castro, la que respondiera ante el Valedor por esta queja debido al silencio de Álvarez Angueira, que no contestó a los tres requerimientos realizados por la institución que ahora dirige Benigno López. El Valedor incluso había amenazado con declararlo “hostil y entorpecedor” por no colaborar con él y no remitirle la información que le requería.

(máis…)

Atopan a Alfredo B. tras a movilización de numerosos medios

Sobre as 5 da tarde o noso veciño Alfredo B., de 80 anos de edade, saiu da súa casa nun “maquinillo” a buscar piñas.

A súa familia, vendo que non voltaba, fixo as xestións para que se iniciase unha percura do ancián por si se atopaba perdido ou desorientado, xa que non era normal a súa tardanza.

Membros de protección civil de Pontecesures, Valga e Catoira iniciaron as labouras de rastrexo que finalizaron de forma satisfactoria, cando ás 10 da noite o atoparon, desorientado no monte, xa dentro do veciño concello de Valga.

En grande medida, sendo Alfredo un gran coñecedor do monte, a desorientación debeuse posiblemente o estado do monte tralos incendios do pasado verán, que inhabilitaron e ocultaron moitos dos camiños e corredoiras que alí hai.

Unha nova con final feliz, que debe ir acompañada dunha felicitación ás diferentes agrupacións de protección civil e veciños que estiveron nas labouras de búsqueda.

Cota da ANPA para o curso 2007/2008

Na asemblea ordinaria que tivo lugar o pasado día 11 de outubro, acordouse fixar a cota da ANPA para este curso en 7 ? por familia, mentres o seguro, que ten carácter voluntario, fixouse en 8 ? por alumno/a.

O ingresos destas cantidades debe realizarse na conta 362.3 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o día 20 de novembro próximo.

Lémbrase que o abono da cota da ANPA é un requisito imprescindible para asistir ás actividades extraescolares, e posibilita para seren tanto elector como elixible no proceso de renovación da xunta directiva.

Pontecesures, 13 de outubro de 2007
O presidente
Luis Angel Sabariz Rolán