Con data 19-04-06 houbo pola tarde, como todos lembramos, importantes emisións á atmósfera de FINSA que alarmaron ós veciños (o río Ulla tiñeuse de marrón, o peirao e as rúas Sagasta e Víctor García apareceron cheas de viruta e parecía como se «nevara» copos de madeira en fibra).
Ademáis de avisar ó SEPRONA este concelleiro encargou unha reportaxe fotográfica e así o fotógrafo ANXO ABALO presentouse na rampla do peirao (a do «Sol y Mar») para captar e documentar as tremendas emisións.
As fotos enviáronse ós medios de comunicación e deben permanecer, o noso xuizo, no concello para demostrar diante das administracións públicas o que vimos soportando en Pontecesures dende hai tantos anos.
Por escrito solicitouse ó alcalde que o concello se fixese cargo do custo da reportaxe pero, sorprendentemente, dende o propio concello comunicáronlle ó fotógrafo que á administración municipal non lle interesaban as fotos e que non as ían aboar seguindo as instruccións dadas polo propio alcalde.
Deste xeito a ACP tívose que facer cargo do custo da reportaxe aboando o día 30 de xuño a factura que ascendeu a 57,42 ?.
Ante isto, quérese facer constar o seguinte:
1-O alcalde e o BNG de Pontecesures demostra que o medio ambiente en xeral e a contaminación de FINSA en particular nin lle preocupa.
2-E moi decepcionante e incluso mezquino que o concello non pague uns gastos dunhas fotos encargadas para beneficio de todos. Esta e a verdadeira cara do noso alcalde humillando todo tipo de traballos ou xestións que fai este concelleiro.
3-O alcalde gasta con alegría cartos de todos en comidas de «acompañantes» sen identificar, en publicidade e propaganda, en desorbitados subministros de gasoil, etc.., e agora non quere que se gasten 57,42 ? que están perfectamente xustificados.
4-Este grupo continuará loitando, aínda que sexa con tódolos atrancos, para que a contaminación de FINSA deixe de producirse.
Pontecesures, 01-07-06
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP