Segundo a Voz de Galicia, a sociedade pública Xestur iniciará ó ano que ven os trámites para a construción dun parque empresarial en Pontecesures de 120.000 m2 na zona da Tarroeira.
Persoeiros
Carlos Maside
(1897-1958)
Profesión: Pintor.
A siesta. Acuarela, 19,5 x 26 cm.
Biografía: Considerado pola crítica como referente ineludible do rexurdimento artístico iniciado por Castelao, Carlos Maside naceu en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) en 1897. A adolescencia pasouna en Padrón como escolante e en Vilagarcía como empregado dun almacén. En 1917 trasladouse a Madrid a cumprir o servicio militar e entrou en contacto co ambiente dos debuxantes gráficos, ao que se dedicou de volta a Galicia. En 1923 participou na Coruña nunha exposición con catro caricaturas e traballou no Faro de Vigo e en El Pueblo Gallego, onde se encargaba dunha viñeta satírica diaria. Seguindo a súa etapa formativa, en 1926 a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa que lle permitiu matricularse nunha academia de pintura de París, visitar museos e acercarse ao panorama das vangardas abstractas e figurativas e ás formas de pensamento ideolóxico do período de entreguerras.
En 1931 instalouse definitivamente en Galicia: en Vigo e sobre todo en Santiago, onde realizou a súa primeira exposición individual, na que alternaban guaches e debuxos expresivos e populares co expresionismo dos primeiros óleos. A guerra civil afectouno profundamente e recluíuse nun misterioso e improductivo illamento, roto en 1945 ao sentir de novo a inquietude creadora. É a época da plenitude, de equilibrio entre a expresión e a técnica, de obras tan espléndidas como “A cacharreira”, “Dúas paisanas”, “Costureira”, etc. Todo este novo impulso truncouse en 1958, ano no que morreu en Santiago. Carlos Maside, que foi director artístico da editorial Galaxia no momento da súa fundación, en 1951 publicou o seu único escrito, o ensaio breve En torno a la fotografía popular. Luís Seoane, Rafael Dieste e Antonio Baltar decidiron que o museo que garda a obra e a documentación do Movemento Renovador da Arte Galega levase o seu nome.
Imaxe e texto de Sargadelos.com
Concello
O concello máis limpo de Arousa
Segundo o INE, Pontecesures é o concello máis limpo da Arousa con só un 7% da súa poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.
Esto contrasta con concellos coma o do Grove no que a porcentaxe e do 70,4%, lembremos que esta porcentaxe é a de poboación vivindo en rúas de escasa limpeza.
Outros datos de outros concellos da Arousa que aporta esta estatística do INE son:
- A Illa: 48% - Vilagarcia: 38% - Vilanova: 38% - Catoira: 36% - Meaño: 36% - Cambados: 26% - Meis: 20% - Ribadumia: 18% - Valga: 9,25%
Está moi ben ser os máis limpos, pero mellor estaríamos co 0%, si segundo o censo do 2003 hai 3.062 habitantes, temos que uns 214 cesureños non teñen a súa rúa coma sería de esperar … ¿ Alguén coñece algún de estes 214 veciños ou pensa que as cifras non se axustan á realidade ?
Educación
O colexio Infesta de Pontecesures participará no programa Voz Natura
Durante este curso o Colexio Infesta de Pontecesures participará na novena edición do progama sobor do medio ambiente «Voz Natura».
Este ano o coidado do entorno e a prevención de incendios forestais serán o eixe do programa, que prestase en colaboración ca Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Deportes
Unha medalla para Lorenzo Riveiro
Lorenzo Riveiro, do Náutico Pontecesures, acadou unha medalla en Infantil A C-1 Zurdos no Gran Premio de Promoción de Galicia. ¡ Noraboa !
Na Prensa
Poucas altas na seguridade social en Pontecesures
Segundo La Voz de Galicia o pasado mes de agosto só 8 veciños de Pontecesures atoparon traballo. Esperemos que a cousa mellore.