O Concello de Pontecesures felicita a Daniel Serramito Esperón.

𝐃𝐚𝐦𝐢á𝐧 𝐒𝐞𝐫𝐫𝐚𝐦𝐢𝐭𝐨 𝐄𝐬𝐩𝐞𝐫ó𝐧, acadou a medalla de prata nas categorías 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐎𝐥í𝐦𝐩𝐢𝐜𝐚 𝐞 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚 𝐒𝐚𝐦𝐛𝐨 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨𝐧𝐚𝐭𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐞𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐋𝐨𝐢𝐭𝐚𝐬 𝐎𝐥í𝐦𝐩𝐢𝐜𝐚𝐬 celebrado en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro.

O deportista cesureño avanza imparable na súa carreira deportiva tras proclamarse campión galego en loita sambo o pasado ano.

Concello de Pontecesures

O Concello de Pontecesures homenaxea a Alba Buján.

Alba Buján Miguéns e a súa cadela Valquiria foron recoñecidas polo seu 5º posto no Mundial de Canicross ICF celebrado en Bardonecchia (Italia). Na súa primeira competición internacional, destacaron na categoría CaniCross Junior, superando un duro percorrido de 4 km con 120 m de desnivel positivo, competindo contra 21 deportistas de toda Europa.

Durante o acto, celebrado no Salón de Plenos, a alcaldesa Maite Tocino destacou o seu mérito: “Esforzo, sacrificio e compromiso que serven de exemplo para a mocidade e para toda a sociedade”. O concelleiro de Deportes, Alberto Rivas, tamén subliñou a importancia de dar visibilidade aos deportes minoritarios como o Canicross.

Promover o respecto, a colaboración e o vínculo coa natureza son valores fundamentais que esta disciplina representa. Alba e Valquiria son un orgullo para o Concello Pontecesures e un exemplo de superación para todos.

Parabéns, campioas!

Concello de Pontecesures

𝐀𝐃𝐈𝐀𝐒𝐄 𝐀 𝐗𝐗𝐈𝐕 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐂𝐄𝐒𝐔𝐑𝐄𝐒.

𝐀𝐃𝐈𝐀𝐒𝐄 𝐀 𝐗𝐗𝐈𝐕 𝐂𝐀𝐑𝐑𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐏𝐔𝐋𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐂𝐄𝐒𝐔𝐑𝐄𝐒, por fenómeno metereolóxico adverso por choiva e vento que afectará ó noso concello durante todo o día de mañán.

Para garantizar a seguridade de participantes, asistentes e traballadoras/es do evento e analizando os partes meterolóxicos actualizados a primeira hora da mañán de hoxe, dende a organización tomouse a decisión de aprazar o evento.

En breve, anunciaremos nova data. Moitas grazas a todas e todos pola comprensión.

CONCELLO DE PONTECESURES