Dez mellores tempos arousáns no Control 5.000.

O piragüismo arousán elevou a cabeza na regata previa ao inicio oficial da tempada 2017 de pista, o Control 5.000 metros. Con dez padexeiros do Salnés e do Baixo Ulla marcando os mellores tempos das súas respectivas categorías no encoro de Verducido.

O sábado o deportista do Náutico O Muíño Manuel Fontán era o máis rápido entre os canoístas cadetes cun crono de 23.45. O dominio arousán foi total na canoa masculina, con Noel Domínguez, do Breogán, primeiro xuvenil (22.52) e os seu compañeiro de club Diego Romero e Marcelino Cacabelos os mellores sénior (22.51) e veterán (25.55), respectivamente. O meisino do Naval de Pontevedra Iago Monteagudo foi o primeiro en completar o K-1 5.000, en 20.44. E en féminas, as breoganistas Tania Álvarez (24.16) e Elena Naveiro (26.19) resultaron a sénior e a veterana máis veloces.

O domingo os infantís Rodrigo Abalo (N. Pontecesures), Lucía Dacosta (As Torres) e Carme Devesa (Breogán) foron os mellores no C-1 A, no K-1 A e no K-1 B, respectivamente.

La Voz de Galicia

O BNG denuncia o abandono do Parque Infantil de Pontecesures.

Sorpresa (pouco agradable) a que levaron cativos e maiores que esta fin de semana acudiron ó parque infantil Vicente Moure, especialmente o domingo, día no que as condicións climatolóxicas animaban a sair da casa e desfrutar do día

O parque cheo de restos da poda dalgunhas das árbores que poblan o recinto, ramallos desperdigados por todo o parque a caron dos xogos, co perigo que supon para os máis cativos. Para rematar, un montón de restos entre os columpios e o tobogán.

Ningún membro do equipo de goberno é quen de verificar que, despois dunha poda ou de calquera outra actividade que se leve a cabo, os restos sexan recollidos e depositados nun lugar adecuado?
O curioso é que o Concello está enfrente….para onde mirarán que non ven o que teñen diante?

BNG de Pontecesures

INCIDENCIAS NA RECOLLIDA DE LIXO EN PONTECESURES NAS ?LTIMAS XORNADAS.

 

Dende o Equipo de Goberno Local de Pontecesures informase que as incidencias que se produciron nos últimos días no noso pobo en referencia a que varias zonas quedaron sen servizo de recollida de lixo foron debidas a motivos totalmente alleos ao noso concello.

A Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza xa informou, a petición do goberno local, dos motivos destas incidencias: A empresa concesionaria deste servizo (FCC) tivo avariado o vehículo asignado para realizar a recollida, e por non dispor nese momento de vehículo de substitución non foi posible levar a cabo o servizo.

Por parte do goberno local estase a xestionar este asunto coa Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza e agardase que nos vindeiros días o servizo volva á total normalidade.

 

O Náutico de Pontecesures acode ao control galego de 5.000.

Os sete clubs arousanos de piragüismo participan esta mañá no complezo Deportivo David Cal de Verducido no control de 5.000 metros, a cita que serve tradicionalmente de preludio á apertura da tempada oficial en pista, que arrincará co Campionato Galego de Inverno.
O Salnés e o Baixo Ulla preséntanse con máis dun de cada cinco padexeiros cadetes, júniores, séniores e veteráns anotados, 144 dos case 550 participantes. Unha porcentaxe que se multiplica por dous, con 91 dos 243 infantís entre o As Torres-Romaría Vikinga, Breogán, N. Pontecesures, P. Illa e N. O Muiño.

La Voz de Galicia

Portos de Galicia asume un plan de limpieza en toda la provincia.

El presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presentó ayer en Vilanova el plan de actuación para la limpieza y transporte de residuos en todos los puertos de la provincia de Pontevedra, un total de 43. El contrato tendrá una duración de tres años por un montante total de 1.400.000 euros. Se actuará sobre más de un millón de metros cuadrados de explanadas y viales portuarios desde Pontecesures hasta Tui.

Faro de Vigo

La Ruta del Padre Sarmiento pasará por Pontecesures.

Se hace camino al andar escribía Antonio Machado, y en Cambados van a abrirle camino a la Ciudad Europea del Vino 2017 caminando por la Ruta del Padre Sarmiento. Concello y Mancomunidade do Salnés están ultimando los detalles de un programa para completar los 190 kilómetros de la ruta, entre Pontevedra y Santiago, en varias etapas. Probablemente serán nueve, los domingos, a partir de abril. En julio y agosto se interrumpirán las salidas y en septiembre se retomarán. «A idea é chegar a Santiago en novembro», según explica el concejal de Enoturismo, José Ramón Abal.

La idea es realizar etapas de unos 20 kilómetros al día recorriendo los concellos de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova, A Illa, Vilagarcía, Catoira, Valga, Pontecesures, Padrón y, de ahí, a Santiago, emulando la peregrinación que realizó en el siglo XVIII el Padre Sarmiento. El Concello pondrá un servicio de autobús para que los caminantes puedan volver al punto de partida en cada etapa y se encargará de la logística. A los caminantes se sumará una caravana con vehículos de seguridad y con material de promoción de Cambados Ciudad Europea del Vino.

La Voz de Galicia