A AXENCIA GALEGA DE DOAZ?NS AGRADECE AO POBO DE PONTECESURES O SEU COMPROMISO SOLIDARIO.

ADOS

A Axencia de Doazón de ?rganos e Sangue -ADOS- remitíu ao Concello de Pontecesures unha comunicación agradecendo aos cesureños/as o seu compromiso solidario coas doazóns. Este escrito, que veu dirixido ao Alcalde de Pontecesures, transcríbese a continuación:

“”Estimado Alcalde,

Desexo transmitirlle, en nome da Axencia Galega de Sangue, ?rganos e Tecidos e de toda a sociedade galega, o noso agradecemento pola súa contribución e sincero compromiso co solidario xesto da doazón de sangue, que se materializou coa campaña especial de verán levada a cabo no seu concello, o pasado 18 de agosto.

Durante esta xornada, 55 veciños e veciñas de Pontecesures achegáronse á unidade móbil para realizar unha doazón. De todos eles, puideron doar 51, un deles doaba por primeira vez. Estes excelentes resultados demostran o compromiso solidario, que nos axuda a garantir o desenvolvemento do labor asistencial nos nosos centros hospitalarios e contribúen á creación dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

Eses bos datos continúan na liña de anos pasados. A participación dos veciños e veciñas de Pontecesures en 2015 acadou 193 doazóns de sangue, o que supón 63 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, unha taxa de doazón que está mesmo por riba do que recomenda a Organización Mundial da Saúde para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos que precisan os hospitais (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano).

Unha unidade móbil acude cada tres meses ata o concello de Pontecesures, para facilitar a participación de todos os cidadáns, agardando manter sempre o excelente nivel de participación de todos os seus veciños e veciñas.

Dende a primeira visita da unidade móbil en outubro de 1993 ata hoxe, houbo un total de 4.769 doazóns de sangue realizadas polas 638 persoas censadas como doadores de sangue neste concello. Con estas doazóns, e a modo de exemplo, poderíanse levar a cabo máis de 2.300 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a máis de 800 enfermos de cancro ou leucemia.

Non nos resta máis que pregarlle que faga extensivo a todas as persoas que colaboraron nesta campaña, o noso recoñecemento, en nome de todos aqueles que puideron e poderán superar o seu problema de saúde. O sinxelo xesto de doar sangue permite contribuír á cobertura dunha media diaria de 550 intervencións cirúrxicas, 3.000 urxencias e 3 transplantes de órganos ou tecidos nos hospitais da Comunidade autónoma de Galicia. Unha necesidade de sangue que non deixa de crecer, nunha sociedade cada vez máis envellecida e, á vez, máis necesitada de asistencia sanitaria especializada.””

Dende o goberno municipal tamén queremos agradecer este “compromiso solidario” e animamos ás veciñas e veciños de Pontecesures a que sigan participando nas campañas de doazón.

Unha placa conmemorativa recorda a Borobó en Cesures.

Na homenaxe do xornalista, a Asociación de Periodistas de Compostela distribuíu un número especial de ??La Noche??.

borobocor

Fotografía de familia ante a placa que recorda a Borobó na que foi a súa casa en Pontecesures.

A vida e obra de Raimundo García Domínguez, Borobó (1916-2003) foron recordadas nunha emotiva homenaxe pública organizada pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC) celebrada onte na casa onde viviu, actual Hotel de Río (Antiga casa Lozano), na súa vila natal de Pontecesures.

Ao acto asistiron profesionais do xornalismo galego, así como veciños, familiares e amigos do que fora director de EL CORREO GALLEGO e La Noche, que foi catalogado unánimemente como ??mestre inesquecible do xornalismo galego contemporáneo?.

La antología pendiente de sus textos.

Pontecesures ya acogió en julio otro homenaje a “Borobó”, en aquella ocasión con motivo del centenario de su nacimiento. En aquella ocasión, el principal protagonista del mismo fue el presidente de la Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero -que fue amigo personal del pontecesureño-, quien hizo hincapié en la calidad literaria y periodística de los textos de “Borobó”. Por ello, apuntó que sería muy necesario editar una antología que recogiese una selección de sus artículos.

Faro de Vigo

Actúan contra las humedades en el colegio de Pontecesures.

Las obras de mantenimiento incluyen también la renovación de los juegos del parque infantil.

oper

Un operario acomete mejoras en la fachada del centro.

La Consellería de Educación y el Concello de Pontecesures invierten 35.000 euros en trabajos de mantenimiento y puesta a punto del colegio del municipio de cara al comienzo del nuevo curso. Las obras consisten en la mejora de la carpintería de aluminio de la fachada sur del centro para acabar así con los problemas de filtraciones y humedades que dañaban las instalaciones y el material escolar. También se están renovando y limpiando los canalones y bajantes, tareas de las que se encarga la empresa cesureña García Sistemas de Carpintería.

Otra de las mejoras afecta al parque infantil del recinto educativo. Operarios de la empresa Zona de Obra acometen la renovación del pavimento, que cubrirán con caucho siguiendo las actuales normativas de seguridad. Los viejos y deteriorados juegos se sustituirán por otros nuevos. El desbroce y acondicionamiento de las zonas verdes completa este lote de obras que pretenden cubrir las deficiencias que presentaba el colegio.

Faro de Vigo

Importante mellora na zona de xogos do CPI Pontecesures.

par1par3

No día de hoxe continúan as obras de acondicionamente da zona de xogos para os máis pequenos no patio escolar do CPI Pontecesures. Nun novo solo de caucho vanse instalar xogos homologados, afrontando o custo da actuación a Xefatura Provincial de Educación.

par2

Por outra banda, dicir que tamén se está a acondicionar a zona da escaleira de emerxencia.