Uxío Benítez e o alcalde de Pontecesures reúnense para analizar actuacións de mobilidade sostible neste concello.

A prioridade neste municipio é a urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros de acordo con criterios de seguranza viaria.

visea

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, reuniuse esta mañá co alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, para coñecer as súas solicitudes e prioridades de actuación nas vías provinciais neste municipio. O deputado provincial aproveitou, ademais, para explicarlle ao rexedor e ao seu equipo os novos parámetros que se aplican desde o seu departamento á hora de acometer as actuacións, tendo sempre en conta factores de seguranza viaria e de mobilidade sostible.

De acordo con estes parámetros, tanto o deputado como o rexedor abordaron a solicitude de urbanización dun tramo da vía Porto-Valeiros (EP-8602). Segundo explicou o rexedor do municipio, esta solicitude xa é unha vella demanda que persegue a humanización do tramo da Avenida dos Namorados. Aínda que desde o concello xa se manexaba un estudo de fai oito anos, na xuntanza desta mañá acordouse analizalo de acordo cos novos parámetros de mobilidade sostible. Unha vez revisado e estruturado na liña dos novos criterios, para o que se estableceu un período de dous meses, os representantes municipais acordaron volver presentar a solicitude para esta actuación.

No marco do plan M?VESE, o Concello de Pontecesures ten solicitadas un total de 4 actuacións. Trátase de solicitudes na liña das medidas de calmado do tráfico segundo os novos parámetros que promove o ente provincial, co obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguranza viaria.

Páxina web da Deputación de Pontevedra

NOTA INTEGRA DA CONTESTACION ? SR. SEAGE POR PARTE DOS DELEGADOS SINDICAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES

Pontecesures, 20 de xuño de 2016.

En relación ás declaracións efectuadas esta pasada fin de semana polo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage nun medio escrito, os representantes sindicais deste concello queremos apuntar o seguinte:

1º.- Solucionar o ??problema? da RPT está o alcance do alcalde: Leve ó pleno e voten a favor a RPT que o concello de Pontecesures elaborou en 2015, e para a que se contrataron os servizos dunha empresa independente, polos que pagou o concello de Pontecesures case 6000 ? para redactar dito documento. Trala elaboración da RPT quedou plasmado algo que os sindicatos e os propios traballadores temos constatado: os salarios en Pontecesures están desfasados para os tempos nos que estamos, ó ser estes moi baixos en relación ó que se cobra noutros concellos de similar categoría. E a aprobación da RPT e a maneira legal para conseguir que os traballadores teñan uns salarios xustos. Polo tanto trátase de ??vontade política? querer aprobar a RPT para acadar unha ??xustiza salarial?. De datos, subidas, porcentaxes, etc teremos tempo de falar.

2º.-Di o sr. Seage de que vai afrontar esta situación dende unha estratexia de ??cocción a lume lento?. Coma ben sabe, moitas veces dilatar os conflitos fan que estes se enquisten, e non so non se avance na súa resolución, senón que as tensións sexan maiores. Tendo en conta que o concello contratou a elaboración da RPT hai 18 meses ??o arroz está mais que pasado?. A non ser que esa estratexia de dilatar esta negociación e posterior mellora salarial busque o de ??divide e vencerás? entre os traballadores.

3.- Xa fixo vde. bastante política cos salarios dos traballadores. Xa se dixeron moitas ??medias verdades?. E os traballadores/as seguen demostrando a súa profesionalidade coma sempre no desempeño doas súas tarefas. E de paso esperando que se afronte dunha vez as súas retribucións en función á categoría que cada quen ten. O demais son ??brindis ó sol?…

Os delegados sindicais.

Raquel López Doce ?? Delegada CIG do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Luz Mª Freiría Caldelas ?? Delegada UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

José Rodriguez Fructuoso – Delegado UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Ricardo Campos Saborido ?? Delegado CCOO persoal funcionario do concello de Pontecesures.

Los representantes de los trabajadores emplazan a Seage a aprobar la RPT cesureña.

El alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, reconocía este fin de semana que la elaboración y aprobación de una RPT es uno de los asuntos que más preocupación le causa en su inicio de mandato. Los trabajadores replicaron ayer. A través de un comunicado, los representantes de UGT y CC.OO. indicaron al regidor que «solucionar o problema está ao seu alcance: leve ao pleno e voten a favor da RPT que o Concello de Pontecesures elaborou en 2015, e para a que se contratou a unha empresa independente». En contra de aquel documento firmó el actual gobierno en pleno, por lo que no salió adelante. Y eso, dicen los trabajadores, que quedó constatado «que os salarios en Pontecesures están desfasados para os tempos nos que estamos, ao ser estes moi baixos en relación co que se cobra en concellos de similar categoría».

Los trabajadores instan al alcalde a abordar esta cuestión cuando antes, ya que «moitas veces, dilatar os conflitos fan que estes se enquisten, e non so non se avance na solución, senón que as tensións fanse maiores». «Xa fixo vostede bastante política cos salarios dos traballadores. Xa se dixeron moitas medias verdades. E os traballadores seguen demostrando a súa profesionalidade no desempeño das súas tarefas», concluyen los delegados sindicales.

La Voz de Galicia