REXISTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS E COMERCIANTES DE PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures informa da apertura do rexistro de empresas e comercios de Pontecesures.

Desde o Concello estase a traballar na creación dun directorio de empresas, onde se lles proporcionará un espazo gratuíto para publicitar o seu negocio. Todos os comercios, empresas e autónomos do Concello que queiran aparecer na páxina web municipal, poden cumplimentar o formulario cos seus datos que atoparán nas oficinas municipais ou na propia páxina web.

A través deste formulario, empresas, comercios e autónomos de Pontecesures poderán facilitar os datos básicos e a información comercial da súa empresa ou actividade. Dita información quedará rexistrada para a súa consulta na páxina web municipal, www.pontecesures.org e no arquivo de comercios e empresas do propio Concello. A súa vez, a realización deste directorio permitirá remitir a todos os establecementos adscritos información puntual e actualizada sobre axudas, subvencións, cursos ou eventos que poidan ser do seu interese.

No seguinte enlace descargase o formulario para o rexistro municipal de empresas e comerciantes:

http://www.pontecesures.org/vercontenido.asp?ar=1&id=99&sec=16

 

CURSO DE MONITOR DE TEMPO DE LECER EN PONTECESURES.

CARTEL CURSO TEMPO LIBRE 2015

 

Dende o día de hoxe abrese o prazo de preinscrición para un curso de MONITOR DE TEMPO DE LECER (200 horas) homologado pola Xunta de Galicia. O curso desenvolveráse na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello, os horarios e datas determinaránse unha vez pechada a preinscrición. Os requisitos para participar neste curso son: ser maior de 18 anos , e ter superada a E.S.O..

Máis información e formalización da preinscrición na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na Casa do Concello.  O prazo de preinscrición estará aberto ata cubrir as prazas para o desenvolvemento do curso.

 

Os clubs do Baixo Ulla gañan o Galego Cadete e Infantil.

naup

O Náutico Pontecesures domina a cita dos máis novos, e o As Torres-Romaría Vikinga a prexuvenil.

Dobre cita autonómica do piragüismo base a pasada fin de semana no encoro pontevedrés de Verducido, e dobre triunfo do piragüismo do Baixo Ulla en sendos campionatos galegos.

O sábado, no de cadetes, o plantel feminino das Torres-Romaría Vikinga fíxose coa vitoria por equipos cun total de 494 puntos e unha insultante superioridade respecto aos seus rivais, co Boiro subcampión con 252. O Piragüismo Illa de Arousa, quinto con 163, e o Náutico O Muíño de Ribadumia, oitavo con 136, tamén remataron nun top ten que na categoría masculina tivo o Náutico Pontecesures o mellor club da zona cuarto con 267, polos 393 do campión, Portonovo, co P. Illa sexto con 246 e cas Torres oitavo con 223.

A nivel individual, foron 16 as medallas arousás no Autonómico Cadete, sobresaíndo os ouros vikingos de Anxo Susavila (K-1 200) e de Catuxa Fabeiro e Fátima Ordóñez (K-2 200 e 500), e o dos illenses Yerai García e David Mochales no C-2 200 e no C-4 1.000.

O domingo no Campionato Galego Infantil o gran triunfador foi o N. Pontecesures, campión por equipos masculino, con 2.657 puntos e cas Torres subcampión con 2.200, e feminino, con 2.803 e co Breogán terceiro con 1.544.

Na cita infantil, sobre 3.000 metros, foron media ducia as medallas arousáns, con sendos títulos vikingos de Carla Frieiro (K-1 A) e de Javier Ordóñez (C-1 B), e do ribadumiense Manuel Fontán (C-1 A) co cesureño Pedro Citoula subcampión. Lucía Devesa (Breogán) e Araceli Baleirón (Cesures) foron prata e bronce no K-1 B.
O Cambados, segundo en Vigo no káiak de mar

Competía en territorio inimigo o domingo o Piragüismo Cambados, nunhas augas de Vigo ben coñecidas polo Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón, que na quinta proba da Copa Sipre-Liga Galega de Káiak de Marse impuxo na loita pechada entre os dous xigantes galaicos da modalidade con 432 puntos, polos 352 do coletivo arousán. O Náutico de Ribadumia rematou cuarto con 166, polos 72 das Torres, sétimo, polos 52 do N. Pontecesures, oitavo, e polos 44 do Breogán, décimo.

Juan Carlos Baleirón e Egipcio Padín (Cambados) gañaron a proba do Xuvenil K-2 Sprinter 12.000, Francisco Rodríguez (Breogán) a de Sénior K-1 Tradicional 5.000, José Ángel Tarrío (Pontecesures) a de Veterán A K-1 Sprinter 12.000, e Sabela Suárez e Laura Domínguez (Cambados) a de Cadete K-2 Sprinter 5.000.

La Voz de Galicia

INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO: IMPLICAD@S POLO CAMBIO.

IMPLICADOS NO CAMBIO

Intercambio xuvenil europeo: Implicad@s polo cambio

A asociación non lucrativa SUSTINEA oferta a 6 xovenes a posibilidade de participar nun INTERCAMBIO XUVENIL EUROPEO que se vai a celebrar en Muíños (Ourense) do 9 setembro ao 18 setembro 2015, no que participarán 30 xovenes de Francia, Portugal e Galicia-España. Este proxecto englóbase dentro do Programa ERASMUS+.

Os requisitos necesarios para poder participar son ter entre 16 a 30 anos e enviarnos un correo electrónico antes do 31 de Agosto.

O programa ERASMUS+, financia o 100% do Aloxamento, comida e actividades durante os 9 días de intercambio e asigna unha bolsa para gastos de viaxe (segundo normativa do programa europeo).

Os/as participantes deberán acudir a unha reunión preparativa na sede de SUSTINEA, onde se informará de todo o programa, se prepraran as actividades, etc.


Información do Proxecto

O Intercambio xuvenil: Implicad@s polo cambio, é un intercambio de 9 días de duración dirixido a 30 mozos/as de tres países europeos: Francia, Portugal e España.

Este intercambio, busca a socialización e o desenvolvemento integral dos mozos e mozas participantes, a través da participación en distintas actividades ambientais: work shop, visitas didácticas, actividades de ocio, dinámicas de grupo, teatro, debates, video-forum, obradoiros, elaboración de produtos ecolóxicos, etc.

Son moitas as posibilidades de integración que ofrece este Intercambio. Este programa, potencia o seu protagonismo, xa que fomenta a participación directa dos/as mozos/as no desenvolvemento e xestión das actividades, instaurando así unha verdadeira cultura asociativa.

Os obxectivos son:

. Loitar contra o risco de exclusión.

. Permitirlle a cada persoa sentirse pertencer á sociedade.

. Consolidar un lazo social entre os mozos e mozas participantes.

. Crear un espazo de encontro onde intercambiar experiencias sobre as dificultades dos mozos e mozas hoxe en día para inserirse (encontrar un emprego, adquirir a súa autonomía, construír unha vida de familia, etc.), sobre os problemas cando non atopan un traballo.

. Dispoñibilizar os recursos precisos para a empregabilidade no medio rural a colectivos en risco de exclusión social.

. Facilitar información sobre o mercado laboral en empregos relacionados co rural e as posibilidades que este ofrece no momento actual.

. Coñecer alternativas de produción ecolóxicas que permitan o asentamento da poboación no rural.

. Favorecer o coñecemento doutras culturas e o entendemento mutuo compartindo experiencias.

. Compartir experiencias socioculturais de interese e fomentar o diálogo intercultural.


Para máis información e inscrición:

Telf.: 988 782 964

info@sustinea.org

http://www.sustinea.org/?q=content/intercambio-xuvenil-europeo-implicads-polo-cambio
As persoas de Pontecesures interesadas en participar neste intercambio xuvenil, poden facelo directamente a través do e-mail, ou ben na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).