Por ausencia do alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, dende o día 16 de xullo e ata o 8 de agosto, inclusive, o primeiro tenente de alcalde, Ángel Manuel Souto Cordo, desempeñará as funcións da alcaldía de xeito accidental.
Festa da Paella en Pontecesures.
Será o sábado 17 de agosto, a partir das 14 horas, no peirao organizada pola asociación cultural “Festa Rachada” e conta coa colaboración do Concello de Pontecesures.
A paella será cociñada por un gran mestre paelleiro e o prezo será de 5 ? de retirase o ticket con antelación, ou de 7 ? de mercarse no mesmo día. Vai incluído no prezo a ración de paella, o pan e a bebida (refresco, viño, cervexa ou auga).
Os tikets por adiantado poden adquirirse ata o día 14 de agosto, como máximo, no Bar Mambís de Pontecesures ou ben contactando con Álvaro (tfno. 679/368639) ou con Elías (tfno. 616/620975).
El cierre del recinto del centro de salud de Pontecesures sigue destrozado.
NOTA DE LA ACP DE PONTECESURES
Lleva ya varios meses destrozado el cierre del recinto del Centro de Salud de Pontecesures como se puede apreciar perfectamente desde la zona de esparcimiento del “Pino Manso”, con el consiguiente riesgo para la seguridas de las instalaciones. No entiende esta agrupación el desinterés del gobierno local por estos temas que afectan a un servicio básico en el municipio. Es cierto que, en tiempos del gobierno anterior, el centro fue cedido al SERGAS que ahora corre con los gastos de mantenimiento, pero el ejecutivo local no puede permanecer cruzado de brazos. O bien arregla la deficiencia con sus propios medios, o bien gestiona con el SERGAS para que sea éste organo el que acometa el arreglo. Todo menos dejar pasar el tiempo, algo de lo que se quejan varios vecinos.
Esperemos que la llamada de atención, sirva para que el cierre se repare cuanto antes.
Pontecesures, 18/07/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Pontecesures ofrece en agosto clases de reforzo para familias con problemas económicos
O Concello de Pontecesures anuncia a promoción durante o mes de agosto de clases particulares totalmente de balde para nenos e nenas de todos os niveis educativos cuxas familias teñan problemas económicos.
Con esta iniciativa se pretende garantir que todo o alumnado, teña recursos ou non, poida acceder aos mesmos servizos durante o verán, nomeadamente nunha época como esta de crise económica, que conleva que moitas familias non dispoñan dos recursos necesarios para que os seus fillos e fillas cursen clases de apoio ou de preparación dos exames de setembro.
Os docentes son un grupo de mozos e mozas que xa remataron as súas carreiras universitarias ou están a piques de facelo, que ofrecen os seus servizos dun xeito voluntario. Deste xeito, queda garantida a formación en todas as materias e para todos os niveis. O concello quere agradecer publicamente o esforzo desinteresado destas persoas, sen as que sería imposible poñer en marcha este servizo, o mesmo tempo que anuncia que ainda poden sumarse máis voluntarios a esta actividade.
As clases impartiranse durante o mes de agosto na Casa do Concello, en horario de mañá, durante dous días á semana. Así mesmo, os rapaces recibirán formación unha hora por clase.
As persoas interesadas en tomar parte destas clases deberán acudir a Servizos Sociais, no seu horario habitual de atención ao público, durante o presente mes de xullo, xa que as previsións do goberno local pasan por iniciar esta actividade o 1 de agosto. No momento de cursar a inscripción, haberá que dicir a idade do beneficiario, o curso académico e as materias das que desexa recibir a formación de apoio ou para realizar os exames de setembro.
Pontecesures continúa co Ciclo Amal
O ciclo de Cine Euroárabe Amal 2013 continúa este venres en Pontecesures coa proxección de dúas películas, Por unha banda, ??Rabat? (Holanda, 65??), que narra a historia de tres amigos que poñen rumbo a Marrocos desde Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ó home que o mercou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. Rabat non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais. Por outra banda, ??Eid? (Palestina, 9??), un documental onde Eid Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.
As proxeccións serán ás nove da noite no Centro Social.
Pontecesures abre inscrición nas actividades do programa Lecer e Consumo da Escola Galega deConsumo
O Concello de Pontecesures organiza dúas actividades dentro do programa Lecer e Consumo que O Instituto Galego de Consumo, a través da Escola Galega de Consumo, o día 8 de agosto para nenos de entre 3 e 16 anos.
Estás actividades están orientadas a achegar a poboación os valores do consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas que este ano xiran entorno os xoguetes populares.
A acción está programada en 2 talleres:
O primeiro, as 10:30, está destinado a nenos de 3 a 9 anos e que se denomina: CRITERIOS PARA A ESCOLLA DE XOGUETES: XOGAMOS EN IGUALDADE, na que se realizarán xogos populares e lectura de contos, e que ten como obxectivo dar a coñecer alternativas de ocio que respondan os intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como disfrute comercial.
A segunda, as 12:00, orientada a nenos de 9 a 16 anos será a XINCANA DE LECER E PUBLICIDADE, cuxo obxectivo é observar diferentes actividades de lecer relacionándose de forma lúdica co resto do grupo e valorando distintas posibilidades.
Para inscribirse ou recibir máis información, os interesados poderán facelo nas oficinas municipais. O prazo para presentar as solicitudes remata o 5 de agosto, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI.
