La Asociación ´Festa Rachada´ organizará las fiestas del Carmen de Pontecesures.

Los componentes de la entidad iniciarán en breve la solicitud de donativos

El Concello de Pontecesures contará con un nuevo organizador para las fiestas de la Virgen del Carmen que se celebrarán el próximo mes de julio, tal y como informa el bando municipal emitido por el alcalde Manuel Luis Álvarez Angueira.

La responsabilidad de la organización recaerá en la nueva Asociación Cultural denominada “Festa Rachada” integrada por varios vecinos de Pontecesures, algunos de ellos con experiencia en la organización de fiestas y romerías.

Cabe señalar que una cantidad muy importante del presupuesto que se asigna a las fiestas del Carmen proceden de los donativos recogidos entre los vecinos de la localidad. En este sentido, la nueva asociación organizadora afirma que en los próximos días iniciará las visitas a los domicilios para solicitar las ayudas, cuestión para la que Álvarez Angueira pide colaboración.

FARO DE VIGO, 06/04/13

A Deputación de Pontevedra vai subvencionar a contratación de 12 peóns por parte dos concellos da provincia.

Dentro do Plan Provincial de Emprego 2013 a Deputación vai subvencionar a contratación en cada concello da provincia de 12 traballadores por 6 meses (deben comezar como máximo o 1 de xuño de 2013) con contrato a tempo parcial por 25 horas á semana.

O subvención equivale ao salario mínimo interprofesional para unha xornada laboral de 25 horas semanais/traballador, 502,15 euros, e tamén á cota patronal, 264,23 euros/mes/traballador o que fai un total mensual de 766,38 euros. Deste xeito a subvención total é de 766,38 euros x 6 meses x 12 traballadores = 55.179,36 euros.

Hai importantes variacións en relación cos plan provinciais de emprego da Deputación. A diferenza doutros plans provinciais anteriores, neste ano a SELECCI?N DO PERSOAL E A CONTRATACI?N DO MESMO SERÁ REALIZADA POLOS CONCELLOS E NON POLA DEPUTACI?N COMO ANTES. Ademais, a diferenza dos anos anteriores, os desempregados, inscritos nos Servicios Públicos de Emprego, NON PODEN ESTAR A PERCIBIR PRESTACI?N ALGUNHA.

O Concello de Pontecesures debe presentar a solicitude para obter a subvención antes do 16 de abril (detallando cantos peóns deben ser de limpeza, construción, en xeral, etc…) e unha vez concedida debe realizar unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa para que dende alí envíen unha lista de desempregados aspirantes ao concello segundo a sondaxe correspondente. Van envíar un número de aspirantes por cada praza, pero LOGO A SELECCI?N DEFINITIVA DEBE FACELA O CONCELLO DE PONTECESURES.

Dende este medio informamos aos aspirantes desempregados que comproben que estean debidamente inscritos na Oficina de Emprego de Vilagarcía e cos datos actualizados, para poder aspirar a ocupar estes postos. Tamén é importante que se informen no concello pola tipoloxía de peóns ou operarios que solicita a institución.

Petición para as Festas do Carme 2013.

Informase que ante a proximidade das Festas do Carmen do próximo mes de xullo, uns veciños de Pontecesures acaban de crear unha Asociación Cultural denominada ??Festa Rachada? que será a encargada de organizar este ano ditas festas do Carme. Por elo, membros desta asociación realizarán en breve unha visita ós domicilios dos veciños/as para solicitar un donativo para sufragar os gastos que esto acarrea. 

 Aproveito para pedir a colaboración de todos/as, para lograr ter unhas festas dignas.

Campaña de Verán 2013 da Xunta de Galicia (campamentos).

 

ACCION VERAN 2013

Na Orde do 21 de marzo de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 63 do 02/abril/2013) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa ??CAMPA?A VERÁN-2013? para rapaces/as de 9 a 17 anos e mozos/as de 18 a 35 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos remata o vindeiro 17 de abril, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Máis información e descarga de formularios de solicitudes:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=473

 

 

O inventario de bens do Concello de Pontecesures suxeito a exposición pública.

No exemplar nº 60 do Boletín Oficial da Provincia do pasado 26 de marzo, publícase o seguinte anuncio:

“O Pleno de Pontecesures, en sesión de 26 de novembro de 2012 aprobou inicialmente o Proxecto de Inventario de Bens, Dereitos e Accións do Concello de Pontecesures nos termos e segundo a redacción da empresa Procat Ingeniería e Medio Ambiente S.L., sometendo a información pública e aukdiencia dos interesados o expediente mediante anuncio no BOP, para a presentación das reclamacións que estimen oportunas dentro do prazo de noventa días (90) hábiles contados a partir do seguinte a esta publicación.
No suposto de non presentarse reclamacións, entenderase elevado a definitivo o acordo de aprobación inicial.”