Sábado 15 de xuño de 2019. Saída ás 17.00 horas dende o porto de Pontecesures.
Sin Categoria
Logo da polémica, ao final haberá festas en Porto.
Bo día.
Dende aquí queremos anunciar a que consideramos unha grande nova para Porto. Este ano 2019 HABRÁ FESTAS EN PORTO!!! 💃🏼🕺🏻🎉
Debido ao grandísimo apoio e mostras de ánimo recibido por parte de veciños e non veciños de Porto, xente doutros lugares, representantes de orquestas e axencias de espectáculos aos cales agradecemos todas estas mostras de cariño.
Esperamos que todo o esforzo merezca a pena e intentaremos que as festas sexan do agrado de todos.
Queremos deixar constancia tamén de que esta comisión é a de sempre, a da Asociación Cultural San Roque de Porto, con antigos e novos membros e desentendémonos de calquer publicación feita en días anteriores por algunhas formacións políticas das cales non temos nada que ver. Son as nosas festas, as da aldea, as do pobo as de tod@s.
Nos vindeiros días reunirémonos co goberno local para intentar achegar posturas e evitar problemas como os sucedidos en anteriores festas.
Creemos que esta e unha gran noticia.
Ahora si podemos decir que Porto 2019 existe.
FESTA DE PORTO, FESTA NACIONAL!! 🇪🇸
San Roque de Porto
Sin Categoria
NOTA DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE PONTECESURES EN RELACIÓN ÁS FESTAS DO SAN ROQUE DE PORTO.
En relación coa nota publicada en diferentes redes sociais relativa á actuación do equipo de gobernó deste concello sobre a falta de colaboración coa comisión de festas de San Roque de Porto, fanse as seguintes consideracións:
1.- Autoría.
Este equipo de goberno cuestiona a autencidade do comunicado sen máis aval que un mero perfil de Facebook, cuestionándose por tanto que dito escrito reflicta o sentir xeral de toda a comisión de festas de San Roque de Porto.
En relación a esta cuestión o equipo de goberno convida ós autores a que participen diante deste órgano o seu malestar, co único obxecto de atopar solución as súas inquedanzas.
2.- Contido.
Na poxa de ramos da última festa de San Roque públicamente se fixo constar que a comisión de festas non continuaría coa organización da festa un ano máis, invitando ós veciños ou a un novo equipo a facelo.
Entendemos pois que esta nota está fora de lugar e tempo e fainos pensar que se trata dunha maniobra con un marcado sesgo político.
3.- Non é certo que:
O actual equipo de goberno non teña apoiado a realización e promoción da festa, tampouco é certo que osbstaculice e impida ou interfira na celebración da mesma.
O equipo de goberno cíñese exclusivamente a esixir a documentación que por lei corresponde.
Este equipo de goberno valora positivamente a labor realizada pola comisión de festas de San Roque de Porto ao longo de tantos anos; non obstante a normativa esixe unha serie de requisitos que se teñen que cumprir en canto a ocupacións de vía pública e seguridade do evento, cuestións éstas que non poden quedar en mans dunha comisión senón que deben ser tuteladas dende a Administración Local.
Cuestionado o medio que con tanta frecuencia se ven empregando últimamente por parte de diversos colectivos para facer chegar suxerencias ou críticas a este equipo de goberno, decir que dende este equipo de goberno sempre estaremos abertos a contactos coa comisión de festas como se fai co resto de comisións que organizan festas en Pontecesures a fin de achegar posturas dun xeito cordial e respetuoso como foi norma ata o de agora.
Ó entender de este equipo de goberno as manifestacións vertidas nas redes sociais sobre a problemática que orixina este desencontro ten máis que ver coa colocación das barras de bebidas e as solicitudes que reiteradamente ser viñan prohibindo. Este ano se permitiron novas ocupacións para ese fin co conseguinte remate do “monopolio” por parte dalgún hosteleiro membro da comisión. Esta colocación das novas barras de bebidas fíxose con tódalas garantías e permisos legalmente esixibles.
Sendo conscientes de que a colaboración prestada polo Concello é a mesma e na mesma medida durante estos últimos anos de goberno, invitamos a que se contraste esta queixa e se verifique e informe de cales son as trabas que sufren e os impedimentos que se lle poñen para o bo fin da festa.
Dende este Equipo de Goberno estamos sempre abertos ó diálogo e ó achegamento de posturas, pero sempre dun xeito dialogante e sereno, e non con publicacións que xeneren desconfianza e confusión entre veciños e visitantes.
Sin Categoria
Carta da Comisión de Festas de Porto.
Hola a todos.
Dende a comisión de festas de San Roque de Porto queremos facer unha aclaración posto que a xente nos está a preguntar continuamente pola festa do ano 2019 e os rumores que corren son moitos.
Logo da reunión mantida ao rematar a festa do ano 2018 por parte dos membros da comisión acordouse que:
Debido aos problemas que superamos durante os últimos anos e que se viron incrementados este último, por parte do actual equipo de goberno do concello de Pontecesures. Decidimos non continuar coa realización moi ao noso pesar da festa de Porto, debido ao abandono da práctica totalidad dos membros da comisión en gran parte por estes motivos. Para nós foi unha decisión moi dura logo de tantos anos de traballo e esforzo por parte dos actuais membros da comisión e dos que o foron ata hay pouco. Empregamos moitas das nosas horas libres en sacar adiante unha das que consideramos máis importantes festas da comarca, algo que se conseguiu froito do traballo de moitos anos. Por parte do actual equipo de goberno non se está a recibir ningún tipo de apoio, pero non só eso senón que o único que se recibe son travas e impedimentos para realizar a festa. Problemas a hora de solicitar e tramitar papeis e intromisión da corporación municipal na organización da festa, querendo estes gobernar a festa ao seu antollo. Levamos moitos anos organizando a festa e non estamos dispostos a que a política se pretenda mezclar en unha festa na que o único fin é facer desfrutar de uns agradables días de festa a xente do pobo e toda a xente de fora que nos acompaña neses días.
É unha nova moi triste e para nada a levamos a cabo de bo gusto pero vémonos na obriga xa que non vamos a permitir que logo do traballo realizado ao longo de todo un ano se nos intente botar abaixo a nosa festa. Intentouse por parte do concello este último ano e logo de moitos problemas conseguimos sacala adiante pero agora decidimos rendirnos. Todos temos vida privada e familia, e o noso tempo libre adicabámolo de bo gusto a realización das festas pero agora xa chegamos ao punto no que consideramos que estes problemas non nos poden afectar na vida persoal a cada un de nós. Parece ser que o actual goberno do concello non quere que se realice a festa de Porto e así o van conseguir. Moi tristemente comunicamos que este ano 2019 non vay haber festa en Porto. Esperamos que o equipo de goberno rectifique nos seus erros e isto sexa un simple ata pronto e non se perdan unhas festas tan importantes.
Esta nota informativa xa sabemos que vay dar pé a un sin fin de comentarios de todo tipo pero non pretendemos entrar en ningún tipo de guerra co cal decimos de antemán que non vamos responder a ningún tipo de comentario. O fin desta nota e aclarar o que pasou a toda a xente interesada que sabemos que é moita.
Grazas a todos os que apoiaron e fixeron posible a festa durante todo estes anos.
Un saudo.
Sin Categoria
CONCESION OBRAS DO PLAN CONCELLOS 2019 PONTECESURES
A Deputación de Pontevedra ven de conceder as seguintes subvencións solicitadas ó abeiro do Plan Concellos 2019:
- Reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Dr Mosquera
A actuación consiste na reurbanización da beirarrúa dereita da Rúa Doctor Mosquera nunha lonxitude de 360 m e coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.
Para a execución desta actuación será imprescindible realizar inicialmente un by-pass na Rúa Portarrajoy de Pontecesures que permitirá realizar a obras sen deixar sen servizo de abastecemento aos vecinos.
As novas beirarrúas executaranse coas mesmaS características que as da marxe esquerda.
O presuposto desta subvención é de 122.240,96€
- 2 Reurbanización dun tramo Rúa Porto de Arriba
A actuación divídese en dous treitos de 75×3,9 m. de anchura media na Rúa Porto de Arriba e outro de 75×5,8 de anchura media na Rúa Caldeirón de Arriba.
Rúa Porto de Arriba:
A instalación de abastecemento executarase con 75 m de tubería PE Ø63 mm 16 atm, previa demolición de firme e apertura de foxo. Procederase ao saneo dun treito de 35×1,25 m na parte final (esquerda) da actuación, onde tamén se executará un muro de contención con bloques de pedra granítica para contener o vial. Finalmente procederase ao estendido dunha nova capa de rodadura con 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa.
Rúa Caldeirón de Arriba:
Nesta zona procederase a instalación, previa demolición de firme e apertura de foxo, de 95 m de tuberia de PE Ø75 mm 16 atm con reposición das acometidas existentes. Unha vez feito o recheo compactado dos foxos e reforzo cunha soleira de 15 cm de formigón, precederase ao estendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente a todo o ancho da rúa, de xeito que toda a rúa teña o mesmo tipo de acabado superficial.
O presuposto desta subvención é de 27.789,50€
- 3 Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside
A actuación consiste no fresado de 925 m² da Rúa Carlos Maside para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de espesor medio de aglomerado en quente, para a mellora da capa de rodaxe que se atopa mo deteriorada e corrección dos peraltes que permitan a evacuación das augas de escorrenta cara os sumidoiros existentes.
Se procederá a execución dun reductor físico de velocidade “lomo de asno” de 5,3 m. de lonxitude e 4,0 m. de anchura no lugar onde se retirou previamente o reductor modular de goma e precederase ó pintado da sinalización horizontal pertinente, así coma o pintado dunha limitación de velocidade de 30 Km/h en cada un dos “lomos de asno” existentes (2 existentes + 1 novo).
O presuposto desta subvención é de 22.647,35€
- 4 Aportación Municipal ó Plan Deporemse na Obra “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas do Castro e Infesta.
A Deputación de Pontevedra concedeu a subvención da obra do Plan Deporemse “Mellora da Mobilidade e Seguranza Viaria nas Rúas Do Castro e Infesta” por un importe de 268.317,09€ dos que 26.831,71€ tiñan que ser aportados polo Concello de Pontecesures.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 26.831,71€
- 5 Aportación Municipal á Obra “Ampliación dos vestiarios do campo de fútbol”
O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) para a obra de “Ampliación dos vestiarios do campo de futbol” por un importe de 53.833,32€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 21.624,87€.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 21.624,87€
- 6 Aportación Municipal á Obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures”
O Concello de Pontecesures ten concedida unha subvención do I.D.A.E. (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) do Ministerio para la Transición Ecológica para a obra “Mejora de la eficiencia energética del alumbrado público exterior en el Ayuntamiento de Pontecesures” por un importe de 157.207,20€ dos que o Concello de Pontecesures ten que aportar 31.441,44€.
No Plan Concellos do 2019 o Concello de Pontecesures solicitou que esa aportación fose feita pola Deputación a través deste Plan.
O presuposto desta subvención é de 31.441,44€
Sin Categoria
Portos destinará 100.000 euros a construír un pantalán de pasaxe en Pontecesures.
Portos de Galicia investirá preto de 100 mil euros na construción dun pantalán de pasaxe en Pontecesures. A obra atópase en tramitación ambiental previa á saída a licitación, e contempla tamén a ampliación do pantalán da escola de vela da vila.
Portos de Galicia construirá un novo pantalán de pasaxe no porto de Pontecesures. O ente autonómico destinará preto de 100 mil euros a esta intervención, que suporá tamén a ampliación do actual pantalán da escola de vela.
O pantalán terá acceso na rampla de descarga fronte á praza de abastos, e contará cunha porta metálica, a pasarela de 16 metros e dous metros de paso. Dende Portos destacaron a importancia deste equipamento; máis aínda ás portas do Xacobeo 2021.
Hai tempo que o concello demanda esta intervención, que mellorará o servizo que ofrece o porto cesureño ao tráfico de pasaxeiros.
Na actualidade, a obra atópase na fase de tramitación ambiental. Trátase do paso previo á súa saída a licitación. A intención dende Portos é axilizar os prazos o máximo posible.
Canal 7 Rías Baixas