Aos 94 anos de idade morreu o veciño de Porto, Andrés Limeres Limeres, viúvo de Aurelia Portas Pesado. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e mañá mercores 24 de xullo, ás 19 horas, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
O alcalde, José María Bello Maneiro, participou na inauguración da
exposición de “Encontros Creativos”, que reúne obras de de catro
pintoras da comarca: Marisé Canda, Elena Vida, Áurea Garabán e Rosa
Vidal e pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de xuño. Ao
acto inaugural, que tivo lugar o pasado venres, asistiron tamén as
concelleiras Carmen Gómez e Begoña Piñeiro.
As catro artistas que promoven esta exposición colectiva comparten
mestre, Raúl Burés, aínda que os seus traballos son moi diferentes entre
si.
Marisé Canda, veciña de Caldas de Reis, é unha pintora autodidacta
cun estilo moi diferencial. En “Encontros Creativos” asina sete cadros,
óleos sobre lenzo. A maioría céntranse nunha mesma temática, os
paraugas, aínda que tamén pode verse unha obra sobre maternidade.
Áurea Garabán, de Condide (Pontecesures), conta con 17 anos de
traxectoria na pintura. Expón cinco cadros no Auditorio e a súa obra
caracterízase pola cor. Ao contrario que Rosa Vidal, veciña da Devesa,
que ten predilección polos cadros en branco e negro, como se aprecia nos
sete óleos que asina en “Encontros Creativos”.
Por último, Elena Vidal aporta varias paisaxes e tamén un retrato de Rosalía de Castro. Cinco obras, en total. Fai nove anos que esta veciña de Porto (Pontecesures) comezou no mundo da pintura, tralo falecemento do seu marido. Os pinceis foron para ela unha terapia e neste tempo xa ten participado en varios concursos. Nun deles, na Pobra do Caramiñal, gañou un accésit.
Bo día. Dende aquí queremos anunciar a que consideramos unha grande nova para Porto. Este ano 2019 HABRÁ FESTAS EN PORTO!!! 💃🏼🕺🏻🎉 Debido ao grandísimo apoio e mostras de ánimo recibido por parte de veciños e non veciños de Porto, xente doutros lugares, representantes de orquestas e axencias de espectáculos aos cales agradecemos todas estas mostras de cariño. Esperamos que todo o esforzo merezca a pena e intentaremos que as festas sexan do agrado de todos. Queremos deixar constancia tamén de que esta comisión é a de sempre, a da Asociación Cultural San Roque de Porto, con antigos e novos membros e desentendémonos de calquer publicación feita en días anteriores por algunhas formacións políticas das cales non temos nada que ver. Son as nosas festas, as da aldea, as do pobo as de tod@s. Nos vindeiros días reunirémonos co goberno local para intentar achegar posturas e evitar problemas como os sucedidos en anteriores festas. Creemos que esta e unha gran noticia. Ahora si podemos decir que Porto 2019 existe. FESTA DE PORTO, FESTA NACIONAL!! 🇪🇸
En relación coa nota
publicada en diferentes redes sociais relativa á actuación do equipo de gobernó
deste concello sobre a falta de colaboración coa comisión de festas de San Roque
de Porto, fanse as seguintes consideracións:
1.- Autoría.
Este equipo de goberno
cuestiona a autencidade do comunicado sen máis aval que un mero perfil de
Facebook, cuestionándose por tanto que dito escrito reflicta o sentir xeral de
toda a comisión de festas de San Roque de Porto.
En relación a esta
cuestión o equipo de goberno convida ós autores a que participen diante deste
órgano o seu malestar, co único obxecto de atopar solución as súas inquedanzas.
2.- Contido.
Na poxa de ramos da última
festa de San Roque públicamente se fixo constar que a comisión de festas non
continuaría coa organización da festa un ano máis, invitando ós veciños ou a
un novo equipo a facelo.
Entendemos pois que esta
nota está fora de lugar e tempo e fainos pensar que se trata dunha maniobra con
un marcado sesgo político.
3.- Non é certo que:
O actual equipo de goberno
non teña apoiado a realización e promoción da festa, tampouco é certo que
osbstaculice e impida ou interfira na celebración da mesma.
O equipo de goberno cíñese
exclusivamente a esixir a documentación que por lei corresponde.
Este equipo de goberno
valora positivamente a labor realizada pola comisión de festas de San Roque de
Porto ao longo de tantos anos; non obstante a normativa esixe unha serie de
requisitos que se teñen que cumprir en canto a ocupacións de vía pública e
seguridade do evento, cuestións éstas que non poden quedar en mans dunha
comisión senón que deben ser tuteladas dende a Administración Local.
Cuestionado o medio que
con tanta frecuencia se ven empregando últimamente por parte de diversos colectivos para facer
chegar suxerencias ou críticas a este equipo de goberno, decir que dende este
equipo de goberno sempre estaremos abertos a contactos coa comisión de festas
como se fai co resto de comisións que organizan festas en Pontecesures a fin de
achegar posturas dun xeito cordial e respetuoso como foi norma ata o de agora.
Ó entender de este equipo
de goberno as manifestacións vertidas nas redes sociais sobre a problemática
que orixina este desencontro ten máis que ver coa colocación das barras de
bebidas e as solicitudes que reiteradamente ser viñan prohibindo. Este ano se
permitiron novas ocupacións para ese fin co conseguinte remate do “monopolio”
por parte dalgún hosteleiro membro da comisión. Esta colocación das novas barras
de bebidas fíxose con tódalas garantías e permisos legalmente esixibles.
Sendo conscientes de que a
colaboración prestada polo Concello é a mesma e na mesma medida durante estos
últimos anos de goberno, invitamos a que se contraste esta queixa e se verifique
e informe de cales son as trabas que sufren e os impedimentos que se lle poñen
para o bo fin da festa.
Dende este Equipo de
Goberno estamos sempre abertos ó diálogo e ó achegamento de posturas, pero sempre
dun xeito dialogante e sereno, e non con publicacións que xeneren desconfianza e confusión entre veciños e
visitantes.
Dende a comisión de festas de San Roque de Porto queremos facer unha aclaración posto que a xente nos está a preguntar continuamente pola festa do ano 2019 e os rumores que corren son moitos. Logo da reunión mantida ao rematar a festa do ano 2018 por parte dos membros da comisión acordouse que: Debido aos problemas que superamos durante os últimos anos e que se viron incrementados este último, por parte do actual equipo de goberno do concello de Pontecesures. Decidimos non continuar coa realización moi ao noso pesar da festa de Porto, debido ao abandono da práctica totalidad dos membros da comisión en gran parte por estes motivos. Para nós foi unha decisión moi dura logo de tantos anos de traballo e esforzo por parte dos actuais membros da comisión e dos que o foron ata hay pouco. Empregamos moitas das nosas horas libres en sacar adiante unha das que consideramos máis importantes festas da comarca, algo que se conseguiu froito do traballo de moitos anos. Por parte do actual equipo de goberno non se está a recibir ningún tipo de apoio, pero non só eso senón que o único que se recibe son travas e impedimentos para realizar a festa. Problemas a hora de solicitar e tramitar papeis e intromisión da corporación municipal na organización da festa, querendo estes gobernar a festa ao seu antollo. Levamos moitos anos organizando a festa e non estamos dispostos a que a política se pretenda mezclar en unha festa na que o único fin é facer desfrutar de uns agradables días de festa a xente do pobo e toda a xente de fora que nos acompaña neses días. É unha nova moi triste e para nada a levamos a cabo de bo gusto pero vémonos na obriga xa que non vamos a permitir que logo do traballo realizado ao longo de todo un ano se nos intente botar abaixo a nosa festa. Intentouse por parte do concello este último ano e logo de moitos problemas conseguimos sacala adiante pero agora decidimos rendirnos. Todos temos vida privada e familia, e o noso tempo libre adicabámolo de bo gusto a realización das festas pero agora xa chegamos ao punto no que consideramos que estes problemas non nos poden afectar na vida persoal a cada un de nós. Parece ser que o actual goberno do concello non quere que se realice a festa de Porto e así o van conseguir. Moi tristemente comunicamos que este ano 2019 non vay haber festa en Porto. Esperamos que o equipo de goberno rectifique nos seus erros e isto sexa un simple ata pronto e non se perdan unhas festas tan importantes. Esta nota informativa xa sabemos que vay dar pé a un sin fin de comentarios de todo tipo pero non pretendemos entrar en ningún tipo de guerra co cal decimos de antemán que non vamos responder a ningún tipo de comentario. O fin desta nota e aclarar o que pasou a toda a xente interesada que sabemos que é moita.
Grazas a todos os que apoiaron e fixeron posible a festa durante todo estes anos.