O toldo da praza dos Valeiros segue colocado. O goberno local pasa do tema.

O pasado 6 de agosto, o alcalde de Pontecesures, Álvarez Angueira, decretou a paralización da obra de instalación de postes na praza dos Valeiros de Porto por parte dun establecemento de hostalería por non contar con licenza municipal, logo de interesarse a oposición no pleno do 30 de xullo por estes feitos.
Non se respectou a paralización, e o sábado 11 de agosto rematou a colocación do toldo, e xa no seu día consideramos este decreto un mero paripé da primeira autoridade local.
Pois ben; co toldo xa colocado, o alcalde, con data 17/08/12 reiterou por decreto a suspensión inmediata das obras, ante os informes da policia local, dicindo que senón se respecta este novo decreto precintará as obras e os elementos auxiliares da actividade, apercibindo ademais que se hai incumprimento dará conta dos feitos ao Ministerio Fiscal.
Outro papel mollado, vemos que o alcalde volve con paripés para a galería. Reitera unha paralización coa obra terminada e coa terraza do establecemento en plena actividade.
Non entenden nin o PP nin a ACP como a actividade de terraza segue como se nada pasara, dándose a impresión de que se pretende que se vaia esquecendo a ocupación e que a instalación quede alí fixa para sempre.
Non estamos de acordo con que nunha praza cun cruceiro monumental sexa colocado un palco dende a fachada do establecemento ata o bordillo da amplia beirarrúa obrigando aos veciños a pasar polo dominio público entre as mesas e cadeiras e/ou baixo un toldo. Non vale a desculpa do goberno local de que hai que esperar polo informe de Patrimoio da Xunta. Independentemente do contido dese informe é o Concello e non Patrimonio o que ten que velar pola defensa do dominio público de todos e coa inmediatez que precisan as ocupacións destes espazos.
Tanto o PP como a ACP queremos criticar a postura do goberno local en todo este asunto, mirando para outro lado, superado pola situación, e sen autoridade ningunha na rúa. Unha completa ineficacia é a que está a percibir toda a veciñanza.
Co alcalde titular de vacacións ata o 31 de agosto, só nos queda esperar que o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de obras, Ángel Souto Cordo, tome cartas no asunto xa que é alcalde en funcións nestes días. Remotas esperanzas temos, dende logo, tendo en conta a súa xestión durante todo este tempo á fronte da concellería delegada que ten.

ACP denuncia a existencia dun vertedoiro incontrolado na rúa Calera de Porto.

Preto das súas casas, os veciños da rúa Calera de Porto están a soportar, co conseguinte malestar, como se está a formar este vertedoiro incontrolado. Os terreos. en estado de total abandono, onde están depositados os escombros, son propiedade de Portos de Galicia, pero o goberno local de Pontecesures consinte que se depositen os residuos neste espazo ocasionándose un problema de seguridade e estética a carón dunha pista municipal moi concorrida.
Segundo as informacións obtidas, os escombros proceden de obras realizadas na zona, pero o que é gravísimo, e que tamén fora o propio concello o que deixara alí residuos procedentes de algunha actuación muncipal. Resulta lamentable que, en lugar de dar exemplo, sexa o persoal municipal o que deposite escombros neste punto contaminando a zona. Se o concello fai iso, ¿que forza moral ten para requirir aos particulares que non o fagan?.

Xa en época do goberno anterior houbo que gastar miles de euros dos recursos municipais para retirar grandes cantidades de escombros que estaban acumulados dende había anos na explanada portuaria, preto da EDAR, e así foi recuperado un espazo para a celebración das Feiras do Automóbil. Esperemos que a qun sigan acumulándose agora residuos, xesionando o goberno local a retirada dos mesmos e a limpeza do terreo, para que non ter que destinar dentro dun tempo cantidades importantes a dita limpeza ou ser obxecto de sanción por parte das autoridades medioambientais.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

??Estamos ante unha nova paralización de paripé?.

Tanto el PP como la ACP afirman que el decreto de reposición de la legalidad dictado por el alcalde la pasada semana on es más que ??unha nova paralización paripé dun goberno local que practica o amiguismo en prexuizo dos veciños de Porto e de todo o municipio? Ambas formaciones políticas critican lo ocurrido en las últimas semanas y comunican a la ciudadanía que ??non estamos de acordo, para nada, con este xeito de actuar do alcalde, do concelleiro de obras e de todo o goberno local no seu conxunto?. Tanto los concejales del PP como el representante de ACP exigen al ejecutivo cesureño que proceda a ordenar ??con seriedade? a retirada dos postes metálicos anclados en la acera de la Praza dos Valeiros y también el toldo que ocupa buena parte de la vía pública.

DIARIO DE AROUSA, 14/08/12

Álvarez Angueira asegura que ??actuaremos conforme á lei?.

El alcalde de Pontecesures. Luis Álvarez Angueira, era ayer conocedor de que los trabajos de instalación del toldo en la Praza dos Valeiros habían continuado pese a la orden de paralización dictada. La Policía Local, explicó el regidor, acudió a Porto a realizar un reportaje fotográfico de la situación actual de la estructura, pero no será hasta hoy cuando se adopte algún tipo de medida al respecto. Ayer no estuvo en el Concello el arquitecto municipal, que regresa hoy, y al que se encargará un nuevo informe, apunta Álvarez Angueira. Conjuntamente con el técnico ??tomaremos as decisións oportunas e actuaremos conforme á lei?, garantizó el primer edil cesureño. Angueira incide en que ??o que non pode facer o concello e ir alí a quitarlle o toldo directamente, sino que deben seguirse los procedimientos correctos. ??Actuaremos en consecuencia, como xa fixemos no seu momento?, cuando comenzaron los trabajos de colocación de los postes metálicos y, en base a los informes técnicos, se dictó la orden de paralización y se incoó un expediente de reposición de la legalidad, asevera.