El PP cesureño respalda la reclamación de la parcela de Valga pero pide a Tocino que no actúe «polas bravas».

Vidal Seage lamenta que el asunto no esté más avanzado y reprocha a la alcaldesa que tuviese parado 17 meses el expediente iniciado por el gobierno anterior

La existencia de un enclave valgus en pleno corazón de Pontecesures es «un anacronismo» para la alcaldesa de esta localidad, Maite Tocino, quien ha anunciado que su gobierno procederá a expropiar esa parcela si no se desbloquea el diálogo con el ayuntamiento vecino. Ante este conflicto, el PP cesureño comparte con la regidora nacionalista su planteamiento: consideran que estamos ante una «situación anómala e fóra de toda lóxica». Sin embargo, consideran que al gobierno local le están fallando las formas.

Así lo ha explicado, vía comunicado de prensa, el exalcalde Juan Manuel Vidal Seage. En nombre de su grupo, Seage quiso posicionarse sobre esta cuestión, mostrando su respaldo «sen fendas, á adquisición dos terreos de Valga na vila». «Dita postura responde ao interese da totalidade dos cesureños e é coherente co feito polo anterior goberno, que foi quen iniciou este expediente», señala. De hecho, lamentan que el asunto haya avanzado tan poco en el tiempo transcurrido desde las elecciones. Consideran que el asunto fue aplazado por el equipo de Maite Tocino, «que tivo parado o proceso durante os primeiros 17 meses deste mandato sen ningún motivo máis alá que tratar de borrar toda pegada do PP, aínda que sexa co prexuízo dos veciños». Si no hubiese sido así, asegura el exalcalde popular, «poderiamos estar máis preto de recuperar esta parcela no centro urbano».

Lo cierto es que el asunto, ahora sí, está sobre la mesa. Y que el gobierno local ha intentando abrir vías de negociación con Valga que hasta ahora se han encontrado con un rechazo rotundo por parte del municipio vecino. Así que la alcaldesa de Pontecesures está dispuesta a recurrir a la expropiación para hacerse con la parcela que el municipio vecino tiene junto al río y a la plaza, en uno de los espacios más «nobles» del centro cesureño.

Desde el PP aseguran que ya el anterior gobierno tuvo conversaciones con el ejecutivo valgués encabezado por José María Bello Maneiro. En aquellas negociaciones «sopesáronse diferentes opcións e tamén se encargou unha dobre taxación de predio, reservando finalmente unha partida de 150.000 euros co obxectivo de que o prezo non fose un inconveniente e non se derivaran del atrancos no proceso». Y es que, según señala Seage, «a valoración destes terreos é complexa polos compoñentes do caso» y en ese sentido pidió a la alcaldesa, que ofreció 90.624 euros por 1.200 metros cuadrados, «que incremente a reserva de fondos máis alá dun prezo de 75 euros por metro cadrado en previsión de eventuais incrementos da taxación ou outras circunstancias que poidan facer necesaria a inmediata dispoñibilidade de crédito». Y es que, concluye Seage, desde su punto de vista «hai que coidar cada euro público de Pontecesures co máximo celo, porque son cartos de toda a veciñanza, pero se pretendemos resolver unha cuestión problemática, complexa e anómala que leva cen anos enquistada, hai que actuar con dilixencia e, sen dúbida, coa debida prudencia. Non se pode ir polas bravas, hai que apostar polo diálogo institucional e coidar ás formas á hora de buscar o camiño máis curto e a solución máis beneficiosa».

Pontecesures inicia o proceso para expropiar os terreos que ten Valga na súa zona portuaria e desátase a polémica.

Parcela que pertence ao termo municipal de Valga situada na zona portuaria de Pontecesures

Parcela que pertence ao termo municipal de Valga situada na zona portuaria de Pontecesures.

Os alcaldes intercámbianse reproches: Bello Maneiro acusa a Tocino de «querer pasar por riba da historia» e ela de non querer resolver pola vía do diálogo un «anacronismo»

En Pontecesures dáse unha situación pouco común. Dentro do seu termo municipal, na zona portuaria, hai un terreo que pertence ao Concello de Valga que os cesureños queren anexionar ao seu patrimonio porque consideran que a actual situación é «un anacronismo». A alcaldesa Maite Tocino (BNG) leva meses tratando de negociar co seu homólogo de Valga, José María Bello Maneiro (PP), a compra desta parcela, pero o acordo non foi posible de xeito que no Concello valgués recibiron o pasado día 31 unha carta informando de que Pontecesures iniciou o proceso para a súa expropiación.

A reacción en Valga desprende indignación: «Non se pode entender que alguén, coa única intención de celebrar un centenario, trate agora de facer seu un terreo que para todos é parte dunha historia e que debería ser sempre motivo de unión entre pobos e veciños e non ser utilizado á lixeira para intentar propiciar o enfrontamento. Despois de case cen anos, quérese tomar unha decisión pasando por enriba da historia, da memoria e do que os veciños pensan e senten. Non son formas de proceder. Mentres en Europa se traballa a prol da unión, aquí algúns prefiren propiciar a separación e volver á división de anos atrás», sinala o goberno local a través de un comunicado.

Maite Tocino tamén emitiu este sábado un comunicado de prensa no que explica as razóns que a levan a adoptar esta decisión e como se chegou a ela. «É unha cuestión de lóxica e de operatividade en beneficio da nosa veciñanza que o terreo de 1.200 metros, situado en plena zona comercial da vila, catalogado no PXOM como zona verde e con uso público como aparcadoiro, pase a ser propiedade do Concello de Pontecesures. Co cambio de titularidade, a administración cesureña podería realizar traballos moi necesarios de recuperación integral dese espazo, que está moi degradado, e non s limitarse a labores de mantemento».

Con esta premisa, o goberno local solicitou informes xurídicos da viabilidade da operación a unha asesoría externa e unha taxación do valor da finca e iniciou os contactos co concello veciño. Segundo informa a alcaldesa, reuniuse en dúas ocasións co alcalde de Valga, en xaneiro e en xuño, pero o acordo non foi posible. «Díxome que non había nada que facer», afirma Tocino.

A partir do 31 de outubro, e non antes, lamenta Tocino, «Maneiro convocou ao BNG e ao PSOE de Valga para advertirlles da situación e, por vía do voceiro nacionalista do seu concello, quixo volver reunirse para falar sobre a situación».

O encontro quedou fixado para o vindeiro mércores 20 de novembro, pero, á vista do comunicado emitido hoxe desde Valga, a rexedora non é moi optimista. «Parece que novamente non hai interese e só se busca confrontar e dinamitar calquera posible acordo».

«Nós fixemos as cousas ben dende o principio. Puxémonos en contacto de maneira directa. Quíxose ir pola vía do diálogo e non foi posible. Maneiro non pode insinuar que non sabía que iamos ir pola expropiación porque era perfectamente coñecedor. E agora co seu último comunicado, que parece unha burla, case nos obriga a seguir adiante a non manter a reunión que tiñamos fixada», subliña a rexedora.

La Voz de Galicia

El PP de Pontecesures insta al gobierno a que retome la reforma de la Prazuela con fondos provinciales.

El PP de Pontecesures insta al gobierno a que retome la reforma de la Prazuela con fondos provinciales
Vidal Seage, portavoz del PP, en una sesión plenaria.

El PP de Pontecesures va a presentar sendas propuestas en el Pleno para solicitar la recuperación del proyecto de reforma integral de A Prazuela y de su entorno y la ejecución de diversas mejoras en las infraestructuras deportivas al amparo de los dos nuevos planes de inversiones extraordinarias de la Diputación, que pueden suponer hasta 680.000 euros.

Así, la formación liderada por Manuel Vidal Seage, presentará una moción para reclamar que el bipartito retome este proyecto de “reconexión peonil, segura e amable” de su núcleo urbano. De este modo, se planteaba la recuperación de la conexión peatonal entre el centro y las dotaciones públicas (colegio, biblioteca, centro de salud, escuela infantil y el pabellón municipal de deportes) que discurren por la calle Miguéns Parrado, limitando el tráfico rodado a una velocidad máxima de 10 kilómetros por hora. 

En esta línea, Vidal Seage lamenta que la alcaldesa, Maite Tocino, renunciara al proyecto “alegando incomprensiblemente falta de fondos e problemas para o cumprimento cos prazos de execución e xustificación”. Así, ahora la idea de los populares pasa por que esta actuación opte al nuevo Plan Provincia Extraordinaria, con el que la Diputación puede llegar a invertir hasta 590.000 euros en Pontecesures.

“A rexedora ten unha oportunidade magnífica a nivel de financiamento e tamén para demostrar que as súas xustificacións eran certas, xa que a Deputación ofrece aínda máis cantidade da que estaba concedida e ten todo o tempo do mundo para reformar a Plazuela e o centro da vila”, explicó el portavoz popular.

Asimismo, el PP va a presentar otra moción para que se acometan mejoras en diversas instalaciones deportivas al amparo de la segunda edición del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas (PEID), que dotará al Concello de casi 90.000 euros. Así, la propuesta consiste en la ejecución de diversas mejoras en el Campo de Fútbol Ramón Diéguez, en el pabellón municipal y en la pista deportiva anexa al muelle.

“Teñen case o dobre de cartos e tempo para executar a mellora da Prazuela e a súa contorna, así que veremos se tamén teñen gañas de levalo a cabo ou optarán por enterralo como fixeron co Náutico, o parque empresarial, a Festa da Lamprea e tantos outros”, concluyó el edil popular.

Diario de Arousa

O PP de Pontecesures cualifica como de pouco serio o “proxecto alternativo” do goberno de Pontecesures ao polígono e que consiste nun mero plano coloreado.

A alcaldesa de Pontecesures segue na teima alonxar os asentamentos de industria no noso concello.

Afirmaba, hai máis de un ano, dende a seguridade do seu despacho, ter un “proxecto alternativo”. O Partido Popular de Pontecesures, farto de preguntar nos plenos por ese agochado proxecto da actual alcaldesa, tivo que recorrer á Valedora do Pobo para conseguir información do que o actual goberno pretendía facer na Tarroeira. Despois soubemos, non sen moitos atrancos, que o único que tiña era o que chaman “PROPOSTAS”.

O “plan alternativo” do que alardeaba en prensa no que, dicía, levaban meses traballando, quedou reducido a un plano moi colorido pero pouco serio e menos realista, que presentaron ao Instituto Galego de Vivenda e Solo. Esto é o que Tocino define como “proposta”. Falar é gratis.

Insiste novamente no “seu proxecto alternativo” de vivendas no espazo que a Xunta identificou coma idóneo para un desenvolvemento empresarial que suporía definitivamente un revulsivo para a economía de Pontecesures.

A medida que vai transcorrendo a lexislatura vemos que proxectos para o Pontecesures que esmorece xa non queda ningún… a actual alcaldesa o único que pode ofrecer, no mellor dos casos, son “propostas” valeiras de contido e un futuro alonxado da prosperidade que merece o noso pobo.

POPULARES DE PONTECESURES

El gobierno de Valga tumba la moción del BNG que reclamaba un local de ensayo “digno”.

El gobierno de Valga tumba la moción del BNG que reclamaba un local de ensayo “digno”
Los ediles nacionalistas, Fran Devesa y Miguel Lois, en una sesión plenaria.

El BNG de Valga presentó una moción en el Pleno de este martes solicitando al gobierno que se acondicione un local de ensayo “que cumpra as condicións mínimas esixidas” y contar con los músicos locales en la programación cultural. Los nacionalistas lamentan tras la sesión que el gobierno en mayoría del PP, “aínda recoñecendo as deficiencias do actual local”, votó en contra de la iniciativa. 

En este sentido, el portavoz del Bloque de Valga, Fran Devesa, recrimina al alcalde “falta de diálogo e vontade política” para “apoiar unha demanda que vén directamente dos grupos de música locais”.

Asimismo, los nacionalistas denuncian que el grupo municipal del BNG no pudo hacer las preguntas a las que tiene derecho en cada Pleno, ya que el alcalde lo dio por finalizado antes de que Devesa pudiera realizar las cuestiones que tenía preparadas, “mostrando unha vez máis o pouco rigor democrático e a falta de vontade de debate de quen preside os plenos”, critica el edil. 

Diario de Arousa

O PP de Pontecesures alerta sobre as fugas de auga na rede municipal.

A alcaldesa do noso concello asinou no mes de febreiro de este ano un decreto no que solicitaba os fondos que Augas de Galicia poñía a disposición dos concellos para elaborar auditorías destinadas a minimizar as perdas de auga.

A Pontecesures concedéuselle unha subvención de 6.000€ para dita auditoría, que se leva a cabo durante este ano 2024 e que presenta resultados o 10 de setembro.

A auditoría conclúe que, na estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Condide, o 47% da auga que sae dos depósitos pérdese en fugas que non están controladas, nada máis e nada menos que 227 millóns de litros de auga!

Dí tamén a auditoría que o Concello ten 4 anos para reducir esas perdas e acadar un rendemento do 80% na rede de subministro.

O actual goberno, ao contrario que o anterior, non investiu nin un só euro na mellora dos nosos sistemas de abastecemento e saneamento.

Celebramos o arranxo da perda de auga que dende semanas se localizaba no camiño a Carreiras contribuíndo a esos millóns de litros de auga que se perden irremediablemente todos os anos e que tras avisarmos ao Concello non conseguimos que se lle prestase atención ata que se comunicou pola aplicación que a Diputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos da provincia para a comunicación de incidencias coma estas.

A política medioambiental non debe reducirse nicamente a espallar muráis polo pobo, que tamén está moi ben; preservar e optimizar os recursos naturais estaría, coidamos, moito mellor.

POPULARES DE PONTECESURES