Todos os anos, o xoves anterior ao día grande das Festas de Porto, trasládase, ao remate da misa ordinaria da tarde, a imaxe de San Roque en procesión dende a Igrexa Parroquial de Pontecesures ata Porto.
Deste xeito, onte, 23 de agosto, sobre ás 20:50 horas saíu a procesión da Igrexa, pero ao avanzar pola rúa San Lois atopouse cuns coches de fronte que avanzaban en sentido contrario pola rúa. Detivéronse, obviamente, tanto os coches como a comitiva. Logo duns instantes de confusión, a procesión tivo de desfacerse e tanto a imaxe como os acompañantes tiveron que avanzar na rúa San Lois polas beirarrúas, deslucíndose, obviamente o desfile. Foi formada de novo a procesión máis adiante, na rúa Carlos Maside.
As manifestacións de desagrado dos acompañantes e espectadores foron bastantes xa que ninguén entendía porque non se cortaron as rúas afectadas pola procesión ao tráfico como se fixo todos os anos. Unha imaxe lamentable da vila tomada ademais por unha cámara da TVG que tomaba imaxes para un programa televisivo.
Á este concelleiro pareceulle tamén mal o sucedido, e solicita ao alcalde en funcións, Ángel Manuel Souto Cordo, una explicación pública sobre as razóns de que non se procedera aos cortes necesarios de tráfico (co operativo da Policía Local ou de Protección Civil) para posibilitar o traslado da imaxe de San Roque en procesión. ? un acto que se celebra sempre nas Festas de Porto e non se comprende como ninguén do goberno local tivo a previsión de estar atento a estes detalles xa de tradición na vila. De novo teño a impresión que estamos ante un goberno local apático, onde prima o desinterese e a desorganización entre os seus integrantes.
24/08/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.