Nunha entrevista do Diario de Arousa publicada no día de onte a Ricardo Varela, vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, preguntaselle o seguinte:
«Vaise iniciar o proceso nas asambleas locais para renovar as executivas, albíscase reñido?».
O Sr. Varela resposta: «Será durante 20 días no mes de outubro e seguro que hai algunhas agrupacións onde hai máis dunha candidatura, iso non é bo nin malo, iso é a democracia interna do partido. O que no partido se defende sempre é que con independencia das candidaturas que haxa se respecten os resultados e se apoie a dirección saínte, esas son as nosas regras de xogo sempre.»