Estase a distribuir nestes días o boletín nº 4, 2ª etapa do BNG de Pontecesures (Febreiro de 2010).
Na primeira folla hai un artigo que dí: “Alcaldesa, PP e tránsfugas néganlle ás persoas maiores o Centro de Día”.
Na segunda outro que dí: “Os veciños e veciñas demandan o ancheamento da pista de Grobas e Fenteira”. “A alcaldesa négase a considerar unha iniciativa do BNG”. “O goberno local considera aos veciños de Grobas e A Fenteira cidadáns e segunda”.
Na terceira hai dous artigos. O primeiro se titula, “Desorganización e caos no peirao de Pontecesures”, referíndose á chegada a nado de David Meca. O segundo, “De cando Pontecesures optou ao ?scar ao Esperpento”, sobre o mesmo tema.
Na derradeira folla aparece un artigo sobre o uso galego, “O BNG, en sintonía coa sociedade, pide a retirada do decreto do galego”. Tamén unha frase de Guillerme vázquez que dí: “Feijóo é o único agresor ó idioma galego” e outra de Bieito Lobeira que di: “Poden volver tempos de mestres e mestras expedientados”.
As referencias aos asuntos municipais son prácticamente unha repetición das notas publicadas polo BNG que se reflicten neste medio.
Vou transcribir o artigo “De cando Pontecesures optou ao ?scar ao Esperpento” que aparece na columna “A opinión da nosa xente”.
O que todos os veciños e veciñas pensamos que era falla de organización (á que tan habituados nos ten o grupo de goberno) resulta que estaba feito a propósito. Tratábase de facer unha película ao máis puro estilo Buster Keaton. Unha película para esmendrellarse de risa que dese a coñecer ao mundo as magníficas dotes artísticas de Maribel, Sabariz e Randulfe, cuxas actuacións farán merecedores do ?scar ao Esperpento.
Escea 1ª. Caos no peirao. O nadador chega totalmente exhausto. A multitude amoréase e, entre a xente, megáfono en man, o ínclito tránsfuga Sabariz: “Paso, paso, que aquí mando eu”, dicía. Os sanitarios non daban crédito da desvergoña do individuo que se lanza, cun megáfono atronador, contra o nadador. A que atender? ao concelleiro que se encontaba fóra de sí ou ao nadador?. Os sanitarios empurran ao tránsfuga Sabariz e a duras penas consiguen sacar ao nadador do peirao e levalo en ambulancia.
Escea 2ª. Entra en escea o concelleiro Randulfe. Con determinación manda á ambulancia para o Centro de Saúde de Pontecesures que alí será ben atendido. Cara de satisfacción do concelleiro pola súa rápida e eficaz xestión.
Escea 3ª. Centro do pobo. Nenos e nenas incrédulos e con cara de frío agardan polo desfile de Reis, que non avanza. ¿Que pasa?, din. Son ordes da alcaldesa.
Esea 4ª. Camiño ao centro de saúde. A ambulancia encóntrase de fronte co desfile parado e ten que buscar camiños alternativos para saír do atasco.
Escea 5ª. Por fin!! o Centro de Saúde. A ambulancia, despois de moitas peripecias chega ao Centro de Saúde….esta pechado!. Os veciños e veciñas preguntan…”que fan aquí?”. “Mandounos Randulfe”, contestaron. Risas do pobo.
Escea final. Randulfe cos ombreiros encollidos diríxese ao respetábel e di “eu non sabía nada…ademais eu tampouco mandei vir a ese home a nado!. Mentres tanto a alcaldesa e demais autoridade locais, acompañados do super mini delegado Sr. Tourís non saben que facer. A alcaldesa ten nas mans o ramo de flores mercado polo concello para agasallar ao nadador. O nadador no centro de saúde de Valga.