BALONCESTO: PONTECESURES DESIGNADA SEDE DA FINAL FOUR SENIOR

A federación galega de baloncesto ven de confirmar que accede á solicitude presentada polo C. b. Rio Ulla o pasado 23 de xaneiro, pedindo a organizaciónda fase final do campionato ligueiro. Dita “final four” vai ser o vindeiro sábado 31 de maio (2 semifinais), e domingo 1 de xuño a gran final.

Chegan a esta final a 4 os 4 mellores equipos da liga. Cando queda a ultima xornada por disputarse, matemáticamente Pontecesures é o 1º da liga, logo de mais de 7 meses de competición. Cuntis e Portonovo están en 2º e 3º lugar respectivamente, pero segundo se dean os resultados nesa derradeira xornada poderían incluso cambiar de orden. Pola 4ª praza hai ate 4 equipos con posibilidades reais: Motobazar, BBC, e Liceo, de Vilagarcia, e o Gestchal de Cambados. Segundo os resultados desta próxima semana un dos 4 conseguirá o pasaporte para a final.

O formato é: na tarde do sabado 31, as 2 semifinais (2º contra 3º, neste caso Cuntis e Portonovo seguro) e a outra semifinal é a que enfrentará ó Extrugasa Rio Ulla contra o 4º clasificado.

Os 2 equipos que gañen ascenderán, e o domingo 1 de xuño, tamén pola tarde, disputarán a gran final polo título de campeón.

Dende xa imos traballar por que todo este a punto para que se vexa un bonito espectáculo, tratando de mellorar aquelas deficiencias sinaladas pola federación, coma é o arranxo do reloxio do marcador. Para elo temos 2 opcións reais, lograr atopar unha casa que o repare, ou ben lograr un préstamo doutro marcador para este campeonato. Ditas deficiencias xa foron postas en coñecemento do Concello quen será o que teña que atopar a mellor solución.

Esperemos contar cun bo ambiente nas gradas, para que o equipo cesureño logre acadar este título 4 anos despois do último. En días concretaremos os horarios dos partidos, así coma algunha sorpresa mais que serán presentados para a vindeira semana.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

SENIOR

Sabado ás 6 da tarde en Pontevedra: BBC de Vilagarcia – Extrugasa Rio Ulla

Domingo ás 12 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Dorna de A Illa

Con estes 2 partidos, intrascendentes para a clasificación, pois o equipo acaba 1º, remata a liga para o Extrugasa. Para a semana toca xornada de descanso, e dentro de 2 é a final a 4. Pontecesures aspira a ser sede desa “final a 4”, estando á espera da confirmación por parte da federacion galega de que nos conceden esa organización.

CADETE

Sabado ás 10.15 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Portonovo.

INFANTIL MASCULINO

Sabado ás 10 en Pontevedra: CB Pontevedra – Extrugasa Rio Ulla

Tanto os cadetes coma os infantís rematan nesta fin de semana a temporada oficial. O balance da temporada é boa en ambos equipos, con xete que se incorporou este ano foron capaces de gañar partidos e non quedar nos ultimos postos dos seus respectivos campeonatos. Agora só queda entrenar ate coller vacacións 

ALEVIN FEMENINO

Sabado ás 11 en Cambados: Xuven B – Extrugasa Rio Ulla

Domingo ás 11 en Poio: Poio – Extrugasa Rio Ulla

As nenas sinxelamente ESPECTACULAR: levan 20 victorias en outros tantos partidos. Nesta fin de semana disputan os 2 ultimos partidos da súa liga. Clasificadas 1ºmatematicamente no seu grupo, deberan de xogar a final de Arousa femenina, contra o Arxil de Pontevedra, proximamente, nun campo neutral.

ALEVIN MASCULINO

Sabado as 12.30 h. en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Marin Peixegalego B

Domingo ás 16.45 en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

 Tamén boa temporda a dos nenos que rematan á sua vez o campeonato este fin de semana. Nestes partidos determinarán en que posto quedan, entre o 3º1 e o 5 lugar do seu grupo.

XUNIOR FEMENINO

Domingo as 18.45 h en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – O Meco de O Grove.

Voltaron rapazas á competición, copeira neste caso, debutando a pasada fin de semana, con 2 derrotas. Unha sen paliativos contra Portonovo, e perdendo por 7 en Cambados.

BALONCESTO: O EXTRUGASA VENCE ESTA MA?Á EN PONTECESURES NUN PARTIDO MOI COMODO: 82 ?? 34

EXTRUGASA RIO ULLA = 82

Gulli (8), Peñaño (15), Diego (6), Victor (5), Pino (9), Pedro (3), Nacho (6), Santi (17), e Pepi (5).

LICEO CASIO DE PONTEVEDRA = 34

Victoria moi facil ante un equipo que se presentou con 6 xogadores, e perdeu no descanso a un por lesión. Os cesureños plantexaron o partido para rotar a todos os seus xogadores e así foi. A defensa individual superou ós de Pontevedra en toda a 1ª parte. De inicio foi Santi no poste baixo quen resolveu no ataque (10 puntos neste cuarto), con boas asistencias de Pepi. Os 5 minutos o parcial era de 9 ?? 2, e ca sensación de que non se aproveitaba esa boa defensa. E así foi: do minuto 6 ó 10 a defensa roubaba e sacaba bos contrataques, e senón movíase con moito orden o balón contra a zona 2-3 visitante, o que daba opcións de bos tiros de 3 puntos. Gulli con 2 e unha ultima de Santi deixaron o marcador nun 23 ?? 6.

Saiu Peñaño a dirixir ó equipo no 2º cuarto e rapidamente tomou o mando do mesmo: con 3 triplas, balons roubados e asistencias (13 puntos en 5 minutos) foise o partido no minuto 15 ate un 42 ?? 8 o quue fala da enorme diferencia de xogo entre ambos equipos. Ademais nestes minutos finais xa tiñan xogado todos os xogadores dispoñibles. Diego, Cachote e Santi con unha tripla cada un seguiron anotando en pleno recital dos lanzadores, indose o partido ó descanso a un 55 ?? 12.

A 2ª parte pouca historia tivo: Os de Pontevedra eran 5 no campo e o Extrugasa o tomou mais relaxado. Así se perderon mais balóns e non se defendeu tanto, e so Juanjo resolvia no inicio con 6 puntos seguidos: polo que no minuto 25 o marcador estaba en 61 ?? 24, pois os de Pontevedra cargaban mais o xogo en accions de 1contra 1 no poste baixo xa que Cesures tiña 3 pequenos en pista. Nese momento o adestrador local puxo ó seu equipo nunca zona 3 ?? 2 e acabaronse eses ??1 contra 1?. ? final do cuarto chegouse 67 ?? 26.

E no ultimo cuarto o partido foi similar: control do rebote defensivo, de novo Santi e Diego anotaron de 3 e as diferencias que se amplian ata o 72?? 32. Dende ahí ata o final un novo parcial de 10 ?? 2, e remata o encontro: 82 ?? 34.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR

Extrugasa Rio Ulla – Liceo Casino de Pontevedra: domingo ás 12 en Pontecesures.

Cadete Masculino

Domingo ás 10.30 h. no Grove: C. B. Grove  Extrugasa  Rio Ulla

Infantil Masculino

Sabado ás 17 h. en Pontecesures Extrugasa Rio Ulla – E-.D.M. Estradense

Infantil Femenino

Sábado ás 12.30 en Cordeiro: Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

Alevin femenino

Sabado ás 10.30 en Pontecesures: Extrugasa rio Ulla – Liceo B de Vilagarcia

Alevin Masculino

SAbado ás 19.15 en Pontecesures: Extrugasa Rio Ulla – Dorna de A Illa

O CLUB BALONCESTO RIO ULLA INVITADO A VER O PARTIDO DE LIGA LEB ENTRE O ROSALIA E O BREOGAN

Estes pasados dias directivos do equipo de baloncesto Rosalia Beirasar de Santiago, que participa na liga LEB Ouro, puxeronse en contacto con membros do C .B Rio Ulla para invitar ós seus equipos da canteira a presenciar no Pabellón do Sar, en Santiago, o derbi galego entre o Rosalia e o Breogán de Lugo. Para elo puxeron a disposición deste noso club un autobus de 55 prazas que esperamos encher cos nenos e monitores do club, así coma calquera afeccionado que queira acudir, pois queren que o pabellón teña a maior entrada de espectadores posible.

Este partido é intranscendete a efectos da clasificación, pois na penultima xornada da liga ambos equipos galegos están clasificados para xogar o plaioff de ascenso á ACB. O Breogán agora mesmo está 3º, mentras que o Rosalia é 8º. Sube directamente á ACB o 1º da liga regular, e a outra praza de ascenso será para o gañador de 3 rondas de plaioffs que xogarán do 2º ó 9º desta liga regular. Se acabasen nestes postos ambos equipos galegos terían que enfrentarse entre eles na 1ª ronda do, xa que o 2º se enfrenta ó 9º, o 3º ó 8º, etc.

O autobús sairá dende a zona da piscina de Pontecesures (terreo de Valga) este venres ás 19.30 h., pois o encontro comeza ás 21 h. e hai que estar 1/2 hora antes. O regreso voltará ó mesmo sitio, calculando que chegue sobre as 23.15 h. Anímase a todos os afeccionados que aproveiten esta ocasión para acudir gratis a presenciar dito partido. E de paso queremos agradecer a deferencia que tivo o Rosalia de Santiago connosco.

HORARIOS DESTA FIN SE SEMANA DOS PARTIDOS DE BALONCESTO DO CB. RIO ULLA

SENIOR

Sábado as 19 h. partido en Vilagarcia, contra o Motobazar ?? Vilagarcia. Para este encontro os cesureños recuperan ós pivots Nacho e Pino, e teñen a dúbida de si se recuperará a tempo seu base Peñaño, ó que non queren forzar. Van a buscar a victoria que lle falta para clasificarse matemáticamente primeiros, inda que lle quedan 4 partidos da liga para acadala.

INFANTIL MASCULINO

Inician esta tarde de venres ás 18 h. a súa andaina na copa, xogando en Pontevedra contra o Estudiantes, rival dun nivel parello.

ALEVIN MASCULINO E FEMENINO.

Xogan no Grove na mañá do sábado contra os 2 equipos do C. B. Grove. Ambos equipos teñen opcións de gañar, o que os mantería nos postos altos, e no caso das rapazas invictas na temporada.