HORARIOS DESTA FIN SE SEMANA DOS PARTIDOS DE BALONCESTO DO CB. RIO ULLA

Esta fin de semana partidos que os distintos equipos do club van xogar son os seguintes:

SENIOR: SABADO ÁS 19.30 H. EN PONTECESURES CONTRA O GESCHALT CAMBADOS.

CADETE MASCULINO: SABADO AS 10 H. EN PONTECESURES CONTRA A ESTRADA.

INFANTIL MASCULINO: SABADO AS 12.15 EN PONTECESURES CONTRA O CB. PONTEVEDRA.

INFANTIL FEMENINO: SABADO AS 12.30 H. CONTRA O MECO NO GROVE.

ALEVIN FEMENINO: SABADO AS 18 H. CONTRA O LICEO CASINO EN VILAGARCIA.

BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA XOGASE ESTE DOMINGO O LIDERATO CONTRA CUNTIS

Este Domingo día 13 de xaneiro o Extrugasa Rio Ulla senior vaise xogar o liderato contra os 2º clasificados, o Cuntis, ás 5 da tarde no polideportivo de Pontecesures, nun dos partidos mais interesantes non só da xornada, senón de toda a primeira volta da competición ligueira que finaliza precisamente esta fin de semana.

O partido vaise disputar logo do parón navideño, non sabendo coma vai afectar a ambos equipos este parón de 3 semanas. Os cesureños están mentalizados para gañar e proseguir ca racha de victorias consecutivas (actualmente son 8, ó perder nada mais que na 1ª xornada contra Cambados alá). E por cousas do calendario, nas seguintes 2 semanas van a pasar polo pabellón cesureño o 3º clasificado (Cambados) pra semán, e o 4º clasificado (BBC) dentro de 2 semanas, polo que nestes 15 dias o Extrugasa pode poñer distancias cos seus rivaisou complicarse a liga.

Outros horarios dos equipos inferiores. O Grove visita Pontecesures contra 3 equipos cesureños:

– Cadete: Sábado ás 10 h. en Pontecesures.

– Alevin Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures.

– Alevin femenino: Sábado ás 12.45 h.

BALONCESTO: NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR POR 42 A 62

LICEO CASINO PONTEVEDRA = 42

EXTRUGASA RIO ULLA = 62

Gulli (16), Peñaño (7), Pedrito (-), Victor (3), Pino (8), Pedro (6), Juanjo (-), Santi (2), Arturo (8), Feli-no (3), Pepi (9).

100_7572-web.JPG

O Extrugasa consegue outra victoria ante un Liceo de Pontevedra que ia 2º na tabla de clasificación. Ademais o fixo por 20 puntos de diferencia, e cimentánsose nunha forte de fensa INDIVIDUAL que deixou a un equipo que tiña bos números en 42 puntos, proba de que pouco a pouco mellora o seu xogo colectivo, sobre todo en ataque.

Iniciouse o encontro e de entrada Pepi supo leer a defensa zonal 2-3 pechaada sobre os pivots de Cesures, ó anotar os 9 primeiros puntos do Extrugasa (min 5: 4 ?? 9). En defensa os cesureños empezaron en individual, o que lle rompeu as ideas ós locais, pois non encontraban boas opcións de tiro. Unha tripla de Gulli puso ó Extrugasa por primeira vez en 10 puntos de diferencia: 8 ?? 18, rematando o cuarto en 10 ?? 19.

No 2º cuarto os cesureños tamén puxeron unha zona 2 ?? 3 e moveron o banco. Esto foi aproveitado polo pívot local nº 14 (16 puntos neste cuarto) para sair a tirar anotando varias triplas que lle diron a volta ó encontro (min 16: 24 ?? 23). O Extrugasa sufría para anotar e inda tivo que ver coma os locais se ian un minuto despois a un 28 ?? 23. O Extrugasa voltou a facer defensa individual e un gran Arturo ??secou? ó seu mellor xogador. Quedando 3 segundos o Extrugasa perdía 28 ?? 27, pero aproveitou un saque de medio campo para que Felipe pasase rápido a Peñaño que meteu unha tripla de 7 m. e deixou o marcador ó descanso nun 28 ?? 30.

A 2ª parte comenzou cuns minutos de poucos puntos (min 23: 30 ?? 32), pero un parcial de 6 a 15 neste cuarto, con 2 triplas de pedro cachote e unha de Gulli despegarón ó Extrugasa ata un 34 ?? 47. Nos ultimos minutos do cuarto e nos primeiros do ultimo perio o Extrugasa tivo un bixon no ataque, que acercou de novo os pontevedreses a un 40 ?? 47, quedando arredor de 7 minutos. Pero ahí Gulli con outra tripla (40 ?? 50) e cunha defensa moi forte do equipo o parcial final foio de 2 a 12, rematando o encontro con varios contraataques de Peñaño e Gulli.

A Deputación entregou uns obsequios ós xogadores do Extrugasa Río Ulla.

O sábado pasado día 10 de novembro, o 1º tenente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe e o concelleiro de deportes, Javier Quintá, entregaron no pavillón municipal unas mochilas-bandoleiras os nenos do equipo alevín de baloncesto do Extrugasa Río Ulla como obsequio da Deputación Provincial de Pontevedra.
No futuro, entregaranse estas mochilas-bandoleiras ós integrantes dos outros equipos deste club de baloncesto.

HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA DO BALONCESTO

Este sábado día 20 o Extrugasa Rio Ulla senior vai xogar o seu primeiro partido de liga na casa, diante do Liceo de Vilagarcía. A hora do mesmo é ás 19.45 no polideportivo cesureño.

O Extrugasa intentará resarcirse da derrota da 1ª xornada en Cambados, ante un rival do que hai poucos datos, tan só que é un equipo cunha media de edade moi xoven. Ademais, o equipo cesureño vai contar co problema de ter varias baixas de novo: Pino de viaxe; Felipe e Pedrito lesionados, e Peñaño ausente por “motivos persoais”, polo que só van ser 8 os xogadores dispoñibles. Na vindeira semana deberíamos de recuperar efectivos para empezar a ser mais competitivos. Bo partido para que os novos veteranos den a talla (eh, Pepi), e os xuvenís Juanjo e Victor xoguen minutos e aporten positivamente ó equipo.

Ademais este sábado empezan a disputar partidos amistosos de pretemporada os equipos de categorias inferiores do club. En concreto, ó sábado pola mañá as 10.30 h. o fará o equipo cadete masculino, e  a continuación o equipo alevín mixto de minibasket, sobre as 12.30 h. Ambos partidos van ser contra os integrantes do C. B. Grove, que se desprazan ata Pontecesures, tendo previsto devolverlles a visita na vindeira semana.

 As ligas das categorias inferiores empezan a principios de novembro, e o club Rio Ulla conta con 5 equipos: cadete masculino, infantil masculino, infantil femenino, alevín mixto e benxamín mixto. (Os 2 equipos infantís van xogar no polideportivo de Valga, ó estar formados por nenos e nenas dese concello xunto con nenos cesureños).

ESTA FIN DE SEMANA O CB RIO ULLA INICIA O CAMPEONATO DE LIGA 2007/08

Será este Domingo día 7 a partires das 19 h. na cancha de Pombal, en Cambados, contra os locais do CB. Xuventude de Cambados, equipo novo na categoria.

A priori o equipo de Pontecesures buscará facer un digno papel, buscando estar o mais arriba posible nunha liga con 12 equipos mais, dos que a metade non estaban o ano pasado, polo que falar de favoritos agora é unha incognita.
Equipos do ano pasado están: Lalín, Estrada, Cuntis, Portonovo, A Lama e Liceo de Pontevedra.

Son equipos novos: Motobazar, BBC e Liceo, de Vilagarcia; Dorna de A Illa, Xuven de Cambados; e Escola Naval de Marín.

A liga rematará o vindeiro 30 de marzo, logo de 6 meses case ininterrumpidos de competicion.

Os integrantes do equipo cesureño son todos de Cesures e e Valga, excepto o caldense Victor, que xunto con Pedrito e Juanjo suben do equipo xuvenil. Ca incorporacion destes 3 rapaces mezclase veteranía con xuventude, para ter unha media de idade mais baixa que a do ano pasado. O mais maior é o “gran capitan” Peñaño,  (34) e o mais novo o mozo de Caldas, con 17 anos.

table(tabla).
|_. Bases: |Peñaño e Pedro “Cachote”|
|_. Aleiros: |Diego, Victor, Gulli, Felipe, Pepi e Pedrito|
|_. Pivots: |Pino, Turo, Santi e Juanjo.|

Dende aqui invitamos ós afeccionados a seguir dende esta páxina as novas e resultados do equipo, e tamén poñeremos con tempo o día e hora dos partidos que disputemos coma locais, para que a xente se entere e poida subir ó polideportivo.