Horarios dos partidos do Club Baloncesto Río Ulla

p(centrado). basket1.jpg

p(leyenda). Infantil Masculino

p(sangrado). Sabado Ás 5 Contra Marin Peixe Galego

p(leyenda). Senior Zonal

p(sangrado). Sábado ás 19.15 H. Contra Basket Deza-Lalín

p(leyenda). Xunior Masculino

p(sangrado). Domingo As 17.30 H. Contra Portonovo.

p(leyenda). Benxamíns

p(sangrado). Xogan a 1ª Xornada Do Seu Campeonato O Domingo a Partir Das 17 H. En Cambados.

Este ano o Río Ulla vai participar cun equipo de nenos/as de 6 a 9 anos nesta categoría , que se xoga 1 vez ó mes por concentración de varios equipos nun pabellón no domingo á tarde, ata un total de 6 concentracións dende agora ata maio.

Horarios dos partidos coma locatarios do Club de Baloncesto

basket.jpgEsta vindeira fin de semana os horarios dos partidos do C.B. RIO ULLA en Pontecesures son os seguintes:

– Sábado 11 as 12 h. da mañá: Infantís masculinos

EXTRUGASA RIO ULLA – CELSO MIGUEZ de PONTEVEDRA

– Sábado 11 as 20 h. da tarde: Xunior Femenino:

EXTRUGASA RIO ULLA – C.B. DORNA de A ILLA

– Domingo 12 ás 17.30 h.: Alevíns

EXTRUGASA RIO ULLA – BBC de VILAGARCIA

 

DESPRAZANSE AFORA:

– O EQUIPO SENIOR: XOGA MA?Á SÁBADO AS 17 H. EN CUNTIS

– TAMEN XOGA FORA AS NENAS CADETES: DOMINGO ÁS 12 EN CAMBADOS CO XUVEN. 

 

Interesante xornada deportiva no pabellón

Premer para ampliar imaxe

Hoxe empezan as súas respectivas competicións ligueiras na casa tanto o novo equipo de futbol sá do Pontecesures C. F. as 17 h.; coma o Extrugasa Rio Ulla de Baloncesto, a partir das 19.30 h.

O Pontecesures C. F:, ante o número reducido de xogadores do que dispoñía decidiu retirar ó equipo de fútbol da Liga de 3ª rexional e federalo nunha liga de futbol sá da propia federación. Van xogar contra outros 13 equipos de case toda Galicia, e coma descoñecen o nivel da mesma non se pode dicir realmente que aspiracións teñen, pero si que qieren facer de Pontecesures un fortín onde os equipos visitantes teñan que sufrir moito se queren gañar. O entrenador Marcos “Pichi” segue unha tempada máis ó frente do equipo.

A continuación, a partir das 19.30 h. xogan os senior do equipo de baloncesto Extrugasa Rio Ulla, o seu 2º partido ligueiro, contra o equipo de Portas “El Doce”. Na pasada xornada sufriron unha derrota por 67-59 na sempre dificil cancha de A Estrada, e agora queren optar ó triunfo para recuperar posicións na taboa clasificatoria, e moral cara ós seguintes partidos

Mañán Domingo ás 12.15 horas van xogar os rapaces xuvenís do Extrugasa Rio Ulla contra os do Liceo de Vilagarcia, e pola tarde ás 17.15 h. vanno a facer as rapazas xuvenís contra o Cortegada de Carril. Ambos rivais son dous equipos superiores polo que a victoria para os nosos xóvenes deportistas vai ser dificil.

 

Inicio doutra tempada do Club Baloncesto Río Ulla

Nestes dias arranca a temporada 2006-07 para os distintos equipos do club de baloncesto. Os senior e xuvenís levan dende o luns entrenando polas noites. Onte martes os equipos cadetes e infantís iniciaron os seus adestramentos, e os equipos femeninos o farán este venres pola tarde. Tan só os alevíns quedan ata principios de outubro, pois a sua liga empeza cara finais de novembro.

Nos vindeiros dias faremos unha nota pública para que aqueles nenos e nenas que estean interesadas en formar parte do club, se incorporen os adestramentos.

Esperemos que o campeonato do Mundo logrado pola selección española anime ós nenos/as e mozos/as a apuntarse a este deporte.

Asimesmo, esperemos facer desta páxina a nosa ventana ó mundo. Así temos pensado poñer as plantillas cando estean conformadas, resultados semanais, e calquera noticia que o club xenere, pois somos sobre 80 persoas as vinculadas ó deporte da canasta en Pontecesures.

 

Os máis pequenos do Basket Rio Ulla pechan a temporada este sábado

Os equipos alevín e benxamín (8 a 11 anos) do Club Baloncesto rio Ulla vai acudir O Grove a un torneo de clausura da temporada de baloncesto 2005-06 organizado polo Club Baloncesto Meco do Grove. Dito torneo vaio ser durante a xornada do sábado 17 de xunio, pero nesta “xornada de convivencia” os nenos e nenas van ter oportunidade de participar noutras actividades coma un paseo polo pobo do Grove en “chiquitren” ou unha visita á ria nun catamarán que ten o fondo de cristal, para poder ir vendo o fondo do mar.                                          

Dende aqui aproveitamos para agradecer esta invitación realizada polo club local e esperemos que os rapaces o disfruten. Con este torneo o club Rio Ulla pecha a temporada 2005-06 ata despois de agosto.

Estudian la celebración de la I Festa do Deporte para incentivar a los niños

alcalde.jpg*El director xeral de Deportes de la Xunta de Galicia, Santiago Domínguez Olveira, se reunió ayer en Pontecesures con el alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, y los representantes de los tres clubs deportivos de la villa: Ángel Barreiro del Club Náutico, Concepción Gómez del equipo de fútbol, y José Rodríguez del Club Baloncesto Río Ulla. Directivos y políticos trataron la posibilidad de organizar de forma conjunta la I Festa do Deporte en el municipio, con el objetivo principal de premiar el esfuerzo de los niños y jóvenes cesureños que realizan prácticas deportivas.*

El principal interés de Álvarez Angueira se centró en la búsqueda de financiación para el evento y el director xeral lo emplazó a solicitar una subvención a través de una línea de ayudas que convocó la Xunta precisamente para organizar actividades relacionadas con la promoción del deporte.

(máis…)