Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o albergue de peregrinos.

En relación coa nota emitida polo grupo municipal do BNG, que manifesta que o equipo de goberno de Pontecesures non quere un centro de día porque os terreos das antigas escolas dos mestres se van adicar á construcción dun albergue de peregrinos, contéstase o seguinte:

1-Teñen os nacionalistas un descoñecemento absoluto en canto ao patrimonio municipal. A Consellería de Educación nunca cedeu a titularidade das escolas do CPI Pontecesures ao noso concello. Por unha razón elemental: porque sempre foron do concello, (e así figuran inscritas no seu inventario de bens) aínda que estaban afectadas como ben de servizo público a un uso educativo. O que fixo a consellería en novembro 2006 foi autorizar a desafectación, en base a un acordo plenario de 28/10/05 e a que todos os mestres habían entregado as chaves das vivendas ruinosas. Por certo; o goberno anterior deixou abandonado o expediente pois nin tramitou a desafectación algo que se está a facer agora.

2-Falan moito agora os nacionalistas do centro de día nesas instalacións. Cando era alcalde o Sr. Álvarez Angueira, o Sr. Quintana en prometeu nunha visita a Pontecesures o centro a bombo e platillo, pero aínda que estivo dos anos máis na Vicepresidencia, nada de nada. Sí enviaron o informe do anteproxecto presentado polo concello e incluso o Sr. Diz máis eu entrevistámonos en Vigo co antigo delegado de Vicepresidencia, pero falaban de estudos demográficos, de posibles usuarios, de que hai outros centros preto, etc…

3-O espazo das vivendas en cuestións (para un centro de día habería que derrubalas totalmente) resulta realmente escaso, segundo as consultas técnicas realizadas, para adicar ao fin do que fala o BNG.

4-? custo da obra do centro supera os 705.000 euros, segundo o orzamento presentado en 2007. Para construilo agora habería que realizar unha achega do 30% (alomenos esas son as cifras que se manexan)e que a Xunta asuma o 70%. Realizáronse algunhas xestións coa nova Xunta, pero non hai indicio algún de que se invista agora esa cantidade pola administración autonómica (recortes importantes nos orzamentos). Ademais habería que plantexarse o importante custo que tería a prestación do servizo na situación económica de diminución de recursos que teñen os concellos.

5-Xurdiu así o tema do albergue, investimento moi importante tamén para Pontecesures por razóns económicas e turísticas. Non debe esta vila quedar á marxe do Xacobeo 2010 perdendo una ocasión histórica para contar cun albergue. Non podemos seguir con unas vivendas ruinosas a carón do CPI Pontecesures. Os problemas de seguridade e os “ocupas” obrigaron non hai moito a tapiar as xanelas, e na actualidade os edificios presentan un aspecto lamentable.

6-Claro que tamén é importante mellorar o Camiño Portugués ao paso por Condide e Carreiras. De feito, está presentado ao rematar 2007 un proxecto valorado nada menos que en 1.385.000 euros para ese tramo (afundindo cableados, con zonas axardinadas, mobiliario urbano, unha marabilla, vamos), pero a S.A de Xestión, dalle prioridade agora aos albergues nestes momentos de crise.

Como conclusión hai que dicir que non hai dilema entre albergue e centro de día. O primeiro á factible, o segundo polo de agora non. Por suposto que isto non significa que o centro non se poda construir máis adiante noutros terreos, de tomar a decisión a Xunta de Galicia.

Pontecesures, 29/11/09
O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán

O desgoberno municipal non quere un Centro de Día para Pontecesures.

O pasado 22 de novembro apareceu nos medios unha nota do governo municipal, na cal informa da construcción dun albergue para os peregrinos nas antigas vivendas dos mestres na rúa Pousa Antelo. Ao respecto, o BNG quere manifestar o seguinte:

Os terrenos e edificacións da que estamos a falar, foron cedidos ao concello de Cesures na anterior lexislatura cando governaba o BNG tanto no concello coma na Xunta de Galiza. Tras anos de xestións o anterior governo logrou que a Conselleria de Educación traspasase a titularidade dos mesmos para o concello. A intención do BNG era, e segue sendo, a de construir un Centro de Día para os nosos maiores, idea nal cal coicidíamos todos. A nosa desagradable sorpresa ao enterarnos polos medios que o goberno municipal pretende facer un albergue cedendo os terrenos e edificacións ao Xacobeo.

O BNG considera que este emprazamento, ao carón da escola infantil e do colexio, é idoneo para a consrucción dun Centro de Día e non para un albergue. Para nós un albergue non é prioritario hoxe por hoxe en Pontecesures e con iste investimento poderíase empregar para recuperar o camiño de Santiago en zonas totalmente abandonadas coma Condide, o Couto, Carreiras ou Infesta como xa fixo o anterior governo do BNG no tramo de San Xulián.

Ademais consideramos que levar o albergue lonxe do centro urbán, onde se atopa a maior parte da hostelaría, fará que o mesmo teña unha repercusión case nula na economía local.

Este desgoverno local carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo, esquecendo totalmente aos nosos maiores que continuarán indo aos centros de día doutros concellos limítrofes. O BNG pídelle á alcaldesa Maribel Castro e aos seus socios (o tránsfuga Sabariz e o concelleiro do PP Rafael Randulfe) que recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras, primeiro, para disfrute e servizo dos nosos veciños.

Para nós a construcción dun Centro de Día non só beneficiará aos nosos maiores senón que tamén creará, na súa medida, postos de traballo, tan necesarios nestes tempos. O BNG non se opón a construcción dun albergue, pero consideramos que o lugar escollido polo governo municipal non é o axeitado e o investimento no mesmo por parte do Xacobeo (400000 euros) deberíase empregar na súa totalidade na mellora do rural por onde transcurre o camiño Xacobeo Portugués continuando co traballo comenzado en San Xulián.

GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

Dictaminada favorablemente o expediente de modificación de créditos e o orzamento 2009.

Por tres votos a favor de Javier Quintá (PP), Luis Sabariz (non adscrito) e da alcaldesa, e unha abstención de Xosé Antonio Baliñas (BNG) foron dictaminados favorablemente estes asuntos na Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación, celebrada onte ás 16 horas na Casa do Concello.
Tanto o expediente de modificación de créditos ao orzamento prorrogado, como o orzamento 2009 van seren tratados no pleno ordinario do luns.

Contestación do concelleiro de relacións institucionais ao BNG de Pontecesures sobre o comedor escolar.

1. Na visita do pasado día 24 de agosto, o Xefe Territorial de Educación, Pérez Ares, comprometeuse a que un técnico viría ao colexio para elaborar o proxecto dunha nova construcción no recinto escolar para instalar o comedor, dicindo que, logo de facelo, se ía estudar o custo da obra e a posibilidade de executar a mesma. Hai pouco lle recordei o compromiso pois desta visita nada sabemos. Na visita de Cores Touris trasladóuselle esta necesidade, xunto con outras varias, sen facer o delegado territorial da Xunta promesa algunha sobre isto.

2. Recibo con ledicia a nova de que o BNG presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta para incluir a obra. ? unha mágoa que non se lembrara antes, cando formaba parte do goberno bipartito en épocas de bonanza económica. Isto é o que a xente non entende dos políticos. Lémbranse dos investimentos cando están na oposición, logo de gobernar. Se lle da tanta importancía agora de súpeto ao comedor escolar do CPI Pontecesures o BNG. ¿Por que non tomaron a decisión cando cogobernaron na Xunta? ¿Porque o alcalde anterior pasou totalmente do comedor?

3. ? certo que o delegado anterior co bipartito, Cristóbal Fernández Vázquez, prometeu o investimento do comedor en 2007, e que éste non foi cumprido. Pero dicir que a culpa foi de Luis Sabariz porque foi apartado das siglas do PSOE é insólito e resulta unha acusación de política clientelar e de corrupción contra o anterior delegado. Se as familias de Pontecesures necesitan o comedor. ¿Que terá que ver a adscrición política miña?.

4. Coñece todo o pobo de Pontecesures que sempre fun un defensor do comedor tanto dende a ANPA, que presidin once anos, como dende o meu posto de concelleiro. Foron imnumerables os escritos, as chamadas, as visitas e todo tipo de xestións diante das autoridades de educación. Poden corroboralo os anteriores delegados Fraga Boullosa, Fernández Vázquez e o actual xefe territorial. Tamén a oficina técnica de educación, os membros das xuntas directivas das ANPAS, dos consello escolares, da corporación municipal…

5. Tamén coñece a veciñanza que non son dos que abandono as miñas obrigas como concelleiro. Fun especialmente reivindicativo en conquerir melloras para o noso centro como na construcción do ximmnasio, na ampliación do patio escolar, na consecución do transporte escolar, na mellora das instalacións do centro, na construcción do pequeno patio cuberto que temos, na instalación de xogos no recinto, e de moitas actuacións máis. ? inxusto tratarme así, logo de adicar tantas e tantas horas, con erros e acertos, claro, a este cometido.

6. O importante é que se consiga o comedor, e por iso vou seguir a traballar dentro do goberno local. O agocharse non vai conmigo. ? único responsable de que non se instale o comedor é a Consellería de Educación. Xa demostrei que non son dos que me agocho o 16 de xuño de 2007, cando non posibilitei a reelección do anterior alcalde nacionalista. Saín coa cabeza alta porque os concelleiros non adscritos e os membros da miña lista tomamos esa decisión que era a mellor para os intereses de Pontecesures, polas razóns que explicamos tantas veces. Senón fixera iso si sairía agochado por ceder ante as políticas partidarias por encima das conviccións cando se me había informado que iso non ía suceder.

Pontecesures, 26 de novembro de 2009

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais.

Non disporemos de comedor escolar.Nova baixada de pantalóns.

comedor

Esfúmase o comedor escolar. Se non se remedia Pontecesures non contará con comedor escolar para o vindeiro curso 2010-2011.

O BNG de Pontecesures constata que nos orzamentos da Xunta de Galicia non hai partida para levar a cabo esta infraestrutura. Non consignarse partida orzamentaria para o ano 2010 significa ademáis que probablemente tampouco contaremos co servizo de comedor escolar para o curso seguinte, o 2011-2012, feito que o BNG quere poñer en coñecemento dos veciños deste pobo.

Ante esta situación, ¿Qué fai o goberno local? Pois simplemente cala a boca e agacha a cabeza. Volve a calar igual que o fixo cando a Xunta do PP tirou abaixo o proxecto de remodelación da zona portuaria cun investimento de preto de catro millóns de euros, proxecto do que eles mesmos votaran a favor en pleno.

O BNG denuncia esta actitude do goberno do concello, covarde e cómplice. Covarde e cómplice porque a sabendas que o goberno da Xunta non consigna absolutamente nada para levar adiante esta infraestrutura tan necesaria e tantas veces demandada, cala a boca a fin de non importunar ao PP importándolle pouco ou nada se o servizo de comedor para os escolares e familias de Pontecesures non se leva a cabo
O tripartito coa alcaldesa á cabeza, é responsable no seu conxunto deste abandono e ven a demostrar que a promesa máis importante, por ser das actuacións máis necesarias, que levou a cabo o delegado da Xunta, o Sr, Cores Tourís durante a súa visita a este concello, caeu en saco roto. Dóuselle a entender á cidadanía de Pontecesures como a petición estrela e resultou ser, por ambos lados, mera e simple propaganda.

O BNG quere destacar tamén a actitude do tránsfuga Sabariz, que coa anterior Xunta de Galicia reivindicaba que se acometeran as actuacións necesarias para contar co servicio e agora, cómplice do PP, agacha a cabeza como o s demáis, non acordándose que él o só el é o culpable de que a anterior administración socialista non realizara a inversión para este fin por traizoar ccoa súa actitude de tránsfuga ao partido socialista, recoñecemento expreso que el mesmo ten feito nalgún consello escolar.

O BNG levou, nou seu día, ante o pleno municipal a inicativa para que se destinaran fondos do plan E para a construcción do comedor escolar, por ser prioritaria esta actuación, inicativa á que o goberno municipal non lle fixo caso, disculpándose con falta de competencia, e investindo os cartos noutras actuacións, que ao noso xuizo non eran tan urxentes.

Ante esta nova? baixada de pantalóns? do tripartito municipal, O BNG de Pontecesures, a través dos seus deputados no Parlamento de Galicia ven de presentar enmendas aos orzamentos para o ano 2010 a fin de que nos investimentos da consellaría de educación se consignen os fondos suficientes para que o comedor escolar sexa por fin una realidade para o vindeiro curso e esperando que o PP reconsidere a súa postura e atenda esta razonable e xusta petición.

Sabariz replica que el único culpable de que no se haga el comedor es Educación.

El concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures, Luis Sabariz Rolán, que esta semana fue acusado, junto al resto del tripartito, por el BNG de ser el culpable de que el colegio siga sin comedor escolar, replica que la única culpa de que no exista este servicio a día de hoy es de la Consellería de Educación, puesto que no ha aportado los fondos necesarios para su construcción.
Explica Sabariz que en el mes de agosto el jefe territorial de Educación aseguró que un técnico visitaría el colegio para elaborar el proyecto para construir un recinto en el que instalar el comedor y estudiar su coste y posibilidad de ejecución. Desde entonces no tuvo el Concello más información y ??hai pouco recordeille o compromiso?. Sin embargo niega que el delegado José Manuel Cores Tourís hiciese promesa alguna a este respecto cuando estuvo en la villa, tal y como aseguró el BNG.

El edil no adscrito ve con ??ledicia? que el BNG presente una enmienda a los presupuestos de la Xunta de Galicia para que incluya esta inversión, pero matiza que ??é unha mágoa que non se lembraran antes, cando formaban parte do goberno bipartito en época de bonanza económica?. Sabariz censura que solo se acuerden de las inversiones ??cando están na oposición. Se lle dan tanta importancia agora ao comedor, ¿por que o alcalde anterior pasou totalmente del??.

El BNG acusó a Sabariz de haber contribuido a que el comedor no se hiciese realidad, tras ser expulsado del PSOE por no apoyar la reelección como alcalde del nacionalista Luis Álvarez Angueira. Sobre esto el concejal apunta que el anterior delegado provincial de Educación, el socialista Cristóbal Fernández, había prometido el servicio en 2007, pero no lo cumplió. ??Pero dicir que a culpa foi de Luis Sabariz por ser apartado das siglas do PSOE é insólito e resulta unha acusación de política clientelar e de corrupción contra o anterior delegado?, sostiene. Además, se pregunta ??¿que terá que ver a miña adscrición política, se as familias de Pontecesures necesitan o comedor??.

Sabariz Rolán rechaza de plano las críticas del BNG ya que ??todo o pobo coñece que fun sempre un defensor do comedor?, tanto desde la APA, que presidió once años, como desde su cargo de concejal. En este sentido recuerda que ??foron innumerables as xestións? que realizó ante la Consellería de Educación para conseguir ese servicio para los alumnos y también ??fun especialmente reivindicativo para lograr outras melloras no centro?, como la construcción del gimnasio, la ampliación del patio, el transporte escolar… por lo que considera que ??é inxusto tratarme así logo de adicar tantas horas a este cometido?.

Asegura que ??vou seguir traballando? como hasta ahora dentro del gobierno tripartito, porque ??agocharse non vai conmigo e xa o demostrei o día 16 de xuño de 2007, cando non posibilitei a reelección do anterior alcalde nacionalista. Saín coa cabeza alta porque os concelleiros non adscritos tomamos a mellor decisión para os intereses de Pontecesures. Se non fixera iso si que sairía agochado, por ceder ante as políticas partidarias por encima das conviccións?, argumenta.

DIARIO DE AROUSA, 27/11/09