A los 88 años de edad falleció José María Saborido Casal, natural de Infesta. Hoy jueves 14 de enero, a las 17 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Sus restos mortales recibirán luego sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.
Mañá xoves, 7 de xaneiro, é festivo local en Pontecesures. Celébrase a festividade do patrón San Xulián e a misa solemne terá lugar na Igrexa Parroquial ás 12 horas.
O vindeiro luns 21 de decembro continuarán as obras de mantemento na rede de abastecemento de auga nas rúas Avenida de Vigo e José Novo, polo que novamente realizarase un corte no subministro en horario de 9.30 a 13.00 horas. Esta interrupción no subministro afectará aos seguintes tramos destas rúas:
· Avenida de Vigo: Dende a intersección coa Rúa Ullán (Cruce de acceso á Estrada) ata a Casa do Concello.
· José Novo: Dende a Casa do Concello ata o Camiño de San Xulián.
Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
Na xornada do XOVES 17 DE DECEMBRO procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras de mantemento.
Este corte afectará as rúas:
Avenida de Vigo: Dende a intersección coa Rúa Ullán (cruce en dirección á Estrada) ata a Casa do Concello.
José Novo: Dende a Casa do Concello ata o cruce co Camiño de San Xulián.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 09.30 ata ás 13.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
O Camiño de San Xulián, o camiño da Portiña e o Caleixón dos Pataqueiros estiveron toda a noite do sábado día 5 ao domingo do día 6 de decembro sen alumeado público nunha noite tan escura que era realmente complicado camiñar por estas zonas co conseguinte risco para os veciños.