Finou «Pepe da Escola».

Aos 92 anos de idade, finou o veciño de Infesta José Manuel Castro Amoedo, casado con Manuela Barreiro Castiñeiras e pai da excaldesa, Maribel Castro Barreiro.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Maña luns 24 de febreiro. ás 17 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Falleció Benedicta Llerena Limeres.

A los 81 años de edad murió está vecina de San Julián, viuda de Manuel Custodia Cores.

El velatorio está instalado en el tanatorio de Padrón. El lunes 24 de febrero, a las 12:00 horas, se celebrará el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Finou Cándida Fernández Cardelle.

No día de onte, morreu esta veciña do Camiño de San Xulián. A capela ardente está instalada no Tanatorio Iria Flavia de Padrón.

A incineración, na intimidade familiar, será mañá domingo 1 de decembro ás 11 horas.

Pola tarde haberá, tamén mañá domingo, unha misa pola súa alma ás 17 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

Descanse en paz.

Celebrouse o día do Pilar en San Xulián.

Na instantánea vemos ao novo presidente da Asociación de Veciños de San Xulián, Manolo Meniño, bailando cunha moza do grupo Algueirada ao remate da actuación de dito grupo cesureño.

Con bo tempo e bastante público, celebráronse os actos da festividade. Houbo pasarrúas, Misa Solemne cantada polo coro Pontecesures, procesión polo lugar e actuación do grupo folclórico Algueirada.

O novo presidente, visiblemente satisfeito, manifestou que para o ano que ven estaban a estudar a celebración de máis actos festivos para que o 12 de outubro sexa un día completo de festa.