CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA AVENIDA DE VIGO E NA R?A JOS? NOVO N??EZ PARA O M?RCORES 1 DE AGOSTO.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

O corte na rede de subministro de auga, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento, previsto inicialmente para o día de hoxe (31 de xullo) na zona da estrada N-550 finalmente será levado a cabo no día de mañán M?RCORES 1 DE AGOSTO.  

Este corte afectará as seguintes zonas:

  • Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Casa do Concello.
  • Rúa José Novo Núñez, dende a Casa do Concello ata a intersección co Camiño de San Xulián.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

CORTE DE AUGA O MARTES 31 DE XULLO.

CONCELLO DE PONTECESURES

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Na xornada do martes 31de xullo procederáse a un corte na rede de subministro de auga, para levar a cabo reparacións na rede de abastecemento.

Este corte afectará as seguintes zonas:

  • Avenida de Vigo, dende a intersección coa Rúa Ullán ata a Casa do Concello.
  • Rúa José Novo Núñez, dende a Casa do Concello ata a intersección co Camiño de San Xulián.

O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

Morreu «MARUJA A GAGA»

Aos 97 anos de idade morreu a veciña de Infesta, María Mosquera Barreiro. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flaviz de Padrón. Hoxe 23 de maio, ás 19 horas, terá lugar o funeral «Corpore Insepulto» na Igrexa de Pontecesures. Logo os restos maortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descnase en paz.

Finou José Chenlo Magán.

Aos 89 anos finou onte este veciño da rúa Portarraxoi. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoxe domingo, ás 18:30 horas, celebrarase a misa de corpo presente na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Morreu Amancia Seoane Ramas.

Aos 89 anos finou no día de onte esta veciña da Rúa do Pilar de San Xulián. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoxe domingo 15 de abril, as 19 horas, terá lugar a misa «Corpore Insepulto» na CAPELA de SAN XULIÁN. Os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial.
Mañá luns 16 de abril, tamén ás 19 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures.
Descanse en paz.

Morreu Moncho «O Fabeiro».

Aos 81 anos de idade, morreu José Ramón de Jesús Cascallar veciño de Redondo que estaba casado con Mª Dolores González González.
O mércores día 11 de abril tivo lugar o funeral e os seus restos mortais recibiron sepultura no Cemiterio Parroquial do San Xulián.
Descanse en paz.