Hoxe, 7 de xaneiro, é a festividade do Patrón San Xulián. A Misa Solemne terá lugar ás 11:30 horas.
Sin Categoria
Morreu María del Carmen Portas Cascallar.
Aos 80 anos de idade morreu esta veciña de Infesta, viúva de José Carril Santiago. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá 3 de xaneiro, ás 12 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Murió Juan Carlos Rumbo Moure.
En la noche de ayer falleció este vecino de San Xulián a la edad de 41 años. El velatorio está instalado en el Tanatoiro Iria Flavia de Padrón. Mañana 29 de diciembre, a las 11 horas, se celebrará el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Sus restos mortales recibirán luego sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Morreu Quico Frois.
No día de onte finou, aos 85 anos de idade, Francisco Frois García, veciño da rúa Deputación, e que estaba casado con Lucía Refojo Loureiro.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, e hoxe sábado 4 de novembro, ás 15:45 horas, sairá a comitiva fúnebre ata a Iglesia de Pontecesures onde terá lugar o funeral de corpo presente. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Festas de Pontecesures: en 2018 o Domingo do Carme será o segundo domingo de xullo, o día 8.
No pleno ordinario de Pontecesures que tivo lugar o pasado luns, fixouse como festa local o día 9 de xullo (Luns do Carme). O alcalde manifestou que os organizadores das festas pediron que as mesmas se trasladasen ao segundo fin de semana de xullo porque o primeiro coincidía con outras festas na comarca, aceptándose a proposta.
O asunto foi introducido por urxencia no pleno polo goberno local, algo que foi moi criticado pola oposición. Cecilia Tarela manifestou que un asunto desa trascendencia non pode ser traído ao pleno por sorpresa sen consultar con ninguén e incluso Jorge Janeiro preguntou se fora estudada a posibilidade de que as festas do Carmen voltaran ao mes de setembro como se facían hai anos.
Cos seis votos favorables do goberno foi aprobado que o día 9 de xullo de 2018 fora festa local, mentres os cinco membros da oposición votaron en contra (tanto da urxencia como da proposta en si).
Foi decidido tamén que o outro festivo local sexa o 8 de xaneiro de 2018, luns, xa que o día 7 de xaneiro (festividade de San Xulián, patrón de Pontecesures) é domingo.